• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Balonmán Liga Guerreras Iberdrola BM

O Atlético Guardés bloqueouse en ataque e rematou por perder con BM Granollers 23-22

Logo de anotar so un gol en 20 minutos, as galegas tiraron unha renda de tres e terminaron por caer no Palau | O equipo galego regresa mañá e descansará ata o luns

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
05/02/2020
en Balonmán, Liga Guerreras Iberdrola BM
BM Granollers contra At Guardés / MECALIA AT GUARDÉS

BM Granollers contra At Guardés / MECALIA AT GUARDÉS

106
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Logo de ir 11-14 ao descanso o Mecalia Atlético Guardés rematou por caer derrotado no Palau esta tarde diante do KH-7 BM Granollers. O resultado ao final do choque foi de 23-22. As galegas bloqueáronse en ataque e desperdiciaron a súa renda. Na clasificación, mantéñense cuartas. O equipo regresará mañá pola mañá a Galicia e terá descanso até o luns.

O Mecalia empezou a controlar o encontro a partir do minuto 10, pero de novo, os fallos de cara a portaría rival foron numerosos e terminaron por custarlles o partido ás galegas. Tras dous empates consecutivos en Liga (contra Bera Bera e Elche), as xogadoras que adestra Prades vanse de baleiro nun partido no que comezaron a remolque, sobrepuxéronse a un mal inicio e volveron a tornase pequenas en lanzamento.

 

 

1 de 6
- +
BM Granollers contra At Guardés / MECALIA AT GUARDÉS
BM Granollers contra At Guardés / MECALIA AT GUARDÉS
BM Granollers contra At Guardés / MECALIA AT GUARDÉS
BM Granollers contra At Guardés / MECALIA AT GUARDÉS
BM Granollers contra At Guardés / MECALIA AT GUARDÉS
BM Granollers contra At Guardés / MECALIA AT GUARDÉS

O Guardés empregouse a fondo para controlar a Gassama en 6 metros, pero Lepère e Vegué anotaban desde oito metros e á contra respectivamente. O Granollers conseguía así as súas primeiras rendas de dous goles e mantiña desde o inicio a súa vantaxe no electrónico.

O Guardés tamén era capaz de correr e con Sempere atenta ao rexeite e Campos veloz á contra asinaban un parcial de 0-2 para devolver a igualdade ao partido (Min. 10, 5-5).

BM Granollers contra At Guardés / MECALIA AT GUARDÉS
BM Granollers contra At Guardés / MECALIA AT GUARDÉS

Carla Gómez foi excluída por unha acción sobre o pivote Gassama, pero o Guardés mantivo o control na inferioridade (Min.12:30, 5-5). Robert Cuesta mandou adiantar a defensa, pero as galegas atoparon oco sen problemas para conseguir a súa primeira vantaxe e mantela en varios parciais (Min. 14, 5-6, 6-7, 8-9…) á vez que Prades facía as súas primeiras rotacións (Mazza por Santiago e Bravo por Urban). Vegué igualou desde sete metros e o seguinte gol guardés chegou cando Lorena Pérez cortou un pase a Ana González, atopou a Campos e Sempere sentenciou á contra (7-8).

 

1 de 6
- +
BM Granollers contra At Guardés / MECALIA AT GUARDÉS
BM Granollers contra At Guardés / MECALIA AT GUARDÉS
BM Granollers contra At Guardés / MECALIA AT GUARDÉS
BM Granollers contra At Guardés / MECALIA AT GUARDÉS
BM Granollers contra At Guardés / MECALIA AT GUARDÉS
BM Granollers contra At Guardés / MECALIA AT GUARDÉS

O intercambio de goles foi a tónica destes minutos, pero o Guardés desperdiciou até dous ataques con opcións de levar a súa renda ao máis dous.

Carratú e Wiggins atallaban balóns de cando en vez e o Mecalia Atlético Guardés seguía estrelándose contra o poste. No banco local, Cuesta daba descanso a Gassama  e daba minutos á viguesa Carmen Prelchi. Primeiro balón, primeiro gol para a galega desde seis metros para colocar o 9-9.

Martina Mazza e Sempere eran as encargadas de tirar do carro, pero nas locais Lepère e Torras elevábanse desde nove metros ou se coaban entre a defensa para cortar a renda galega (Min. 25:30, 11-11). Pérez recuperou o 11-12, pero Prades aproveitou para parar o partido e dar indicacións para o final da primeira parte. Con éxito, porque Mazza, moi acertada, colocou o 11-13. Iso si, no seu seguinte lanzamento Nicole Wiggins detivo o balón. Bravo, na última acción da primeira parte elevouse desde o extremo e pechou o acto co 11-14. Ese tanteo constituía a máxima renda até ese momento do encontro.

Na segunda metade, o Guardés viviu unha seca anotadora

BM Granollers contra At Guardés / MECALIA AT GUARDÉS
BM Granollers contra At Guardés / MECALIA AT GUARDÉS

Tras o paso por vestiarios, Guareiro puxo ao Granollers a dous, pero Bravo, rapidísima, anotou dous tantos seguidos para manter as distancias (14-16). A zona central da defensa guardesa era incapaz de frear a Guareiro e a brasileira explotaba a súa superioridade para anotar catro goles en cinco minutos.

Tras o 15-18, as locais colleitaron un 4-1 de parcial para porse a un (18-19), pero o Guardés seguiu ao seu uns cuantos minutos máis. Anotou Bravo, fixo o mesmo Sempere e de novo un colchón cómodo (Min. 40, 18-21).

Foi un espellismo, xa que o Mecalia Atlético Guardés iniciou un novo desfalecemento con dez minutos e medio sen anotar, unha seca que prolongou Wiggins coas súas paradas e que contrarrestou Carratú con varias accións (Min. 47, 20-21), aínda que a porteira arxentina non puido impedir que Ana González desde o extremo igualase o partido (Min.48, 21-21).

Á portuguesa Patricia Lima non lle tremeu o brazo e rompeu a seca guardesa (21-22), pero na seguinte acción Santiago lanzaba moi desviada. Quedaban oito minutos para o final e Cuesta tamén pedía tempo morto (51:54) como fixera Prades sete minutos antes. Saíu Meriem Ezbida para deter un lanzamento de sete metros a Vegué, pero o rexeite resultou imparable (22-22). Wiggins si que era un muro e mantiña ao Guardés nun pobre rexistro dun gol en quince minutos.

Volveu González á liña de sete metros para anotar ante Carratú (23-22) e pór ao Granollers por diante, algo que conseguiran por última vez no minuto oito. Prades pediu o seu terceiro tempo morto para afrontar os últimos 4 minutos do partido (Descalzo, excluída).

BM Granollers contra At Guardés / MECALIA AT GUARDÉS
BM Granollers contra At Guardés / MECALIA AT GUARDÉS

Buforn non conseguiu anotar, tampouco Bravo quen levou a súa rosca ao corpo de Nicole Wiggins. O Granollers perdeu o balón e sobre pasivo Pérez lanzou fóra. Aínda tivo outro intento Santiago, pero a defensa local blocó o lanzamento. Para alargar o desenlace, Cuesta parou o partido a 51 segundos do final pero o resultado xa se mantivo invariable: 23-22 para as locais.

 

BM Granollers contra At Guardés / MECALIA AT GUARDÉS
BM Granollers contra At Guardés / MECALIA AT GUARDÉS

FICHA TÉCNICA

KH-7 BM GRANOLLERS (11+12): Wiggins, Imane Ben, Kaba Gassama, Ona Vila, Elene Vázquez, Mireia Torras (3), Lora Sarandeva (2), Lepère (4), Giulia Guareiro (6), Ona Vegué (5), Carmen Prelchi (1), Marta Mera, Ana González (2), Gabriela Romero e Ana Monteiro.

MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS (14-8): Meriem Ezbida, África Sempere (5), Sandra Marqués, Martina Mazza (4), Carmen Campos (5), Lorena Pérez (1), Sara Bravo (4), Estefanía Descalzo, Paulina Pérez (2), Patrícia Lima (1), Cristina Barbosa, Rosario Urban, Carla Gómez e Marisol Carratú.

MARCADOR CADA 5 MINUTOS:  2-2, 5-4, 6-7, 8-9, 11-11, 11-14 (descanso), 15-18, 18-21, 20-21, 21-22, 22-22, 23-22 (final).

ÁRBITROS: Alberto Macías de Paz E Ernesto Ruiz Vergara (Andalucía). Excluíron por parte das visitantes a Gómez e Descalzo (2).

INCIDENCIAS:Partido correspondiente á xornada 13 da Liga Guerreras Iberdrola disputado no Palau d’Esports de Granollers diante duns 300 espectadores.

 

Atentas ao sorteo da Challenge Cup

O sorteo dos cuartos de final da Challenge Cup celebrarase o martes 11 de febreiro en Viena. Neses bombos xa ten confirmada a súa presenza o Mecalia Atlético Guardés, quen agora espera impaciente por rival.

A eliminatoria decidirase a ida e volta os seguintes fins de semana: 29.02-01.03 e 07.03-08.03. Este calendario obrigou xa ás galegas a pedir o cambio de horario do partido contra o Rocasa Gran Canaria, proposto para o mércores 26.02 ao 20 horario insular.

Na axenda competitiva inmediata: a Copa

O Mecalia Atlético Guardés ten como seguinte compromiso competitivo que afrontar o partido da volta da Copa da Raíña. O encontro vaise xogar o sábado 15 de febreiro ás 18:00 horas na Sangriña. O rival será, nesta ocasión, o Balonmano Salud Tenerife. Na ida o encontro finalizou cun tanteo de: 26-27. Está previsto que o partido o arbitren Alejandro Hoz e Axel Riloba.

As galegas da Guarda e as tinerfeñas do barrio de La Salud, teñen en xogo estar na fase final do torneo copeiro (24-26 de abril, Alhaurín de la Torre).

Etiquetas balonmánMecalia Atlético Guardés
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Conservas Orbe Zendal BM Porriño vs Caja Rural Aula Valladolid / BALONMANO PORRIÑO

O Conservas Orbe Zendal Bm Porriño cede un empate ao Caja Rural Aula Valladolid no último momento (20-20)

por Redacción As Nosas
18/02/2026
0

Cando todo parecía indicar que o Conservas Orbe Zendal BM Porriño ía conseguir levarse o cruce contra do Aula Cultural...

María Sancha, xogadora do Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

María Sancha: “Creo que estamos a facer unha boa tempada, pero esta é unha competición totalmente diferente e será un 50-50”

por Redacción As Nosas
17/02/2026
0

A capitá do Mecalia Atlético Guardés , María Sancha, valorou diante o equipo de prensa da Federación o resultado do...

Ana Seabra, adestradora do Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

Ana Seabra: “O Beti é un equipo que nos custa sempre moito e está a crecer”

por Redacción As Nosas
17/02/2026
0

  A adestradora do Guardés, Ana Seabra, tamén estivo presente en San Sebastián este mediodía. Diante o resultado do sorteo,...

Mecalia Atlético Guardés vs Beti-Onak / SPORTCOECO

O Guardés repetirá contra o Beti-Onak en cuartos de final da Copa da Raíña 2026

por Redacción As Nosas
17/02/2026
0

O sorteo da fase final da Copa da Raíña volveu emparellar ao Mecalia Atlético Guardés en cuartos de final co...

Mecalia Atlético Guardés vs Balonmano Morvedre /

O Guardés sofre para despedir 2025 cunha vitoria (20-16)

por Redacción As Nosas
22/12/2025
0

As xogadoras que adestra Ana Seabra tiveron problemas para impoñerse xa na primeira parte e non lograron consolidar a súa...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.