• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Baloncesto LF Challenge

Nova vitoria do Celta Femxa Zorka (74-57)

Preocupación pola lesión de Sara Vidal

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
15/12/2025
en LF Challenge, Baloncesto
O Celta Femxa Zorka milita na LF Challenge e está adestrado por Cristina Cantero / CELTA BALONCESTO IG

O Celta Femxa Zorka milita na LF Challenge e está adestrado por Cristina Cantero / CELTA BALONCESTO IG

44
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

O Celta Femxa Zorka sumou a súa décima vitoria consecutiva da tempada fronte ao Domusa Tecnik ISB (74-57), aínda que o triunfo quedou marcado pola preocupación ante a posible lesión de gravidade da súa capitá, Sara Vidal.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Celta Baloncesto Femenino (@celtabaloncestofemenino)

Segundo recolle a crónica de Nano Ameneiro na páxina ofical do club, o Celta Femxa Zorka acadou unha vitoria importante ante o Domusa Teknik (74-57) para continuar na loita pola primeira praza clasificatoria. O partido tivo dúas fases ben diferenciadas: na primeira, o Domusa Tecnik ISB plantouse realmente ben durante o primeiro cuarto, acadando unha diferenza importante. As celestes puxéronse entón o mono de traballo e conseguiron neutralizar e darlle a volta á situación para chegar ao final do encontro cun marcador cómodo.

Cristina Cantero non puido contar de inicio con Martina Vizmanos, reservada de maneira preventiva por motivos físicos, aínda que si formou parte da rolda de quecemento. A posta en escena do conxunto visitante foi boa e, cun xogo moi coral, lograban destacarse no marcador.

Chegaron a acadar ata oito puntos de vantaxe (13-21) no primeiro parcial. Unha primeira acción importante do partido produciuse cando Skaylar Van cometeu a súa segunda falta persoal, que, acompañada dun leve xesto de desaprobación, foi sinalizada cunha falta técnica. Sen a súa americana interior (9 puntos ata ese momento), Domusa Tecnik ISB sentiuse orfo de presenza interior relevante.

O Celta Femxa Zorka xa lograra neutralizar no primeiro cuarto (18-23) o perigo vasco e o partido mantívose durante uns minutos máis baixo o dominio visitante, con acerto desde o exterior. O punto de inflexión no marcador produciuse tras un triplo da ex do Ferrol Geraldynn Leaupepe (29-33 a 5:40).

A partir de aí, as visitantes pecharon de maneira radical o seu fluxo ofensivo e quedaron bloqueadas durante máis de 15 minutos de xogo. As celestes comezaron a alternar defensas e acadaron un parcial de 12-0 que lles permitiu marchar por diante ao descanso (41-35), tal e como recolle a crónica de Nano Ameneiro na páxina ofical do club celeste.

O terceiro cuarto foi un monólogo celeste. As visitantes só lograron anotar catro tiros libres e todo o acerto da primeira metade transformouse en desacerto na segunda. Con ese panorama e cun equipo celeste arrollador, as pupilas de Cristina Cantero acadaron a máxima vantaxe do partido cando estaba a piques de pecharse o terceiro parcial (61-37). Os puntos do Domusa Tecnik ISB neste cuarto chegaron todos desde a liña de tiros libres.

Lesión de Sara Vidal 

É certo que o Domusa Tecnik ISB espertou en certo modo cun mini parcial acumulado entre cuartos de 0-8, pero a falta de oito minutos produciuse a xogada desafortunada que condiciona absolutamente a crónica deste encontro. Sara Vidal recibía un pase ao contraataque e, cun mal xesto no xeonllo dereito, ía ao chan.

Segundo recolle a crónica de Nano Ameneiro na páxina ofical do club celeste a capitá celeste corre o risco de perderse o resto da tempada por unha lesión de gravidade, á espera dun diagnóstico máis preciso. O silencio apoderouse do pavillón e o partido entrou nunha nova dimensión, na que o máis importante estaba na persoa que permanecía sentada na última fila do banco.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Celta Baloncesto Femenino (@celtabaloncestofemenino)

Os minutos foron pasando e unha acción innecesaria de Inés Vieira acendeu ao público ao empurrar, a falta de dous minutos e cunha gran desvantaxe, a Carlota Menéndez nunha entrada a canastra. Con todo o pavillón cos nervios a flor de pel chegouse ao final do encontro, cunha clara vitoria celeste (74-57), pero coa sensación amarga no corpo de ter unha baixa en combate, a da súa referente e capitá do equipo. Tal e como indica a crónica de Nano Ameneiro.

Seguinte parada do Celta na LF Challenge, Barcelona

O Celta Femxa Zorka que adestra Cristina Cantero rematará o ano 2025 en Barcelona. A vindeira semana desprázase á pista do último da clasificación, o C.B. Santfeliuenc, para pechar o ano e gozar dunhas merecidas vacacións. Á espera do diagnóstico de Sara Vidal, o baloncesto volverá a Navia o tres de xaneiro ante o Bosonit de Logroño.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Celta Baloncesto Femenino (@celtabaloncestofemenino)

FICHA TÉCNICA

74) CELTA FEMXA ZORKA: Carlota Menéndez (9), Uxía Rodríguez (3), Andrea Boquete (2), Jessica Kelliher (19), Diana Cabrera (9) —cinco inicial— Deva Bermejo (11), Isabel Cabello (0), Sara Vidal (0), Jiselle Thomas (16) e Paula Salinas (5).

57) DOMUSA TEKNIK ISB: Inês Vieira (10), Sara Iparaguirre (3), Alazne Lizundia (3), Eloise Latotte (6) e Skailar Van (17) —cinco inicial— Barbora Tomancova (2), Montse Gutiérrez (3), Marta Otaegi (0), Geraldynn Leaupepe (9), Jone Azcue (4) e Cristina Villamor (0).

PARCIAIS: (18-23) (23-12) (20-4) (13-18)

EQUIPO ARBITRAL: Javier Gribal Brugada e Diego Fernández Requejo. Sinalaron 16 faltas ao Celta Femxa Zorka e 20 ao Domusa Teknik ISB.

INCIDENCIAS: partido correspondente á 12ª xornada da Liga Femenina Challenge da tempada 25/26, disputado no pavillón municipal de Navia ante 750 espectadores.

  •  Consultar clasificación da LF Challenge 

Declaracións de Cristina Cantero ao final do partido

 

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Celta Baloncesto Femenino (@celtabaloncestofemenino)

Etiquetas baloncestoCelta Femxa ZorkaCristina Cantero
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Ascenso Maristas Coruña á LF Challenge como campioas da LF2 / FEB - JESÚS SÁNCHEZ

O Maristas Coruña ascende á LF Challenge e levanta o trofeo de campión na LF2

por Redacción As Nosas
09/05/2026
0

  Tras a súa vitoria en Girona no encontro de ida, o Maristas Coruña foi capaz de culminar unha tempada...

A concelleira de Deportes de Compostela, Pilar Lueiro, e o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez, visitando Santa Isabel, pavillón que acollerá o estatal de basket 3x3 de clubs U17 / FEGABA

Santiago de Compostela, sede do Campionato de España de Baloncesto 3×3 de clubs U17

por Redacción As Nosas
09/05/2026
0

  A capital galega acollerá do 12 ao 14 de xuño o Campionato de España de Baloncesto 3x3 de clubs...

Na presentación da II Eleas seguen na cancha que terá a Mar Rovira como protagonista participou o presidente da FEGABA, Julio Bernárdez, e a concelleira de Deportes do Concello de Santiago de Compostela, Pilar Lueiro / FEGABA

A psicóloga deportiva Mar Rovira, protagonista da II Xornada “Elas seguen na cancha”

por Redacción As Nosas
05/05/2026
0

Mar Rovira, psicóloga deportiva, autora do informe Basket Girlz e responsable do Departamento de rendemento mental do Rcd Espanyol, Protagonista...

Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

por Redacción As Nosas
22/02/2026
0

Baloncesto do bo e derbi galego. Ese é o cartel do partido que esta tarde (18:00 h, Pazo Municipal dos...

As xogadoras do Baxi Ferrol visitan a iogurtería de Clesa / CLESA

As xogadoras do BAXI Ferrol visitan a fábrica de CLESA e reforzan a histórica relación da marca co baloncesto ferrolán

por Redacción As Nosas
18/02/2026
0

As deportistas do BAXI Ferrol fixeron un percorrido polas instalacións e coñeceron en detalle os procesos de calidade, innovación e...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Iván Vázquez, preparador físico, con Jesús López, presidente, nunha imaxe de arquivo / MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS

Jesús López dimite como presidente do Club Balonmán Atlético Guardés

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Iván Vázquez, preparador físico, con Jesús López, presidente, nunha imaxe de arquivo / MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS

Jesús López dimite como presidente do Club Balonmán Atlético Guardés

04/06/2026
Mecalia Atlético Guardés na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

Mecalia deixa de patrocinar ao Atlético Guardés despois de 18 anos

02/06/2026
Lorena Patiño coa Selección Española / RFEC

A ciclista galega Lorena Patiño competirá coa Selección Española en Romanía

29/05/2026
Trofeo Miguelito de Judo / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña acollerá esta fin de semana unha intensa programación deportiva con citas de referencia en diferentes disciplinas

28/05/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.