• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Atletismo

O atletismo galego fronta o o seu Campionato Galego absoluto con Toimil como estrela

En Expourense estará a lanzadora galega logo do seu éxito no Europeo | Hai 142 atletas inscritas e o bo nivel amosado até o momento nas probas de inverno auguran boas marcas para esta competición

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
13/03/2021
en Atletismo, Máis Deporte
Belen Toimil, vence no Campionato de España de Clubs Copa Iberdrola 2021 MIGUELEZ TEAM RFEA

Belen Toimil, vence no Campionato de España de Clubs Copa Iberdrola 2021 MIGUELEZ TEAM RFEA

174
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

As mellores atletas galegas estarán reunidas mañá domingo nas instalacións cubertas de Expourense para participar no XXXVI Campionato Galego Absoluto de Atletismo. Agárdase un alto nivel e que se acaden rexistros que poidan dar conta do estado de forma das atletas da nosa comunidade.

Desde a Federación Galega de Atletismo advirten que “para garantir un campionato con plenas garantías, afectuará un cribado de todos e todas as participantes o que poderá permitir o desenvolvemento das probas de medio fondo e fondo que ata o de agora se viñan desenvolvendo ao aire libre”.

Belén Toimil compite en casa

O prato forte do campionato vai ser, sen lugar a dúbidas, o concurso de peso onde tomará parte a plusmarquista española, e recente finalista dos pasados Campionatos de Europa de Pista Cuberta Belén Toimil.

A lanzadora galega acude nun estado de forma expectacular como así o demostran eses 18.64 m. que lle garante a súa participación nos Xogos Olímpicos de Tokio. En cada proba á que acudiu nesta tempada de inverno, mellorou a súa marca previa. En Ourense, rodeada da súa xente e do seu público, a lanzadora de Mugardos intentará poñer o punto e final a esta sensacional tempada invernal da mellor maneira posible. Quen sabe se Belén Toimil, do Playas de Castellón, será quen de se achegar aos 19 metros.

As velocistas do atletismo galego

Cunha paridade total de participación en ambos sexos, 142 atletas galegas están incritas para tomar parte neste Campionato de Galicia no que o sector de velocidade contará cunha interesantísima disputa nos 60 metros entre as deportistas Cristina Garrido da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, e a medallista de prata nos 100 e nos 200 dos paramundiais Adi Iglesias que correo baixo da disciplina do Lucus Caixa Rural. Non esquecamos tampouco a corredoras como Andrea Pais e Ana Iglesias, todas elas por debaixo dos oito segundos.

Eugenia Gil Soriano, atleta, velocista / SG PONTEVEDRA
Eugenia Gil, velocista / SG PONTEVEDRA

Nos 200 metros, e ca ausencia de Ainhoa Reparaz que se atopa competindo no Campionato de España Sub-18 que tamén ten lugar esta fin de semana, será novamente Andrea Pais do Celta, quen acuda ca mellor marca das participantes con 25.27.

Nos 400 agardase outra proba moi disputada entre a actual campioa galega absoluta, Eugenia Gil Soriano corredora da Sociedad Gimnástica de Pontevedra quen acredita 57.44 e María Fernández Bouza que compite polo Riazor Coruña cunha marca 57.85 no seu expediente.

Non menos interesante deixará de estar a proba dos 800 m. onde ao igual que acontecera nos nacionais de Antequera, haberá unha interesante disputa entre Carmen Victoria González da Atlética Lucense quen acude ca mellor marca de 2:16.56, polos 2:17.10 de Irene Barreiro do Ría Ferrol – Concepción Arenal.

María Carballido do club Atletismo Friol será outra das atletas a ter moi en conta nesta proba.

Medio fondo

A internacional galesa do Marineda que compite sen dereito a medalla, Angharad Davies será xunto a Marta Casanova do ADAS Proinor as atletas a batir nos 1.500 m. sen esquecernos da presenza de atletas da talla de Sandra Mosquera do Comesaña.

A atleta galega Xela Martínez, campioa españa 3.000m SUB16 / RFEA TW
A atleta galega Xela Martínez / RFEA TW

Ao igual que na categoría masculina, os 3.000 m. femininos será outra das carreiras importantes do campionato. A internacional venezolana en duathlon Edymar Brea estará na línea de saída xunto á Sub-16 Xela Martínez da Atlética Lucense quen ven de rebaixar xa por dúas veces o récord galego da súa categoría dos 1.000 m. neste ano. A internacional Uxía Pérez do Playas de Castellón será outra das internacionais que estará compitiendo sobre o sintético ourensá.

Concursos de altura, pértega e lonxitude

A ‘doutora’ Teresa Rodríguez volve con forza aos 60 valos logo de rematar a súa etapa académica, cooliderando a proba ca viguesa Eva Queimaño con 8.99. Precisamente a internacional Sub23 especialista en combinadas, será un dos elementos de atención da xornada xa que tomará parte ademáis na proba de altura onde acude ca mellor marca das participantes, así como na defensa do título de lonxitude logrado o ano pasado. Tania Valverde do ADAS Proinor e Marta Barragáns da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, poderían estar na loita directa polos postos de podio nesta modalidade.

Eva Queimaño será unha das atletas galegas no nacional sub23 / CELTA ATLETISMO
Eva Queimaño  / CELTA ATLETISMO

Con Alba Cuns e Diaou Diallo no nacional Sub18 de Barcelona será novamente a propia Tania Valverde quen intente facer valer a diferencia de salto de 24 centímetros deste ano que ten sobre Ariadna Gil do Vila de Cangas.

Na pértega, a campioa galega absoluta de aire libre Lola Bouza do ADAS Proinor, será quen asuma a condición de favorita, sendo o concurso de lonxitude ante a ausencia de saltadoras destacadas, o máis aberto e menos definido dos últimos anos.

Preto de 30 clubs galegos aportan atletas ao Absoluto

A lista de clubs que aportan atletas ás probas femininas está conformada por: Sociedad Gimnástica Pontevedra, Lucus Caixa Rural Galega, At. Femenino Cleta, Coruña Comarca, Atlética Barbanza, Atlética A Silva, A.A. Mazi, Ourense Atletismo, Club Atletismo Sada, S.D. Compostela Atletismo, Atletismo Rías Baixas, Atletismo Deza, ADAS Proinor, Riazor Coruña, Atlética Val Miñor, C.C.A. Ría de Foz, Atletismo Friol, La Mochila del Deporte, Ría Ferrol – Concepción Arenal, C.A. Santiago, San Miguel de Marín, Atletismo Cuntis, Club Olímpico de Vedra, Playas de Castellón, A Gándara, Viguesa de Atletismo, Atletismo Vila de Cangas e Supera Amara BAT.

Consulta aquí a lista de deportistas inscritas/os no XXXVI Campionato Galego Absoluto en pista cuberta

HORARIOS DAS PROBAS

O protocolo de prevención da COVID-19 inclúe un test in situ

Segundo informa a Federación Galega de Atletismo, “co fin de que se podan desenvolver coa máxima seguridade as probas de 400 m., 800 m., 1.500 m., 3.000 m. e Probas Combinadas (800 m. 1.000 m ) en Pista Cuberta, a Federación Galega de Atletismo incorpora a realización de test de antíxenos obrigatorios a os/as atletas admitidos/as en ditas probas”.

A realización deste test de prevención da transmisión da COVID-19, “que será sumida pola FGA, non entraña ningún gasto para os atletas”, explican desde a FGA.

Explican desde a federación que “de cara a unha axeitada organización e coordinación dos test, os/as atletas participantes deberán realizalos na xornada de mañá do domingo 14 de marzo. Para elo deberán presentarse no recibidor de Expourense segundo un horario” establecido.

Horario para os test COVID-19:

  • 09:00 a 09:15 – Atletas de Probas Combinadas (1.000 m.)
  • 09:15 a 10:00 – Atletas 3.000 m.
  • 10:00 a 11:00 – Atletas 800 m.
  • 11:00 a 12:00 – Atletas 1.500 m.
  • 12:00 a 13:00 – Atletas 400 m.

É obrigatorio que o resultado negativo do test de antíxenos sexa certificado o mesmo día da proba. Deberase entregar en man, no momento de realización dos test, a unha autorización para realizárselles o test de antíxenos (ficha técnica do test)

Etiquetas atletismoCampionato GalegoExpourense
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Presentación do II Meeting Internacional de Ourense en Pista Curta / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Conta atrás para o II Meeting Internacional de Ourense

por Redacción As Nosas
20/02/2026
0

A cidade de Ourense volverá situarse no centro do atletismo internacional coa celebración do II Meeting Internacional de Ourense en...

II Gala do Trail Running Galego / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

A II Gala do Trail Running Galego premia aos mellores do ano 2025

por Redacción As Nosas
09/01/2026
0

Onte, xoves 8 de xaneiro, tivo lugar no Teatro Princial de Ourense a II Gala do Trail Running do Atletismo...

Aldara Meilán batía o récord de España de marcha en Sub20 10km no Campionato de España celebrado no Barco / RFEA

O Barco vibra co Campionato de España de marcha atlética

por Redacción As Nosas
15/12/2025
0

Desde a Federación Galega de Atletismo cualifican como extraordinario o balance para o atletismo galego logrado no campionato de España...

Competición de marcha atlética nas rúas da Coruña / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Moitas opcións para a marcha galega no Campionato de España 2025

por Redacción As Nosas
10/12/2025
0

  Un total de 21 atletas galegos e galegas tomarán parte esta fin de semana no Campionato de España de Marcha...

A proba do Ventorrillo é a penúltima do Circuíto Coruña Corre / CONCELLO DA CORUÑA

Máis de 1.300 persoas participarán na Carreira Popular do Ventorrillo

por Redacción As Nosas
25/10/2025
0

Este domingo celebrarase a penúltima carreira do circuíto de carreiras populares Coruña Corre. Trátase da Carreira Popular do Ventorrillo, cita...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.