• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Atletismo

O atletismo galego busca deixar pegada no Campionato de España absoluto ao aire libre que acolle Málaga

Na cita deportiva estarán 42 atletas de Galicia | Deportistas como Belén Toimil, Yulenmis Aguilar, Blanca Pereira ou Antía Chamosa aspiran a acadar unha medalla

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
24/07/2026
en Atletismo, Máis Deporte
Belén Toimil / PLAYAS DE CASTELLÓN ATLETISMO

Belén Toimil / PLAYAS DE CASTELLÓN

29
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Un total de 42 atletas galegos e galegas competirán esta fin de semana no Campionato de España Absoluto de atletismo ao aire libre, a cita máis importante do calendario atlético estatal, que terá como escenario o Estadio Ciudad de Málaga. Entre as mulleres, deportistas como Belén Toimil, Yulenmis Aguilar, Blanca Pereira ou Antía Chamosa aspiran a acadar unha medalla nas súas respectivas disciplinas (lanzamento de peso, lanzamento de xavelina, lanzamento de martelo e marcha, respectivamente).

Segundo informa a Federación Galega de Atletismo, a expedición galega presenta unha ampla representación en practicamente todas as disciplinas, con deportistas que aspiran tanto á conquista de medallas como á consecución de marcas persoais nun momento clave da tempada.

Peso, xavelina e lanzamentos con claras opcións de podio

Boa parte das expectativas de medalla galegas neste Campionato de España Absoluto de atletismo ao aire libre estarán centradas nas probas de lanzamentos onde haberá protagonismo feminino no atletismo galego.

No peso, a gran referencia será a plusmarquista de España e olímpica Belén Toimil, dominadora da especialidade nos últimos anos que parte como a gran favorita para seguir sumando campionatos de España ao seu gran palmarés.

Belén Toimil proclámase por quinta vez campioa de España de lanzamento de peso / RFEA
Belén Toimil proclámase por quinta vez campioa de España de lanzamento de peso / RFEA

Na xavelina, todas as miradas estarán tamén postas en Yulenmis Aguilar, que continúa recuperando sensacións tras superar unha importante lesión e que afronta o campionato nunha progresiva volta ao seu mellor nivel.

Yulenmis Aguilar, lanzadora xavelina / YULENMIS AGUILAR IG
Yulenmis Aguilar, lanzadora xavelina / YULENMIS AGUILAR IG

Nesta mesma disciplina competirá Yiset Magali Jiménez, atleta colombiana con licenza galega no Sanysec Ourense, quen chega coa segunda mellor marca das participantes, aínda que sen opción ao podio por cuestión regulamentaria. Xunto a ela estará tamén a medallista de España Sub23 Paula Piñón.

No disco, o internacional ecuatoriano con ficha galega Juan José Caicedo parte coa segunda mellor marca da competición, aínda que tampouco poderá optar ás medallas.

A galega Blanca Pereira, lanzadora de martelo / RFEA - SPORTMEDIA
A galega Blanca Pereira, lanzadora de martelo / RFEA – SPORTMEDIA

En martelo, Blanca Pereira (Sanysec Ourense) presenta o terceiro mellor rexistro das inscritas, consolidando unha progresión que a converte nunha das candidatas aos postos de honra. Na competición masculina, Carlos Revuelta, da Gimnástica, buscará repetir presenza entre os finalistas, partindo coa quinta mellor marca dos inscritos.

Pola súa banda, a internacional Sub20 Aixa Corbacho aproveitará esta competición para seguir afinando a súa preparación antes do Campionato do Mundo Sub20 de Oregón, intentando superar a súa mellor marca persoal de 61,04 metros.

A marcha, unha das disciplinas con maior representación cos irmás Chamosa

A marcha volverá ser unha das modalidades con maior protagonismo para o atletismo galego. Na liña de saída estarán os medallistas internacionaiss Antía Chamosa e Dani Chamosa, aos que se unirá Aldara Meilán, do Atletismo Lucense.

Antía Chamosa, campioa sub23 de marcha, é unha das galegas que estará no Campionato de España sub23 / RFEA
Imaxe de arquivo de Antía Chamosa como campioa sub23 de marcha / RFEA

Completa a representación galega Mar Chillón, do Celta Atletismo, que intentará culminar unha excelente tempada cun bo resultado no campionato absoluto.

Mocidade e talento nos saltos e nas combinadas

Nos 100 metros valos, Uxía Pereira chega nun magnífico momento de forma despois de establecer recentemente un novo récord de Galicia absoluto cun tempo de 13.58 segundos, polo que buscará seguir rebaixando o seu propio rexistro.

Uxía Pereira, atleta / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO
Uxía Pereira, atleta / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Na altura, a subcampioa de España Sub20 Iria Solera (Sanysec Ourense) afronta o campionato coa intención de superar a súa mellor marca persoal de 1,76 metros.

No salto con pértega, a súa compañeira de club Manuela Blanco intentará consolidarse por riba da barreira dos catro metros, mentres que nas probas combinadas competirán dúas das grandes promesas do atletismo galego: Lucía Sánchez del Valle, da Gimnástica, e Carlota Salgado, do Celta Atletismo, medallistas de prata e bronce, respectivamente, no último Campionato de España Sub20.

Lucía Sánchez del Valle / FEDERACIÓN ATLETISMO GALEGO
Lucía Sánchez del Valle / FEDERACIÓN ATLETISMO GALEGO

Medio fondo con aspiracións ao máis alto

No medio fondo, unha das grandes referencias será o finalista olímpico Adrián Ben, que defenderá o título conquistado o pasado ano nos 1.500 metros. O atleta galego chega ademais coa mellor marca dos participantes, polo que parte como un dos grandes favoritos para revalidar a coroa e reafirmar o seu dominio nunha das probas máis prestixiosas do campionato.

Nos 800 metros, a atención estará posta en Pedro Osorio, da Sociedade Gimnástica de Pontevedra, quen, tras acreditar unha excelente marca de 1:45.30, sitúase entre os catro mellores inscritos e aspira a loitar polos postos de honra.

Pola súa banda, nos 5.000 metros, o naronés Adrián Díaz, recentemente regresado da súa etapa nos Estados Unidos, intentará situarse na pelexa polas posicións de privilexio nunha das carreiras máis esixentes do programa.

Os valos e os concursos, outra das fortalezas galegas

Nas probas de valos, Galicia contará coa presenza do internacional Gerson Vidal Izaguirre e do actual campión de España Sub23 David Vicente, dous atletas chamados a desempeñar un papel protagonista.

Nos 400 metros valos, Xabi Lures, da Gimnástica, buscará continuar coa súa progresión tras establecer recentemente un excelente rexistro de 51.32 m., marca que confirma o seu gran estado de forma.

Nos concursos de saltos tamén haberá importantes opcións. En lonxitude, Sergio Coello, da Gimnástica, tratará de mellorar os 7,85 metros conseguidos esta tempada, mentres que Olaia G. Becerril, do Super Amara BAT, afronta o campionato a tan só dous centímetros da súa mellor marca persoal, situada en 6,33 metros.

A Gimnástica tamén estará presente nas remudas 4×400 m

A representación galega completarase coa participación do equipo masculino da Sociedade Gimnástica de Pontevedra no relevo 4×400 metros, integrado, entre outros, polos galegos Alexis Miguéns, Sergio Rodríguez e Pedro Osorio, que intentarán situar ao conxunto pontevedrés entre os mellores equipos do campionato.

Coa presenza de atletas consolidados a nivel internacional, campións de España e unha nova xeración de deportistas en clara progresión, Galicia afronta un Campionato de España Absoluto ao aire libre no que volverá aspirar a un papel destacado tanto na loita polas medallas como na consecución de novas marcas persoais que permitan pechar da mellor maneira posible a tempada estival.

  • Consulta aquí os resultados e mira o streaming
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

por Redacción As Nosas
28/07/2026
0

Grande actuación do atletismo galego no Campionato de España absoluto de atletismo celebrado en Málaga esta fin de semana. Galicia...

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
26/07/2026
0

Tere Abelleira está sen equipo e o Dépor ABANCA podería estar negociando a súa volta ao conxunto branquiazul. Segundo informaba a...

Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

As galegas Antía Chamosa e Aldara Meilán asinan a medalla de prata e a de bronce, respectivamente nos 10.000 metros...

Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

A  alcaldesa do Concello da Coruña, Inés Rey, avanzou hoxe os primeiros detalles da próxima C10, a carreira popular máis...

A galega Paula Ginzo coa Selección Española na final do Eurobasket 23 contra Bélxica / FEB

Tres galegas, na convocatoria da Selección Española de baloncesto do vigués Miguel Méndez para preparar a Copa do Mundo

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

O técnico vigues Miguel Méndez, actual adestrador da Selección Española Absoluta feminina de baloncesto, convocou a 21 xogadoras para preparar...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.