• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala Segunda División Fútbol Sal

O Amarelle é máis líder e o Castro segue a ser o equipo revelación

As herculinas gañaron a domicilio na casa do Fisgón (3-6) | O Castro logrou unha gran vitoria ante o Ourense B (4-3)

Iago Cerezuela por Iago Cerezuela
18/01/2020
en Fútbol Sala, Segunda División Fútbol Sal
O-Fisgón Viaxes-Amarelle

VIAXES AMARELLE

123
COMPARTIDOS
383
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Fisgón e Amarelle xogaban un duelo galego por todo o alto. O segundo da Liga recibiu ao lider e as laranxas impuxeron o seu dominio cunha vitoria por 3-6 en Marín. O Viaxes Amarelle FSF consegue finalizar a primeira volta da competición de Segunda División Nacional Feminina FS Grupo 1 como líder en solitario, e sen ceder ningunha derrota en toda a primeira volta.

Con esta vitoria sela o campionato de inverno, e colócase con 5 puntos de vantaxe contra o seu rival de hoxe, e máis inmediato perseguidor.

 

1 de 11
- +

O encontro empezaba con moita intensidade de ambos equipos, e as locais querían demostrar que empezaban en casa, e adiantábanse aos 23 segundos de xogo cun balón á área que tocaba en Patri Romaní e despistaba á porteira herculina. A pesar do gol, as herculinas non viñeron abaixo e seguiron bregando sobre a cancha de 40×20. Aos seis minutos de xogo Patri Corral iguala a contenda tras unha presión alta e levar o balón, para anotar a porta baleira.

Coa igualada no marcador, o partido estaba moi aberto, pero as herculinas seguían impoñendo o seu ritmo na cancha e xerando superioridades. O gol faríase esperar coruñés ata o minuto 17, onde Irune Santesteban finalizou cun golazo pola escuadra, tras unha gran xogada persoal. As herculinas fóronse crecendo na pista e apenas uns segundos máis tarde subía o 1-3 ao marcador, cun gran golazo de María Gómez.

VIAXES AMARELLE

Inmediatamente despois do gol, as locais optarpn polo xogo de cinco, pero as visitantes resistiron o ataque en superioridade do Fisgón Futsal para manter a vantaxe no marcador ao chegar ao tempo de asueto.

Tras o descanso, o partido saíu coa intensidade como factor dominante do xogo, pero as herculinas seguían mandando en creación de xogo e antes da medianía do período xeraban unha conexión Costa da Morte, entre Patri Romaní e Inés Suárez, onde esta última sobe o 1-4 no un para un coa meta local.

As de Pili Costa saían con xogo de cinco para tentar recortar distancias no marcador, pero as visitantes seguían moi metidas no partido, e a falta de cinco minutos e tras unha presión alta de balón, Irune Santesteban recupera o balón e no un para un anotou o 1-5.

ofisgon-amarelle_
VIAXES AMARELLE

As locais seguían apostando polo xogo de cinco, pero non conseguían chegar con perigo, mentres que as herculinas nunha rápida contra conseguían poñer o 1-6, con gol de Yaiza, a pase de Inés Suárez.

Co marcador de fronte para o cadro herculino, as locais atopáronse co 2-6 a falta de pouco máis dun minuto, o que fixo que as locais se crecesen e conseguisen anotar outro novo tanto no marcador a falta de poucos segundos para o final e deixar o 3-6 final no luminoso.

FICHA TÉCNICA

O FISGÓN: Antía, Café, Pau, Vera, León (cinco inicial), Mar, Kun, Figo.
VIAXES AMARELLE: Sandra, Patri Romaní, Irune Santesteban, María Gómez, Patri Corral (cinco inicial), Zaida, Inés Suárez, Yaiza, Aida.

GOLES: 1-0 Patri Romaní (propia porta) ( min. 1); 1-1 Patri Corral ( min. 6); 1-2 Irune Santesteban ( min. 17); 1-3 María Gómez ( min. 18); 1-4 Inés Suárez ( min. 28); 1-5 Irune Santesteban ( min. 35); 1-6 Yaiza ( min. 37); 2-6 Kun ( min. 39); 3-6 Kun ( min. 40).

COLEXIADOS: Cardero Rodríguez e Feliz Otero do Colexio de Árbitros de Ourense. Mesa: Fontán Pérez do Colexio de Árbitros de Pontevedra. Sen tarxetas.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á décimo terceira xornada do Grupo 1 da Segunda División Nacional Feminina FS disputado o sábado 18 de xaneiro de 2020 no Pavillón Municipal de Ou Sequelo (Marín) entre o Ou Fisgón Futsal e o Viaxes Amarelle FSF.

 

O Castro gaña ao Ourense B e segue a ser o equipo revelación

O partido estivo marcado pola intensidade e cos dous conxuntos galegos buscando a vitoria de principio a fin. O Castro conseguíu o tres puntos nun duelo entre dous conxuntos moi xóvenes. O peso do partido corría a cargo do filial ourensán pero o bo acerto da porteira local e a falta de gol das de Rubén Carballo fixo que o partido fora ao descanso cun 1-0 para as locais.

Martínez, adestrador do Castro: “Tres puntos e un pasito máis na nosa primeira e arriscada aventura. Felicitar ao rival polo seu bo xogo e a súa deportividade”.

O FSF Castro practicou un xogo moi vertical, tentando achegarse á portería contraria canto antes. O Ourense B rexeitaba os ataques cunha defensa moi ben estruturada e con máis posesión debido á súa boa circulación de balón.

Rubén Carballo, adestrador do Ourense Envilia B, falou do acerto da gardamallas do Castro e da súa falta de acerto de cara a gol: “Na primeira parte creo que merecemos chegar ao descanso cun marcador amplo, polo noso dominio e a cantidade de ocasións que fallamos”

Rubén Carballo, adestrador do Ourense Envilia B: “Faltounos acerto de gol e a porteira delas estivo moi ben. Co marcador por diante en dúas ocasións non soubemos aguantar o resultado. Prexudicounos a falta de experiencia”.

Castro - Ourense B
OURENSE ENVIALIA

Ao final, o Castro deixou os tres puntos na casa e segue a ser o equipo revelación da tempada. Ponse con 19 puntos e continúa nos postos de arriba da táboa. O filial ourensán segue na zona temperada da clasificación e buscará mellorar os resultados na segunda volta, que empeza a  semana que vén.

Rubén Carballo, adestrador do Ourense Envilia B: “En 40 segundos fixéronnos dous goles ao final do partido. Imos amoladas pero espero que isto nos valla para aprender e para seguir crecendo. Esperamos que a segunda volta sexa moito mellor que a primeira”.

Etiquetas Castrofútbol salafutsalO FisgónOurense BSegunda Divisiónviaxes amarelle
Comparte121Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A Coruña, sede dun seminario técnido do Comité Nacional de Fútbol Sala para a formacion de arbitros/as / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña reúne a 110 árbitros das principais competicións estatais de fútbol sala nun seminario técnico

por Redacción As Nosas
24/07/2026
0

A Coruña acolle esta fin de semana un seminario técnico organizado polo Comité Nacional de Fútbol Sala da Real Federación...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

As 7 futbolistas internacionais do Poio Pecamar que xogan o Mundial de Filipinas de futsalfem entre as que está Elena González / POIO PESCAMAR

Media ducia de renovacións máis ata o 2028 no Poio Pescamar

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

Seis xogadoras máis veñen de facer pública a súa renovación co Poio Pescamar e fano ata o ano 2028, e...

Pablo Prieto, presidente da Real Federación Galega de Fútbol, xunto á nova directiva da RFGF / FUTGAL

Pablo Prieto xa exerce como presidente da Real Federación Galega de Fútbol

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

Pablo Prieto Perille xa é oficialmente presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF). Esta mañá tomou posesión nunha xuntanza...

De esquerda a dereita: Juanma Marrube, adestrador do masculino, José Luis Sáez Castro, presidente do club da Mariña e Javier Pardeiro, adestrador do feminino / BURELA FS

Javier Pardeiro, novo adestrador do Reyco Burela para o curso 2026-27

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

  Javier Pardeiro asume a dirección do conxunto feminino do Reyco Burela, mentres que Juanma Marrube cumpre a segunda tempada...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.