• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

O novo Plan de Patrocinio contra a violencia de xénero triplica o número de clubs

O orzamento do plan incrementou este ano nun 70%, superando os 254.000 euros.

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
26/10/2021
en Máis Deporte, Máis balonmán, Máis Basket, Máis disciplinas deportivas, Máis fútbol, Máis FutSal, Máis volei, Rugby
O orzamento do Plan de Patrocinio contra a violencia de xénero incrementouse este ano casa o 70% / Deporte Xunta

O orzamento do Plan de Patrocinio contra a violencia de xénero incrementouse este ano casa o 70% / Deporte Xunta

83
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

Este ano, o plan de patrocinio contra a violencia de xénero dos equipos de alta competición femeninos de 1º e 2º máximo nivel estatal triplica o número de clubs que recibirán apoio -subindo ata os 26- e incrementa a aportación ecónómica, que supera os 254.000€. Onte, presentouse a nova edición do plan no que participaron a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, acompañada do secretario xeral para o deporte, José Ramón Lete.

A segunda edición deste proxecto renova o compromiso conxunto da Xunta de Galicia e a firme aposta polas deportistas galegas. A conselleira manifestou que “cada ano non só se agasallan ás comunidades con éxitos nas súas respectivas disciplinas, senón con valiosas ensinanzas sobre o verdadeiro significado do compañerismo, o esforzo, o traballo, a superación como colectivo -escapando de indivudalismos-, ou a resilencia”.

O orzamento do plan incrementouse este ano case o 70%, pasando dos 149.997 euros da primeira edición de 2020 aos 254.100 euros desta segunda. Esta aposta permitiu tamén elevar o número de clubs beneficiarios, que se triplican, pasando dos 9 aos 26.

O plan é froito dun novo acordo asinado entre a Consellería de Emprego e Igualdade e a Secretaría Xeral para o Deporte para a difusión de campañas específicas contra a violencia de xénero e o fomento da igualdade no deporte.

A Conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana e o secretario xeral para o deporte, José Ramón Lete na presentación do plan / Deporte Xunta
A Conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana e o secretario xeral para o deporte, José Ramón Lete na presentación do plan / Deporte Xunta

O secretario xeral para o Deporte apuntou destacou o “crecemento imparable do deporte feminino galego” acadando que, por vez primeira, haxa máis prazas concedidas a mulleres que a homes no Centro Galego de Tecnificación Deportiva ou que o Plan de Patrocinio Publicitario dos Equipos de Alta Competición de Galicia patrocine a 102 equipos femininos, cando na súa primeira edición en 2009, eran tan só 30.

Por iso, dixo, “en 2020 entendemos que era necesario un Plan de Patrocinio dos equipos de alta competición femininos” e sacamos un primeiro plan cun orzamento de 150.000 euros para 9 equipos galegos de primeiro nivel. “Hoxe o plan medra, cun 70% máis de orzamento e tres veces máis equipos que o ano pasado”, sentenciou. En total son, sete equipos femininos de baloncesto, sete de balonmán, cinco de fútbol sala, dous de fútbol, dous de voleibol, dous de rugby e un de sófbol que “representan o máximo nivel do deporte feminino galego” e que “loitan pola tolerancia, a igualdade e a non violencia no deporte e na vida”.

No marco do plan, celebrarase un encontro deportivo en datas próximas ao 25 de novembro, Día internacional contra a violencia de xénero, para xuntar a deportistas, técnicos, familias, seareiros e medios de comunicación no rexeitamento a esta lacra.

A conselleira e o secretario xeral dirixíronse por videoconferencia aos clubs beneficiarios, todos eles impulsores do deporte feminino en Galicia que co seu traballo contribúen a romper cos estereotipos e a demostrar deporte non entende de xénero.

Este ano, 26 equipos de alta competición participan na edición do Plan de Patrocinio contra a Violencia de Xénero 

Na provincia da Coruña, a relación de equipos participantes no plan de patrocinios é a seguinte: Club Universitario de Ferrol, Club Maristas, Fundación Educación e Deporte de Santiago, Real Club Deportivo de La Coruña S.A.D., Club Viaxes Amarelle FS, Club de Arquitectura Técnica, Club Béisbol y Sófbol Cambre e Club Instituto Zalaeta da Coruña.

En Lugo participan o Ensino Lugo Club de Baloncesto, o Club Peluquería Mixta Friol, o Club Deportivo Burela Fútbol Sala e o Club Emevé.

Da provincia de Pontevedra son os equipos Club Deportivo Bosco, Agrupación Deportiva Cortegada, Club Baloncesto Arxil de Pontevedra, Club Balonmán Porriño, Club Balonmán Atlético Guardés, Asociación Deportiva Carballal, Sociedad Atlética Redondela, Unión Balonmán Lavadores, Club Balonmano Porriño B, Asmubal Meaño, Club Poio Fútbol Sala e Pontevedra Rugby Club.

En Ourense, incorpóranse a estes apoios o Ourense Club de Fútbol S.A.D e o Cidade de As Burgas Fútbol Sala .

O Goberno galego leva desde 2015 desenvolvendo actuacións en prol do deporte galego feminino e do fomento da igualdade neste eido. Desde 2019, grazas ao acordo entre a Secretaría Xeral da Igualdade e a Secretaría Xeral para o Deporte, e no marco das medidas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, destináronse máis de 2,5 millóns de euros a campañas específicas en recintos deportivos, apoio aos clubs, patrocinios e iniciativas de divulgación con deportistas referentes. En 2021 destináronse 300.000 euros para que os deportistas olímpicos e paralímpicos clasificados para os Xogos de Tokio visibilizasen o NON á violencia de xénero.

O Pescados Rubén Burela FS berrará NON á violencia de xénero

O club laranxa vibilizará a loita pola tolerancia, a igualdade e a non violencia no deporte e na vida como anfitrión e organizador da competición internacional Futsal Women’s European Champions entre o 2 e o 5 de decembro en Lugo, reunindo as campioas das mellores ligas europeas.

O Pescados Ruben Burela na xornada 8 da competición antes do partido contra o Xaloc Alacanta co cartel contra a violencia de xénero / Pescados Ruben Burela FS
O Pescados Ruben Burela na xornada 8 da competición antes do partido contra o Xaloc Alacanta co cartel contra a violencia de xénero / Pescados Ruben Burela FS

Así mesmo, o Pescados Rubén Burela desenvolverá diferentes accións divulgativas nas redes sociais e Burelafs.tv e dedicará un partido con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o 25 N. O encontro disputarase o 13 de novembro coa visita de Móstoles a Vista Alegre.

Etiquetas baloncestobalonmánequiposfútbolfútbol salaGaliciarugbySecretaria Xeral para o DeporteviolenciaViolencia de xéneroXuntaXunta de Galicia
ComparteChía
Publicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de GaliciaPublicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de GaliciaPublicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia

Relacionado co tema

Natalia Rodríguez súmase ao Durán Maquinaria Ensino 2023-24

Natalia Rodríguez súmase ao Durán Maquinaria Ensino 2023-24

por Redacción As Nosas
26/05/2023
0

  O Durán Maquinaria Ensino de Lugo sigue a completar nomes para o seu bloque de xogadoras de cara á...

Pescados Rubén Burela vs Poio Pescamar, pretempada 22-23 / PRBFS

O último partido da liga regular enfronta a Poio e Burela co segundo posto en xogo

por Redacción As Nosas
26/05/2023
0

  Mañá sábado día 27 de maio, ás 18.30 horas no Pavillón Municipal A Seca de Poio, xogarase o último...

A xogadora Bridget Herlihy ficha polo Durán Maquinaria Ensino de Lugo / CB ENSINO LUGO

Bridget Herlihy ficha polo Durán Maquinaria Ensino

por Redacción As Nosas
24/05/2023
0

  A xogadora Bridget Herlihy internacional coa Selección de Irlanda, é nova xogadora do Durán Maquinaria Ensino de Lugo. Trátase...

Ascenso do Castro FSF á elite do futsalfem español / RFEF

Galicia terá seis equipos na élite do FutSalFem estatal na campaña 2023-24 ao ascender o Castro FSF e manterse o Viaxes Amarelle

por Redacción As Nosas
21/05/2023
0

  A Primera División do futsal feminino español ten 16 equipos. O vindeiro curso seis deles serán galegos. Esta fin...

Dépor ABANCA / RCD

Empate sen goles para o Dépor ABANCA no partido de ida de semifinais do play-off de ascenso ante o Cacereño

por Redacción As Nosas
21/05/2023
0

  O CP Cacereño Femenino foi un dos osos que lle custou roer ao Dépor ABANCA esta tempada. Na liga...

Ver máis
Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidadePremios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidadePremios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Traiñeira do CR Cabo da Cruz na Liga Galega de Traiñeiras / LGT

A Liga Galega de Traiñeiras chega ás augas interiores de Galicia cunha proba nas Pontes

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Traiñeira do CR Cabo da Cruz na Liga Galega de Traiñeiras / LGT

A Liga Galega de Traiñeiras chega ás augas interiores de Galicia cunha proba nas Pontes

30/05/2023
Carreira e Andaina Solidaria ‘Camiñando Polo Dano Cerebral’ / FEGADACE

Aberta a inscrición na II Carreira e Andaina Solidaria de FEGADACE ‘Camiñando polo Dano Cerebral’, que terá lugar en Lalín o 2 de xullo

30/05/2023
Galicia conta con cinco taekwondistas no Mundial de Baku: Alma Pérez, Arlet Ortiz, Sara Cortegoso, Tania Castiñeira e Iván García / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A galega Arlet Ortiz cae nos oitavos de final no Mundial de Bakú contra a campioa de Europa de taekwondo

29/05/2023
Elviña acolleu os Campionatos Xunta de Galicia Sub-18 e Sub-16 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Gran fin de semana atlético en Elviña coa disputa dos Campionatos de Galicia Sub-18 e Sub-16

29/05/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.