A maldición en casa e a serie de derrotas rompéronse finalmente para o CB Arxil. As pontevedresas acadaron a primeira vitoria no Centro Galego de Técnificación Deportiva de Pontevedra (CGTD), ante a Agrupación Deportiva Baloncesto Avilés, logrando asinar un tanteo de 69-55.
A duodécima xornada da Liga Feminina 2 de baloncesto chegou cunha balsámica vitoria para as galegas. As de Maite Méndez viñan dunha das peores rachas da competición, con catro derrotas consecutivas que estaban aportando unha presión excesiva ás galegas.
O encontro comezou favorablemente para as locais, cun triple de Natalia López e marcando o ritmo do partido. O primeiro cuarto xa apuntaba á superioridade das pontevedresas ante un rival rival directo.
Para o segundo tempo, o ADBA seguía presionando e achegábase cada vez máis as de Méndez, ata lograr vencer por un punto o cuarto. Con todo, ao descanso, o triunfo seguía pola mínima.
Para a segunda parte, o cadro pontevedrés sufriu máis para seguir dominando o partido. As visitantes lograron incluso colocarse por diante no electrónico, pero por pouco tempo. O Arxil reaccionou e volveu a adiantarse para lograr unha distancia de sete puntos para o tempo final.
Os últimos dez minutos serviron para sentenciar o partido definitivamente. Co acerto de Sara Castro, autora de 17 puntos, as galegas aumentaron a intensidade do xogo e lograron desta forma a que foi a primeira vitoria na casa., cun 69-55.
👉🎉Chegou a primeira victoria no @cgtd_pontevedra.
CB Arxil 6⃣9⃣@ADBA87 5⃣5⃣#FAMILIAVERDE #estaestugrada #LF2 #LigaFemenina2
— CB Arxil (@ArxilCb) December 12, 2020
Os tiros exteriores do Arxil marcaron a diferencia
Un elevado porcentaxe de acerto desde a liña de tres (do 47% fronte ao 18% rival), permitiu a vitoria do cadro dirixido por Maite Méndez. As verdes tiveron a sorte do seu lado desde o xogo exterior, o que serviu para marcar a diferenza no duelo e levarse os dous puntos.
Ademais da boa actuación tanto de Natalia López como de Sara Castro desde o triple, tamén foi moi salientable a de María Lago, MVP do partido con 20 puntos de valoración.
Con este triunfo, a engrenaxe do Arxil volve a funcionar e, de novo, o obxectivo da permanencia semella máis preto.
FICHA TÉCNICA
69) C.B. ARXIL: Carla Fernández (5), Natalia López (10), María Lago (9), Moreira (2) e Forster (9) – cinco titular-. Tamén xogaron: Violeta Crespo, Aldara, Masia (7), Díaz-Pache (8), Casalderrey, Ndoye (2) e Sara Castro (17).
55) AGRUPACIÓN DEPORTIVA BALONCESTO AVILÉS: Barbosa (8), De Sousa (10), Martínez (6), Brookshire (11) e Fraile (7) -cinco titular-. Tamén xogaron: Montalbán, Guimaraes (13), Guadalupe López, Velasco e Elisabet López.
PARCIAIS: 19-17, 11-12; 18-12 e 21-14
ÁRBITROS: González Escobar e Esteban Domínguez.
INCIDENCIAS: Partido correspondente á duodécima xornada da LF2 disputado no Pavillón do Centro Galego de Tecnificación deportiva (C.G.T.D.) de Pontevedra Estadio de la Juventud.