• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Máis Deporte Sobre rodas Hoquei

Novo golpe para o HC Borbolla que cae 2-1 nas Rozas

"Ninguén sabe como puidemos perder", di o adestrador Santi Martínez | As coruñesas seguen sen puntuar e son pechacancelas da Ok Liga

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
15/11/2020
en Máis Deporte, Hoquei, Sobre rodas
CP Las Rozas vs HC Borbolla que recibe un novo golpe / YOUTUBE CP LAS ROZAS

CP Las Rozas vs HC Borbolla / YOUTUBE CP LAS ROZAS

181
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Outra xornada, e un novo golpe. O enésimo pau que encaixan as xogadoras do HC Borbolla que logo de 21 días sen partidos voltaban competir e sufrían un novo revés. Foi contra o CP Las Rozas. Estiveron preto de acadar, por fin, esos primeiros puntos que tanto precisan as herculinas. Pero, finalmente, o resultado voltou ser unha derrota (2-1). Seis partidos despois do seu retorno á elite, as galegas non logran puntuar e teñen o seu casilleiro a cero.

Trinta minutos estivo o HC Borbolla, cun resultado que lle permitía puntuar e cambiar dinámica. Do minuto 14 ao 30 incluso estivo por diante. Pero en sete minutos viu como a súa curta vantaxe diluíase e de ir gañando pola mínima pasou a ir perdendo tamén por un so tanto.

Do resultado 0-1 ao 2-1 que se puido ver no electrónico ao final do partido vai un mundo para as galegas que terían estreado o seu casilleiro de puntos. Despois de ir por diante, en sete minutos encaixaron dous goles que relegaron ás coruñesas, unha xornada máis, ao papel de perdedoras do choque. A situación frusta, pero o deporte é así non sempre golpea xustamente.

Como decíamos, as de Monte Alto acumulan seis xornadas sen puntuar, unha situación que pesa na táboa clasificatoria, na que son pechacancelas, e no ánimo das patinadoras que adestra Santi Martínez que ven como unha semana máis acariñan os puntos que logo se lles escorregan entre os dedos. As galegas aturan golpe tras golpe do destino.

O gol do HC Borbolla anotouno no minuto 12 Fernanda Muñoz. A cinco minutos do final da primeira metade, Julia Cabanas non foi quen de anotar unha pena máxima. E chegouse co 0-1 ao descanso.

Giulia Galeassi, desequilibrante, golpea desde o punto de penalti

Sabían no HC Borbolla que Giulia Galeassi era un oso duro de roer, sobre todo, en xogadas de estratexia, en faltas, ou en penaltis. Foi xustamente a internacional italiana a ‘verduga’ das de vermello e negro. Consumidos cinco minutos do segundo tempo, a trasalpina batía a Fernanda Tapia desde o punto fatídico. A porteira chilena lle tiña detido un lanzamento de penalti pero non puido co segundo.

Nas ocasións das coruñesas, apenas un minuto despois do empate 1-1, Fernanda Muñoz desaproveitaría unha falta directa. O CP Las Rozas chegou a fallar dúas faltas directas, pero as madrileñas leváronse finalmente o gato á auga cun novo gol da italiana Giulia Galeassi que colocaba o 2-1 no electrónico.

Santi Martínez: “Ninguén sabe como puidemos perder”

O adestrador das coruñesas, Santi Martínez explicaba tras do partido que o primeiro tempo “foi de absoluto dominio noso. Elas case non crearon ocasións”.

Xa na segunda metade admite que “o partido igualouse máis. Elas empazarona  chegar máis a portaría e nós seguimos tendo ocasións. Algunha desas ocasións parecía máis doado marcalas que erralas”, lamenta

O técnico das de Monte Alto explica que o CP Las Rozas “empatounos de penalti e tiveron outro máis que parou Fernanda. Os dous equipos fallamos una directa”.

Santi Martínez, entrenador do HC Borbolla: ” O primeiro tempo foi de absoluto dominio noso. Elas case non crearon ocasións”

Para o preparador do HC Borbolla, o “segundo gol é deses que che sae un cada moitísimos intentanos, case á desesperada. A verdade, foi un golazo”.

Rematamos o partido con esa sensación de que ninguén sabía como foi que puidemos perder. Estamos fastidiadas, pero así é o deporte. So nos queda seguir traballando. Non hai tempo para nos lamentar. So podemos recapacitar sobre o partido”.

O partido co Alcorcón “será unha final como todos os que quedan” 

A vindeira semana, o HC Borbolla afronta un partido que case é unha final. Mídense as galegas ao CP Alcorcón. Trátase dun rival directo na loita pola permanencia na elite estatal. O cruce está fixado para o día domingo 22 ás 16:30 horas.

As coruñesas xa teñen na cabeza ese cruce. “Xa estamos pensando no CP Alcorcón. Xogamos o domingo ás 16:30 horas. É outra final, como todos os partidos que teremos ata que remate a tempada”, anticipa o adestrador coruñés.

FICHA TÉCNICA

CP LAS ROZAS: Nerea Notario Grau, Claudia Silva Baringo, Giulia Galeassi, Mónica Villaró Sánchez e María Alcalde Zamorano – quinteto inicial -. Tamén Xogaron: Yamila Fernanda Leales Beron, Ana Horche Mora, Carmela Pérez Martínez e Elena Arganda Soto .
HC BORBOLLA: Fernanda Tapia, Bea Pereira, Lara Yáñez Vázquez e Fernanda Muñoz Sarmiento- quinteto inicial -. Tamén Xogaron: Julia Cabanas, Antía Rivadas Maroño, Alba Díaz Sola e Marta Vilas Martínez.
GOLES: 0-1 (min 14) Fernanda Muñoz. 1-1 (min 30) Giulia Galeassi. 2-1 (min 37) Giulia Galeassi.
ÁRBITROS: Alberto Pérez principal e Jorge Carmena Ortega, cronometrador. Sen xogadoras amonestadas nin nas locais, nin nas visitantes.
INCIDENCIAS: Centro de Patinaje Las Rozas. Partido correspondente á sétima xornada da Ok Liga Feminina de Hoquei sobre patíns.

MIRA AQUÍ O PARTIDO CP LAS ROZAS VS HC BORBOLLA

Etiquetas CP Las RozasFernanda MuñozGIULIA GALEASSIHC BorbollahoqueiLAS ROZASSanti Martínez
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

HC Coruña Feminino / HCCF TW

O HC Coruña Feminino empezou a adestrar ás ordes de Stanis García

por Redacción As Nosas
05/09/2023
0

  Co arranque de setembro empeza tamén o traballo de pretempada para o HC Coruña Feminino. O equipo coruñés, que...

Fernanda Muñoz, Ari Escalas e Mar Franci / HC CORUÑA

Coa fichaxe de Fernanda Muñoz o HC Coruña suma a súa décima xogadora

por Redacción As Nosas
09/08/2023
0

  O HC Coruña vén de facer pública unha nova fichaxe. Trátase da internacional chilena Fernanda Muñoz. A deportista chega...

Stanis García, Luchy Paz, Gaete, Garrote, Caretta e Martín, coa camiseta do HC Deportivo Liceo na Ok Liga Iberdrola/ SABELA MOSCOSO

O HC Coruña xa ten primeiro rival na Ok Liga Iberdrola 2023-24

por Silvia Carregal
27/07/2023
0

  O calendario da Ok Liga Iberdrola 2023-24 coloca o debut do HC Coruña como local e recibindo ao Cerdanyola...

Anna Bulló coa camiseta do CP Manlleu no Pazo dos Deportes de Riazor / SABELA MOSCOSO

Anna Bulló, primeira fichaxe do Hockey Club Coruña Feminino

por Redacción As Nosas
10/06/2023
0

  Anna Bulló é a primeira fichaxe do Hockey Club Coruña Feminino. O equipo asumiu a praza na Ok Liga...

María Sanjurjo, xogadora do Hockey Club Deportivo Liceo / SABELA MOSCOSO

María Sanjurjo, convocada pola Selección Española de hóquei para o Europeo

por Redacción As Nosas
16/05/2023
0

  O seleccionador español Ricard Muñoz anunciou a lista de xogadoras convocadas que formarán parte da Selección Española de hóquei...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Susana Rodríguez e a súa guía, Sara Loehr, no Mundial Pontevedra de paratriatlon / FETRI

Prata con sabor amargo para Susana Rodríguez no Mundial de Triatlón Paralímpico de Pontevedra

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Susana Rodríguez e a súa guía, Sara Loehr, no Mundial Pontevedra de paratriatlon / FETRI

Prata con sabor amargo para Susana Rodríguez no Mundial de Triatlón Paralímpico de Pontevedra

25/09/2023
Carreira da Muller 2023 / CONCELLO DA CORUÑA

Máis de cinco mil participantes, na Carreira da Muller da Coruña

25/09/2023
Dépor ABANCA / RCD

Primeira xornada e primeira vitoria con remontada para o Dépor ABANCA (1-2)

10/09/2023
I Xornada Solidaria AFAC / AFAC

O Torneo Solidario da AFAC recada 2.200 litros de leite para a Cocina Económica

10/09/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.