• Que é As Nosas?
  • Quen somos
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Internet 4G Grelo - PUBLICIDADEInternet 4G Grelo - PUBLICIDADEInternet 4G Grelo - PUBLICIDADE
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

A Xunta publica un novo decreto para regular o deporte en Galicia

Crearase unha Oficina de Atención ao Deportista | O obxectivo deste cambio normativo é protexer o sistema deportivo galego e que Galicia conte cunha das normas máis completas e actuais do Estado | Haberá un catálogo de dereitos e obrigas dos axentes deportivos

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
30/09/2020
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
O decreto afectará aos deportistas galegos / XUNTA

Deportistas galegos co presidente da Xunta, Núñez Feijóo, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa / XUNTA

1
COMPARTIDOS
97
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O DOG publica o decreto do deporte de alto nivel, de alto rendemento e de rendemento deportivo de base de Galicia, a nova norma do deporte galego. Segundo explica a Xunta de Galicia, a nosa comunidade dá así “un importante impulso á protección do sistema deportivo do país, convertendo a súa nova norma nunha das máis actuais e completas do Estado”.

Dos 521 deportistas de alto nivel cos que conta Galicia, 212 deles son mulleres. O obxectivo deste cambio normativo autonómico é protexer o sistema deportivo galego. Haberá un catálogo de dereitos e obrigas dos axentes deportivos.

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar o decreto polo que se regula o deporte de alto nivel, de alto rendemento e de rendemento deportivo de base en Galicia. Deste xeito, a norma entrará en vigor aos 20 días naturais desta publicación, substituíndo o anterior decreto que databa de 2004.

Con este decreto, Galicia dá un importante impulso á protección do sistema deportivo do país, convertendo a súa nova norma nunha das mais actuais e completas do Estado. O apoio e á atención integral aos axentes deportivos –coa figura central do deportista- refórzase así neste novo sistema que avanza en recursos, en medidas e en destinatarios.

A nova regulamentación abarca un marco máis garantista e completo, aberto ao conxunto dos axentes deportivos – ademais dos propios deportistas – e atento ás distintas demandas do sector, como é, por exemplo, a fase da retirada competitiva.

No decreto regúlase tamén o rendemento deportivo

O decreto regula o deporte de alto nivel de Galicia é dicir, “á práctica deportiva de interese para a Comunidade Autónoma polo estímulo que supón para o fomento do deporte base, pola súa función representativa da Comunidade Autónoma nas competicións deportivas oficiais do máximo nivel, nacional e internacional, e por estar dirixida á obtención dos máximos resultados”.

Como principal novidade, este decreto regula tamén o alto rendemento deportivo, é dicir: “a práctica deportiva que aínda non pode ser cualificada de alto nivel pero cuxa proxección indica que estará en condicións de selo”; e tamén o rendemento deportivo de base, esto é: “etapa de desenvolvemento e perfeccionamento previa a acadar o alto rendemento deportivo ou o alto nivel”.

Dereitos e obrigas dos axentes deportivos

O novo decreto establece asemade o “catálogo de dereitos e obrigas dos axentes deportivos recoñecidos nas distintas categorías como dereitos de carácter educativo, laboral ou económico que inclúen importantes vantaxes con respecto á norma vixente; así como o procedemento e requisitos establecidos para o recoñecemento de deportistas e tamén a técnicos-adestradores e xuíces-árbitros, como novos colectivos que se incorporan a figura do alto nivel, a través da Comisión Galega de Avaliación do Alto nivel deportivo”.

Maior atención, maiores facilidades

De forma xenérica cabe destacar que a norma publicada “simplifica os procedementos (o recoñecemento poderá solicitarse en calquera momento do ano), modula vixencias (o recoñecemento poderá ser vitalicio en determinados supostos), e, entre outras novidades, prevé supostos de prórroga da condición (inactividade por lesión, supostos de embarazo, nacemento de fillo ou adopción)”, explican desde a Xunta de Galicia.

Cabe tamén salientar o recoñecemento aos centros de alto nivel deportivo e ós núcleos de adestramento especializados. A rigorosidade requirida polos adestramentos e os estilos de vida dos deportistas que participan das mais esixentes competicións, fan necesaria unha rede de centros, instalacións e medios que optimicen os seus esforzos e garantan a súa preparación. Con este fin, o novo decreto resolve a protección destes centros que se consideran agora como de interese deportivo estratéxico para a comunidade.

Entre os centros de adestramento destaca nomeadamente ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva que pasa a recoñecerse como centro de alto nivel.

A creación da Oficina de Atención ao Deportista é tamén unha das novidades máis importantes. A oficina ten por obxectivo ofrecer asesoramento sobre recursos e servizos para o desenvolvemento integral do deportista, durante e despois da carreira deportiva (formación, inserción laboral, conciliación laboral-deportiva e académico-deportiva…). A posta en marcha da oficina correrá a cargo da Fundación Deporte Galego.

Máis de 500 deportistas de alto nivel, 212, mulleres

Galicia conta con 521 deportistas de alto nivel (212 mulleres e 309 homes, sendo 17 deles correspondentes a modalidades de deporte de persoas con discapacidade), o maior número dende o inicio do programa.

Tal e como salientan desde a Xunta, a partir da “entrada en vigor do anterior decreto de alto nivel, no ano 2004, o alto nivel deportivo viviu un desenvolvemento exponencial en Galicia”.

A norma foi “un punto de inflexión nunha política deportiva que se comprometía de forma máis directa co apoio aos deportistas, xunto aos clubs e federacións”.

Apuntan desde a administración autonómica que en desenvolvemento desta norma, “implementáronse as bolsas para os deportistas galegos de alto nivel que anualmente, e dende a súa creación (2005), supuxeron un investimento directo e total de mais de 5.225.000 euros, beneficiando a cerca de 800 deportistas”.

Etiquetas alto nivelcgtddecretodeporte galegonormativaXunta
ComparteChía
Publicidade GRELO - O teu operador galegoPublicidade GRELO - O teu operador galegoPublicidade GRELO - O teu operador galego

Relacionado co tema

Paula Otero, do CN Arteixo / CN ARTEIXO

Paula Otero e Carla Carrón competirán coa Selección Española no Open de Catalunya

por Redacción As Nosas
15/01/2021
0

  Dende o xoves 14 de xaneiro ata o domingo 17, celébrase en Terrassa o Campionato de Natación Open de...

Guías Dxt Galego / XUNTA DE GALICIA

A 4ª guía DXT Galego, para achegarse do modo máis seguro á volta á competición

por Redacción As Nosas
07/01/2021
0

  Grazas a esta aproximación máis segura aos contidos específicos de cada deporte que ven de publicar a Secretaría Xeral...

Deporte Galego / XUNTA DE GALICIA

Ata vinte federacións deportivas galegas presentarán en 2021 informe de auditoría das súas contas anuais

por Redacción As Nosas
06/01/2021
0

  O plan de auditorías 2021-2024 segue o seu curso e desta volta á a quenda de actividades subacuáticas, aeronáutica,...

Foro Profesiónso do Deporte / XUNTA DE GALICIA

A importancia do deporte na economía e a saúde galega, a estudo

por Redacción As Nosas
05/01/2021
0

  Dada a importancia do deporte na economía galega xa se inclúe no Plan Galego de Estatística 2017-2021 o “estudo...

CGTD de Pontevedra / XUNTA

O Celta Atletismo proclámase campión do Campionato de Galicia de combinadas

por Redacción As Nosas
29/12/2020
0

  A pasada fin de semana, do 26 e 27 de decembro, o CGTD de Pontevedra foi o escenario da...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
Benvidas Sal Lence / SABELA MOSCOSO

Cando descobres que o teu cole fixo historia

04/02/2020
Carlos Cantero puido dar minutos a xogadoras moi novas como Yashina Lebron, Paula Hoyuelos e Maite Franco / ENSINO LUGO

Exhibición do Ensino diante do Casademont Zaragoza (88-55)

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Carlos Cantero puido dar minutos a xogadoras moi novas como Yashina Lebron, Paula Hoyuelos e Maite Franco / ENSINO LUGO

Exhibición do Ensino diante do Casademont Zaragoza (88-55)

16/01/2021
Dez asociacións que traballan en prol da inclusión social utilizan na actualidade as instalacións deportivas municipais / CONCELLO DA CORUÑA

O deporte como ferramenta de inclusión social

16/01/2021
Támara Echegoyen e Paula Barceló no Mundial de Geelong / RFEV

Támara Echegoyen e Paula Barceló prepáranse para Tokio en Lanzarote

16/01/2021
HC Borbolla vs Girona, Ok Liga / HOCKEY GLOBAL

O Borbolla viaxa a Girona coa mirada posta na segunda parte da competición

16/01/2021
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.