• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

Non hai quen quite a Chapela-Wofco do alto da táboa clasificatoria Liga Feminina de traiñeiras

As líderes venceron tamén na III Bandeira Feminina Alicrusa e manteñen a súa condición de invictas

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
23/07/2023
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Traiñeira de Chapela-Wofco / LIGA GALEGA DE TRAIÑEIRAS / LIGA LGT

Traiñeira de Chapela-Wofco / LIGA GALEGA DE TRAIÑEIRAS / LIGA LGT

118
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

As tres embarcacións que lideran as ligas do Trofeo Xunta de Galicia impuxeron este sábado 21 de xullo a súa lei en dous escenarios. Na Pobra do Caramiñal, Ares reencontrouse co triunfo na Liga A e Chapela-Wofco mantivo a súa condición de invicta na Liga Feminina con remonta incluída, mentres que Muros-Esteirana dominou na Liga B exercendo de anfitrioa en Esteiro.

Sen apenas ondas nin vento, as augas do Barbanza acolleron un dobre evento na Pobra do Caramiñal. Ambas regatas disputáronse a seis longos e abriron a contenda as mulleres coa súa sexta xornada da temporada, a III Bandeira Feminina Alicrusa. En dúas quendas lanzadas, na primeira partían Salgado-Perillo, Puebla e Castropol e na segunda Rianxo, Chapela-Wofco , Cesantes-Cefycal e Mugardos-A Cabana Ferrol.

Na primeira manga, as tres embarcacións marcaban tempos similares, aínda que Perillo e Puebla loitaban á par con Castropol aguantando segundos por detrás, ata a cuarta virada. A batalla quedou nese punto en só dúas traiñeiras, un duelo que se levaron as locais de Puebla por segundos con respecto a Perillo, que intentou sen éxito a remontada. Pechou a quenda Castropol.

Chapela-Wofco apretou no último longo para sacarlle o primeiro lugar a Rianxo

Na segunda manga, a igualdade só durou unha virada, momento no que Rianxo e Chapela-Wofco comezaron a distanciarse de Mugardos-A Cabana Ferrol e de Cesantes-Cefycal. As rianxeiras estiveron por diante en todo momento, chegando a contar incluso con 5 segundo de vantaxe, pero no último longo as líderes da traiñeira de Chapela-Wofco sacaron a relucir todo o seu potencial para gañar a III Bandeira Feminina Alicrusa e continuar como invictas. Nerea Cerqueira declaraba ao final da regata que “Rianxo nolo puxo moi complicado, xunto coa das Pontes foi a bandeira que máis nos custou gañar”.

As de Rianxo quedaron sen vitoria pero finalizaron segundas, por diante das súas rivais directas de Mugardos-A Cabana de Ferrol. Cuarta foi Cesantes-Cefycal, que superou con claridade os tempos da manga anterior.

Con esta nova vitoria, as remeiras de Chapela-Wofco continúan no alto de clasificación, suman unha nova bandeira ao seu palmarés e mantéñense invictas nesta tempada.

⏱🏳🚣🏼TEMPOS e CLASIFICACIÓN da III BANDEIRA FEMININA ALICRUSA
Parabéns Club de remo Chapela#LigaF#LGT23#trofeoxuntadegalicia23
Xunta de Galicia
Camino Xacobeo
Deporte Galego
Sputnik Sport
TGM – Toldos Gómez
Salgado Congelados#BeEnergy
💻📸 @difusion_sport pic.twitter.com/hfmWhPpKlZ

— LigaLGT (@Ligalgt) July 22, 2023

A Liga A disputou a XVIII Bandeira Concello de A Pobra

Tralas mulleres, chegou o momento da disputa da novena xornada da Liga A, a XVIII Bandeira Concello de A Pobra. Con dúas quendas lanzadas, na primeira partiron Mecos, Puebla, Cesantes-Rodavigo e Samertolameu-Fandicosta ‘B’ e na segunda Narón, Cabo da Cruz ‘B’, Castropol e Rianxo. Entre as oito, Castropol marcou sempre os mellores parciais, coa filial de Cabo por detrás intentando darlle caza pero sen éxito. De feito, os asturianos acabaron gañando con bastante claridade a súa manga.

Os terceiros tempos foron en todas as viradas para Mecos, que ao igual que Castropol, dominou a primeira manga. Por detrás, as outras embarcacións loitaban en ‘cronos’ similares. Narón facía mellores rexistros, pero a escasos segundos de Rianxo, que pechaba a súa quenda, de Puebla, de Cesantes-Rodavigo e da filial de Meira, que chegaron con esta orde á primeira virada. Unha situación que cambiou por completo a partir do segundo xiro.

Os locais comezaron a perder posicións e os ‘Tercos’, a gañalos. A embarcación de Samertolmaeu-Fandicosta ‘B’ fixo na Pobra a mellor regata da temporada rematando a súa quenda por diante de Cesantes–Rodavigo e de Puebla. Os locais caeron finalmente á última posición. O tempo de Samertolameu non foi mellor que os de Narón, que conseguiu, dentro da igualdade, manterse sempre por diante dos seus rivais de ambas quendas. Tras Narón pechou a quenda Rianxo, que se vía superada pola xa citada Mecos, pero tamén por Samertolameu-Fandicosta ‘B’ e Cesantes-Rodavigo, caendo  undécima posición.

📸Xa podes as fotos da XVIII BANDEIRA CONCELLO DE A POBRA #LigaA#LGT23#trofeoxuntadegalicia23
Xunta de Galicia
Deporte Galego
Sputnik Sport
TGM – Toldos Gómez
Salgado Congelados#BeEnergy
💻📸 @difusionProsport pic.twitter.com/2Y06LT2veJ

— LigaLGT (@Ligalgt) July 22, 2023

Na quenda de honra partiron os catro favoritos: Chapela-Wofco, Bueu-Simei, Ares e Tirán-Pereira. Como nos teñen acostumados, as catro embarcacións chegaron á par á primeira virada cos da Maruxía un segundo por diante, pero a igualdade habitual desapareceu na Pobra coa gran regata de Ares.

A partir do segundo longo, os líderes comezaron a coller vantaxe e a deixar aos seus rivais a 7” no caso da Maruxía, a 14 aos da Arealonga e a 20 aos da Mar do Con. O tempo dos de Moaña, de feito era inferior ao de Castropol, co que Tirán tivo que competir en todo momento pendente de dúas quendas.

As diferencias apenas cambiaron ata o final e Ares certificou a súa cuarta vitoria da temporada. Bueu-Simei foi segundo aínda que Chapela Wofco apertou ao final para intentar conseguir a segunda posición. Pechou Tirán, que finalmente superou a Castropol por 57 centésimas.

A nota negativa da xornada chegou tralo final da regata. Segundo informan desde a LGT, a embarcación de Chapela-Wofco achegouse ao porto sen autorización arbitral cometendo unha infracción contra o código de regatas da FER sobre o control de pesaxe, un erro que deixou aos da Arealonga fora de regata.

Con este resultado Ares mantén o liderado a cinco puntos de Bueu-Simei, a 10 de Tirán-Pereira e deixa a Chapela-Wofco e a Castropol case sen opcións a 24 puntos.

Muros – Esteirana vence diante do seu público na Liga B

Todo saíu a pedir de boca para Muros-Esteirana como local. A embarcación que lidera a Liga B impúxose diante dos seus afeccionados na 16ª Bandeira Concello de Muros celebrada en Esteiro, un triunfo que lle permite ampliar a dous puntos a súa vantaxe respecto a Mugardos- A Cabana Ferrol no máis alto da clasificacións xeral. As tres traiñeiras que remaron na quenda de honra marcaron os mellores tempos na cuarta xornada puntuable para a segunda división masculina.

📷 xa podedes ver as fotos previas á XVI BANDEIRA CONCELLO DE MUROS#LigaB#trofeoxuntadegalicia23
Xunta de Galicia
Deporte Galego
Sputnik Sport
TGM – Toldos Gómez
Salgado Congelados#BeEnergy
📷 @difusion_sport pic.twitter.com/Flspfl8j51

— LigaLGT (@Ligalgt) July 22, 2023

No primeiro dos catro longos, os anfitrións e a súa principal rival na táboa da Liga marcaron o mesmo rexistro. Muros-Esteirana virou mellor que Mugardas-A Cabana Ferrol e a partir de aí desnivelou o pulso. A diferenza no ecuador da regata alcanzou os 9” e na liña de meta o conxunto local obtivo cunha marxe de 21” a súa terceira vitoria consecutiva. Sen poder achegarse ás súas compañeiras de quenda, Amegrove centrouse en mellorar o tempo establecido por Chapela -Wofco ‘B’, a gañadora da primeira serie. Malia comezar o último parcial con 8” de colchón, A Pabliño estivo a piques de perder a terceira posición, pero a conservou por 2”.

A filial de Chapela-Wofco ocupou a cuarta praza na bandeira logo de dominar con autoridade a súa quenda. Riveira, que concluíu o segundo longo a 3” dos redondeláns, descolgouse definitivamente no terceiro parcial, virando a 9”, e acabaría perdendo 21” na meta. A clasificación da xornada pechouna Salgado-Perillo, lonxe dende a primeira referencia das dúas traiñeiras coas que compartiu serie.

Etiquetas Chapela WofcoLiga Galega de TraiñeirasLiga LGTremotraiñeira
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Regata de barco dragón no Nautical Festival 2025 na Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña acolle este sábado a Regata de Dragóns, enmarcada no Nautical Festival 2025

por Redacción As Nosas
24/10/2025
0

  Este sábado A Coruña volverá situarse no mapa nacional da náutica coa II edición da Regata de Dragóns, que...

A tripulación do Chapela - Wofco recibindo a bandeira da Liga Galega feminina de Traiñeiras / LGT

Chapela – Wofco e Cabana Ferrol recibiron as bandeiras da Liga Galega de Traiñeiras 2025

por Redacción As Nosas
08/10/2025
0

A temporada 2025 da Liga Galega de Traiñeiras pechouse oficialmente no acto celebrado no Centro Galego de Tecnificación Deportiva en...

VII Trofeo Teresa Herrera - 4ª Bandeira feminina de Traiñeiras / @RAULFC_FILM

A Coruña acolle esta fin de semana a 39.ª Bandeira Teresa Herrera, unha das probas clásicas da bahía coruñesa e broche final das festas da cidade

por Redacción As Nosas
25/08/2025
0

  A cidade da Coruña acolle esta fin de semana a 39.ª edición da Bandeira Teresa Herrera de traiñeiras, unha...

As veteranas do Club Remo Puebla, pregoeiras das festas / CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL

“A idade é só un número, nunca un obstáculo”, as veteranas do Club Remo Puebla dan o pistoletazo de saída ás festas do Carme dos Pincheiros dando o pregón

por Redacción As Nosas
15/08/2025
0

  As Veteranas do Club Remo Puebla asumiron este ano o pregón das festas da Pobra do Caramiñal. As remeiras,...

Presentación das festas do Carme dos Pincheiros nas que darán o pregón as veteráns do Club de Remo Puebla / CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL

As veteráns do Club Remo Puebla darán o pregón das festas do Carme dos Pincheiros

por Redacción As Nosas
28/07/2025
0

  As remeiras veteráns do Club de Remo Puebla foron elixidas para ser pregoeiras das festas do Carme dos Pincheiros...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Futsi Atlético Navalcarnero vs Poio Pescamar nas semifinais polo título de Liga / RFEF

Segundo asalto do Poio Pescamar nas semifinais polo título de liga

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Futsi Atlético Navalcarnero vs Poio Pescamar nas semifinais polo título de Liga / RFEF

Segundo asalto do Poio Pescamar nas semifinais polo título de liga

12/06/2026
Podio feminino da Copa de clubs máster galega 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Balaídos acolle este domingo o galego máster de atletismo

11/06/2026
Rocío González Valcarce xoga no C.D. Calasanz en F11, no Viaxes Amarelle FSF e ten sido convocada coa Selección Galega e Selección Española de fútbol sala

Rocío González Valcarcel, derrubando barreiras no camiño cara ao seu soño

11/06/2026
Día do deporte na rúa a Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

O Día do Deporte na Rúa da Coruña reunirá a preto de 90 clubs

11/06/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.