• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Baloncesto Liga Feminina 2 Basket

O Arxil vence a un dos grandes da LF2 (73-67)

O excelente partido de Sara Castro mereceulle a vitoria ás pontevedresas ante o Azkoitia Azpeitia

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
01/03/2021
en Liga Feminina 2 Basket, Baloncesto
Arxil - Azpeitia / CB ARXIL FB

Arxil - Azpeitia / CB ARXIL FB

133
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Cando a permanencia está en xogo cada vitoria vale dobre. Este é o caso do CB Arxil, que ven de vencer ao Azkoitia Azpeitia (73-67). Un trunfo que sube os ánimos das verdes, ao conseguilo ademais ante un dos mellores equipos da competición.

Sumados estes dous puntos, as pontevedresas ocupan a novena posición na LF2, empatadas co Maristas a 29 puntos e dous por riba da AD Cortegada, ADBA e Rosalía, e a tres do colista, o Magec Tías.

O esforzo do Arxil ten recompensa

Empezaron fortes as verdes en casa, presionando desde o minuto 1 e confiando no seu xogo. O primeiro parcial foi para o Arxil que marcaba un 4-0 que tivo contestación vasca. Para o minuto 6, o resultado xa daba mostra da igualdade na pista, cun 9-9.

Isto non amedrentou ás galegas, que mantiveron unha boa defensa. Esta, sumada ao acerto en ataque, valeulles para adquirir unha vantaxe de seis puntos, coa efectividade da destacada Sara Castro, autora dun triplo e dun robo nun contragolpe individual.

A falta de 90 segundos, o adestrador visitante viuse obrigado a solicitar un tempo morto para reorganizar ás súas e intentar salvar o primeiro cuarto. O Arxil vencía entón cun 17-11, unha superioridade que aumentaría ata chegar ao 21-16.

No segundo tempo, de novo Sara Castro foi a protagonista indiscutible. Apoiada por Forster en defensa, as galegas trunfaban na pista do CGTD. Desta forma, o Arxil lograban unha distancia de 15 puntos no ecuador do segundo cuarto.

As visitantes non se rendían e seguían loitando por chegar ao empate e así foron quen de reducir a diferenza no luminoso. Porén, o seu acerto seguía a ser inferior ao das verdes, polo que a pausa chegou co 43-33 no marcador, dando motivos para a celebración nas filas pontevedresas.

Afrontando con esperanzas a segunda metade

O partido non estaba decidido, pero o Arxil afrontaba a segunda metade coa confianza de saberse máis efectivas e en mellor forma que as rivais.

Porén, o Azpeitia conseguiu poñer en problemas ás galegas, presionando e provocando erros defensivos o que lle permitiu achegarse perigosamente ás locais. Co electrónico informando do 48-44, Maite Méndez solicitou unha pausa para dar instruccións ás súas.

As indicacións deron resultado e o Arxil volveu a aumentar a intensidade e recuperou o dominio do balón, aumentando o seu colchón respecto ás vascas. Para o tempo final, as pontevedresas vencían xa de dez puntos.

Os nervios e a presión de non fallar podían terlle pasado factura ás verdes no inicio do último cuarto, pero non foi así. Confiando no seu talento e xogo e con Sara Castro liderando en anotación, as de Méndez mantivéronse frías para amarrar a vitoria.

A efectividade de Carla Fernández e Masiá baixo o aro e Forster destacando en defensa permitían que o Arxil se mantivera á cabeza. Pola súa banda, o Azpeitia seguía confiando en poder remontar o partido e así o demostraba sobre a pista.

Nos minutos finais as vascas deron un golpe sobre a mesa que case fai cambalear ás galegas. Un contundente parcial 0-13 poñía ás locais contra as cordas, pero a distancia conseguida nos cuartos anteriores facía que seguisen por diante (70-67).

Ter o empate a un triplo de distancia foi moita tensión para o Azpeitia, que comezou a cometer erros e faltas. Forster e Castro foron as encargadas de materializar en puntos ditas faltas, deixando o marcador nun 73-67 final.

Sara Castro, MVP indiscutible

O xogo visto no CGTD tivo unha protagonista con nome e apelido: Sara Castro. A xogadora do club pontevedrés foi a máis destacada do partido, proclamándose con todos os méritos como a MVP con 31 créditos valorativos.

Grazas á súa gran actuación, con 28 puntos ás súas costas e un 75% de acerto desde a liña de tiro libre, o Arxil proclamouse campión.

Dálle ao play para revivir as mellores xogadas de Sara Castro para o Arxil.

FICHA TÉCNICA

73) CB ARXIL: Carla Fernández (10), Noelia Masía (11), Cristina Díaz-Pache (6), Heather Forster (10), Sara Castro (28) –quinteto inicial-. Tamén xogaron: Samra Omerbasic, Margarita Moreira e Natalia López (6).

67) AZKOITIA AZPEITIA ISB: Sara Iparraguirre (8), Saioa Altzga (7), Manuela Effa (8), Morgan Asha Green (20) y Crystal Primm (12) – quinteto inicial -. Tamén xogaron: María Otegi, Intza Lizarazu (8) e Alazne Lizundia(4).

PARCIAIS: 21-16, 22-17, 15-15 e 15-19

ÁRBITROS: Álvarez Rodríguez e Abalo Buceta.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á 22ª xornada da LF2 disputado no polideportivo Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) de Pontevedra.

Etiquetas AxilAzkoitia AzpeitiabaloncestobasketCB ArxilLF2liga femenina 2liga feminina 2Maite MéndezPontevedra
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

por Redacción As Nosas
22/02/2026
0

Baloncesto do bo e derbi galego. Ese é o cartel do partido que esta tarde (18:00 h, Pazo Municipal dos...

As xogadoras do Baxi Ferrol visitan a iogurtería de Clesa / CLESA

As xogadoras do BAXI Ferrol visitan a fábrica de CLESA e reforzan a histórica relación da marca co baloncesto ferrolán

por Redacción As Nosas
18/02/2026
0

As deportistas do BAXI Ferrol fixeron un percorrido polas instalacións e coñeceron en detalle os procesos de calidade, innovación e...

Presentación do XII Torneo de Seleccións Autonómicas minibasket en Marín / FEGABA

O mellor minibasket de catro comunidades dáse cita en Marín no “XII Torneo de Seleccións Autonómicas”

por Redacción As Nosas
11/02/2026
0

O mellor minibasket de catro comunidades dáse cita en Marín no XII Torneo de Seleccións Autonómicas. Concello de Marín e Federación Galega...

canasta baloncesto

A FEGABA reactiva “Se protestas, non encestas”

por Redacción As Nosas
16/01/2026
0

"Se protestas, non encestas" é un proxecto pioneiro, que avaliou máis de 5.000 partidos na súa primeira edición, arrincará esta...

O Celta Femxa Zorka milita na LF Challenge / CELTA BALONCESTO IG

O Celta Femxa Zorka suma un novo triunfo na LF Challenge ao imporse 68-78 ao C.B. Sanfeliuenc

por Redacción As Nosas
22/12/2025
0

O Celta Femxa Zorka impúxose ao C.B. Sanfeliuenc (68-78) e acadou unha nova vitoria, a 12.ª no que vai de...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.