A última carreira válida para puntuar para Coruña Corre 2022 manterá aberto o prazo de inscrición ata o domingo 20 de novembro. Segundo informa a Concellería de Deportes do Concello da Coruña o haberá unha carreira extra, dedicada ao CHUAC, en decembro. O Complexo Hospitalario Universitario da Coruña cumple o seu 50 aniversario.
📢 A última carreira de #CoruñaCorre, que terá lugar o próximo 27 de novembro en Novo Mesoiro, xa supera as 700 inscricións!
🏃♂️ Ademáis, haberá un ‘bonus track’, unha carreira con motivo do 50 aniversario do CHUAC o próximo 18 de decembro.
ℹ️ https://t.co/MbhzZAWIpP pic.twitter.com/8Yd4L8KBtA
— A Coruña Deportes (@coruna_deportes) November 8, 2022
A última carreira válida para puntuar para Coruña Corre 2022 celebrarase o próximo 27 de novembro no barrio de Novo Mesoiro e o prazo de inscrición xa está aberto.
Nos primeiros días, máis de 700 persoas apuntáronse para a proba que despedirá a tempada do circuíto que leva as carreiras populares aos barrios da cidade. A metade das inscricións corresponden á categoría absoluta.
O 20 de novembro, última data para anotarse á carreira de Novo Mesoiro
O prazo para anotarse á carreira de Novo Mesoiro estará aberto ata o domingo 20 de novembro ás 23.59 horas na web Carreira Popular de Novo Mesoiro.
Esta proba será a última apta para puntuar para dentro do Coruña Corre 2022, aínda que o circuíto de carreiras populares coruñés terá un ‘bonus track‘. A Concellería de Deportes do Concello da Coruña anuncia unha carreira máis con motivo do 50 aniversario do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) que baixará o pano da tempada o próximo 18 de decembro.
A última das probas celebradas no Coruña Corre foi a carreira do Ventorrillo que contou con máis de 1.300 persoas participantes.
🏃 Máis de 1.300 persoas completaron a carreira o domingo pasado e, á espera da seguinte, xa dispós das 📸 imaxes da carreira.
📢A seguinte cita será o 27 de novembro en Novo Mesoiro e o prazo de inscrición está aberto.
ℹ️ https://t.co/1ZaW4JS5Z1 pic.twitter.com/s4ttCQCDoh
— A Coruña Deportes (@coruna_deportes) November 9, 2022
A gala final de entrega de premios para as e os gañadores do circuíto celebrarase en xaneiro e será antesala de Coruña Corre 2023.