O Aceites Abril Voleyourense non puido sumar no seu primeiro partido como local da tempada e caeu por 0-3 diante Madrid Chamberí, un conxunto que mostrou maior solidez en todas as facetas do xogo e levou con autoridade os tres puntos de Ourense.

O equipo madrileño impuxo desde o inicio un alto nivel en recepción e ataque, o que dificultou o traballo das ourensás. A pesar do esforzo colectivo, o Aceites Abril Voleyourense non conseguiu incomodar o sistema ofensivo rival nin atopar continuidade no seu xogo.
A ausencia de Paola Comenarez, lesionada na xornada anterior, volveu ser un factor determinante na eficacia ofensiva do equipo.

As xogadoras dirixidas por Pablo Pérez buscaron alternativas, pero o conxunto visitante controlou o ritmo do encontro en todo momento.

O marcador final (20-25, 16-25 e 18-25) reflectiu a superioridade de Madrid Chamberí, aínda que o AceitesAbril Voleyourense xa pensa na próxima xornada, onde tratará de recuperar sensacións e volver competir ao seu mellor nivel.

O Aceites Abril Voleyourense, pecha a táboa
As ourensás son o pechacancelas da Superliga Femenina 2 ao non ter colleitado aínda ningún triunfo.
O seguinte partido do VoleyOurense é a domicilio. Visita a cancha do UC3M Voleibol Leganés. O partido, correspondente á terceira xornada da SLF2, xogarase o sábado 18 de outubro a partir das 20:00 no Pabellón Europa de Leganés.





















