• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.net Contido publicitario | EnReforma.net Contido publicitario | EnReforma.net
Inicio Balonmán Liga Guerreras Iberdrola BM

O Atlético Guardés inicia o curso con vitoria (26-30)

As galegas venceron ao Caja Rural Aula Valladolid na primeira xornada | Paula Arcos foi a protagonista, con nove tantos

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
12/09/2021
en Balonmán, Liga Guerreras Iberdrola BM
O Atlético Guardés inicia o curso con vitoria ante o Valladolid / GUARDÉS

O Atlético Guardés inicia o curso con vitoria ante o Valladolid / GUARDÉS

66
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

O Mecalia Atlético Guardés deixa atrás unha mala pretempada para dar comezo a unha nova campaña con bo pé. Nun partido case perfecto, as xogadoras de José I. Prades venceron ao Caja Rural Aula Valladolid por un 26-30.

Cun alto nivel defensivo de otdo o bloque, a aportación de Carratú en portería e da apisoadora de Paula Arcos foi clave para a vitoria galega. As malas sensacións individuais e colectivas quedaron atrás para dar paso a un triunfo solvente, un liderado provisional e a impresión de que o equipo aínda ten marxe de mellora.

Quedaron sen poder xogar o partido por lesión Hannah Nunes, cunha escordadura de xeonllo e Tamires Anselmo, por precaución ao arrastrar unhas molestias na mesma articulación.

O Atlético Guardés inicia o curso con vitoria ante o Valladolid / GUARDÉS
O Atlético Guardés inicia o curso con vitoria ante o Valladolid / GUARDÉS

Comezo de 10 para o Guardés

Nos primeiros minutos, Daniela Moreno anotou o primeiro gol da Liga Guerreras Iberdrola 2021/2022. O tanto inaugurou un partido vibrante, de ritmo vertixinoso, acorde co balonmán esperable nun encontro entre rivais íntimos. En menos dun mes, esta era a súa terceira cita.

Os goles alternábanse en ambas porterías pero pronto o Guardés logrou escaparse no marcador. Cunha gran defensa, o 6:0 de Prades non decepcionou, axudando a Carratú a producir na portería. En ataque, o conxunto case non concedeu perdas, e tras cada lanzamento, o replegamento era rápido e preciso.

O equipo galego soubo desaxustar os contraataques das vallisoletanas, a súa principal arma. O club do Guardés foi quen de aumentar a súa vantaxe co paso dos minutos.

Paula Arcos, recentemente convocada coa Selección Española para os Xogos Olímpicos, foi a protagonista, sumando cinco tantos na primeira metade. Xunto a ela, Pessoa alternou penetracións e lanzamentos coa esquerda, mentres que María Sancha demostrou galóns de veterá malia estar debutando na máxima categoría.

Só as sete paradas de Lulú Guerra impediron unha vantaxe maior para as galegas, que foron ao descanso co 13-17. Tras o paso por vestiarios, o guion non mudou. As locais arrastraban as perdas de balón e as visitantes xogaban equilibradas en defensa e en ataque, para acadar un colchón de seis puntos no ecuador da segunda parte.

Con nada que perder, nos últimos minutos o Aula Valladolid loitou con todo. A falta de sete minutos para o final, a diferenza era de só tres puntos, pero Prades volveu a confiar no 6:0 para impoñerse en ataque, cunha sobresaínta Paula Arcos, asegurando a vitoria.

O Atlético Guardés inicia o curso con vitoria ante o Valladolid / GUARDÉS
O Atlético Guardés inicia o curso con vitoria ante o Valladolid / GUARDÉS

FICHA TÉCNICA

CAJA RURAL AULA VALLADOLID (13+13): Lulú Guerra (p.), Carmen Sanz (p.); Jimena Laguna (2), Claudia Álvarez, Inoa Lucio (1), Danila So (3), Cifuentes (4), Téllez (3), Malena Valles (7), Tere Álvarez, Sara Molés (1), Elena García, Cuadrado (1), Rafaela Bergara, Savina Bergara e Amaia González de Garibay (4).

ATLÉTICO GUARDÉS (17+13): Carratú (p.), Míriam Sempere (p.); Sandra Santiago, Nazaret Calzado, Lore Pérez (3), Ángela Nieto, Descalzo (3), Lima (3), Arcos (9), Carla Gómez (3), Sancha (1), Pessoa (5), Daniela Moreno (3), e Yaiza Alonso.

PARCIAIS CADA CINCO MINUTOS: 1-3, 3-7, 6-9, 10-12, 11-16, 13-17 (descanso); 16-20, 18-24, 20-26, 22-27, 25-28, 26-30 (final).

ARBITRAXE: Miquel Florenza e Jordi Ausas (Cataluña). Excluíron ás xogadoras locais Cifuentes (2), Cuadrado e Téllez e ás visitantes Descalzo (2), Carla Gómez, Lima e Pessoa.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á primeira xornada da Liga Guerreras Iberdrola, disputado no pavillón Huerta del Rey de Valladolid.

Etiquetas Atlético GuardésbalonmánguardésJosé I. PradesLiga Guerreras IberdrolaPaula Arcos
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As Nosas Publicidade - subscrición ao boletín de As Nosas Publicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Fernando Reyes, novo presidente do At. Guardés, e Jesús López, anterior / ATLETICO GUARDÉS

Carta á afección de Fernando Reyes, novo presidente do Atlético Guardés

por Redacción As Nosas
06/07/2026
0

Fernando Reyes: “Superamos a tormenta, pero aínda queda unha parte da travesía difícil, na que todos teremos que facer esforzos”....

Fernando Reyes González / ATLÉTICO GUARDÉS

Fernando Reyes González é o novo presidente do CB Atlético Guardés

por Redacción As Nosas
01/07/2026
0

Fernando Reyes: “Se había que sacar isto adiante e podía colaborar en que o Guardés non rematase, quería aportar o...

Asamblea Atlético Guardés / ATLÉTICO GUARDÉS

O Atlético Guardés extrae un novo e positivo comezo da súa Asemblea Ordinaria

por Redacción As Nosas
01/07/2026
0

O pavillón da Sangriña acolleu este mércores a Asemblea Xeral Ordinaria para socios e abonados do Club Balonmán Atlético Guardés,...

Sabina Mínguez, porteira do Atlético Guardés, no Mundial Universiario / FISU

Sabina Mínguez, quinta no Mundial Universitario

por Redacción As Nosas
29/06/2026
0

A porteira do Guardés, Sabina Mínguez, xunto coas Guerreras Universitarias, finalizou o Campionato do Mundo 2026 en quinto lugar. O...

Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

O Guardés decide o seu futuro na Asemblea Ordinaria do próximo 1 de xullo

por Redacción As Nosas
19/06/2026
0

O Atlético Guardés convocou aos seus socios e abonados a unha Asemblea Xeral Ordinaria o próximo 1 de xullo, ás...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - Publicidade KIA - Corgal Automóviles - Publicidade KIA - Corgal Automóviles - Publicidade
Plugin Install : Widget Tab Post needs JNews - View Counter to be installed
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Baxi Ferrol no encontro fronte o Pozuelo / BAXI FERROL

O Baxi Ferrol e o Celta Zorka Recalvi acadan sendos triunfos na novena xornada da Liga Feminina 2 de Baloncesto

0
CRAT Residencia Rialta contra o CR Olímpico de Pozuelo na 6 xornada de liga

O CRAT segue invicto e axexa os postos de ‘play off’

0
Falas Dépor / RCD

‘Falas Dépor’, unha serie de conversas arredor dun RC Deportivo que é moito máis que fútbol

13/11/2026
Podio da proba do Superprestixio Ciclocross no Porriño / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO - LUZ IGLESIAS

Rebeca Fontela e Néstor Frías asaltan o Superprestixio na dobre xornada vivida esta fin de semana no Rosal e no Porriño

10/11/2026
Minuto de silencio en memoria de María del Carmen Díaz, socia nº 49 do RCD, e Jesús de Miguel, futbolista do CD Tenerife, antes da disputa do partido Dépor ABANCA vs Valencia CF Femenino, Liga F, partido disputado no Estadio ABANCA - Riazor / S.M.

Infortunio para o Dépor ABANCA que non atina co gol e acaba derrotado en Riazor ante un Valencia que colle folgos (0-2)

10/11/2026
A Carreira Popular San Martiño celebrase en Ourense / FGA

Máis de 11.000 participantes na Carreira Popular do San Martiño en Ourense

09/11/2026
Contacta co departamento de publicidade - As Nosas Contacta co departamento de publicidade - As Nosas Contacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.