Tras o éxito das 22 edicións anteriores, preséntase o XXIII Trofeo de Judo Teresa Herrera de Judo que este ano formará parte, de novo, do campionato nacional tras a designación de Galicia como sede pola Real Federación Española de Judo. Este evento será este domingo día 14 de novembro no pavillón municipal do Barrio das Flores a partir das 9.30 horas.
O mes de novembro vén cargado de actividade sobre o tatami na cidade herculina xa que o domingo 28 regresa o clásico da base coruñesa, o Trofeo Miguelito. A cita, que congrega desde hai anos as e os deportistas máis pequenas e pequenos alcanza a súa edición número 33.
Este evento promovido polo Concello da Coruña acolle cada ano a milleiros de deportistas menores de 12 anos no Coliseum da Coruña.
Á presentación do Trofeo Teresa Herrera da modalidade e do Trofeo Miguelito asistiron a concelleira de Deportes, Mónica Martínez, o presidente da Federación Galega de Judo, Mario Muzas, e a subcampioa do mundo Laura Martínez.