• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Baloncesto Liga Feminina 2 Basket

Non hai quen pare ao Baxi Ferrol

O Osés Construcción Ardoi plantoulle cara ás ferrolás, e logrou o resultado máis axustado da tempada, aínda que non a vitoria

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
30/11/2020
en Baloncesto, Liga Feminina 2 Basket
Ardoi-Baxi Ferrol / BAXI FERROL

O Ardoi plantoulle cara ao Baxi na novena xornada de LF2 / BAXI FERROL

96
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Os puntos non deixan de chegar ao casilleiro ferrolá. Nove partidos e nove vitorias sitúan ao Baxi Ferrol na primeira posición da Liga Feminina 2, como líder indiscutible da categoría. O último triunfo, fronte ao Ouses Construciones Fundación Navarra Baloncesto Ardoi, cun 58-68 na casa das navarras.

Neste Baxi de éxitos, o normal é que as galegas se impoñan ao rival con máis de 90 puntos ao seu favor. Así foi en seis das nove xornadas disputadas, con resultados sempre moi abultados que daban a vitoria ao equipo ferrolán, claramente superior.

O Ardoi puxo en apuros ao Baxi

Pero non foi así fronte ao Ardoi. O equipo navarro logrou frear por momentos ao líder da categoría, nun partido moi disputado. O rival desta xornada para o cadro dirixido por Lino López chegaba pisando forte desde a terceira posición. Con só unha derrota, as navarras acumulaban 13 puntos cun partido menos por disputar.

Así, o encontro correspondente á novena xornada comezou co conxunto local adiantándose no marcador, ata lograr un inquietante 10-0 en contra das ferrolás. A diferenza no electrónico aumentou a medida que pasaban os minutos e, con cinco faltas persoales entre as xogadoras de Lino López, o adestrador decidiu facer cambios no quinteto titular aos seis minutos.

Ardoi-Baxi Ferrol / BAXI FERROL
Ardoi – Baxi Ferrol / BAXI FERROL

A reacción non foi suficiente para remontar o resultado no primeiro cuarto, que rematou cun 22-16. No segundo parcial, as visitantes centráronse na defensa, que logrou parar o xogo navarro e que o Baxi se colocase por primeira vez por diante, no minuto 17, grazas a un triple de Patri Cabrera. Desta forma, o resultado inclinábase xa a favor das de Lino López, cun 31-39.

Tras o paso por vestiarios, o conxunto ferrolán seguiu levando a iniciativa no marcador, aínda que non estivo tan acertado no ataque, con problemas á hora de finalizar as xogadas. As locais aproveitaron os erros do seu rival e lograron un empate a falta de dez minutos de partido.

No último cuarto, as baloncestistas de Ferrol melloraron o seu xogo tanto en ataque como en defensa e adiantáronse grazas a dous triples consecutivos. Desde ese momento, o equipo mostrouse máis sólido e dominou o duelo logrando unha vitoria cunha diferenza final de dez puntos.

Por primeira vez na tempada, o resultado dun encontro do Baxi Ferrol remata cunha diferenza inferior a 34 puntos. Con todo, o bo xogo do Ardoi non bastou para vencer e, de novo, os dous puntos engadíronse ao casilleiro ferrolán.

Final del partido en Zizur Mayor. Y sí, así también da gusto ganar.

Osés Construcción @FNBardoi 58
BAXI Ferrol 68#DISFRUTARdelCAMINO #LF2 pic.twitter.com/iYST1KQCXH

— Baxi Ferrol (@UniFerrol) November 29, 2020

Ademais da vitoria, o Baxi Ferrol tamén celebrou dous fitos para dúas das súas xogadoras. Con este encontro, a capitá Patri Cabrera sumou 300 partidos disputados na competición da FEB, mentres que Irene Gari chegou ao seu encontro 150º. Cabrera foi ademais a xogadora máis destacada do conxunto ferrolán, con 17 créditos de valoración, e a máxima anotadora do encontro con 21 puntos.

Seguiuna de preto Jenna Linn Allen, con 16 puntos valorativos, 10 tantos anotados e seis rebotes. Aínda así, a MVP quedou no bando local, cos 21 puntos de valoración que logrou Amaya Gastaminza, cos seus 16 tantos anotados e sete rebotes.

FICHA TÉCNICA

58) OSÉS CONSTRUCCIÓN ARDOI: María Cabrera (9), Amaya Gastaminza (16), Tamara Montero (10), Iranzu Echeverría (4), Itziar Arregui (9)- quinteto inicial – Tamén xogaron: Eva Cases (8), Alazne Vicente (-), Deborah Atelaa (2) e Andrea Tollar (-).

68) BAXI FERROL:  Laura Fernández (2), Irene Gari Gilabert (7), Geraldynn Leaupepe (4), María Anniina Ijanen (2), Jenna Allen (10) – quinteto inicial – Tamén xogaron:  Patricia Cabrera (21), Julieta Mungo (3), Patricia Benet (2), Natalia Rodríguez Domínguez (-), Andrea Boquete (11) e Sune Swart (6)

PARCIAIS: 22-16, 9-23, 17-7 e 10-22.

ÁRBITROS: Alejandro Benavente e Diego Núñez.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á novena xornada da LF2 disputado no pavillón municipal Zizur Mayor, en Navarra.

Etiquetas baloncestobasketBaxi FerrolFEBFerrolIrene GaríJenna Linn AllenLF2liga feminina 2Lino LópezOsés Construcción ArdoiPatri Cabrera
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A galega Paula Ginzo coa Selección Española na final do Eurobasket 23 contra Bélxica / FEB

Tres galegas, na convocatoria da Selección Española de baloncesto do vigués Miguel Méndez para preparar a Copa do Mundo

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

O técnico vigues Miguel Méndez, actual adestrador da Selección Española Absoluta feminina de baloncesto, convocou a 21 xogadoras para preparar...

Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

A Federación Galega de Baloncesto (FEGABA) comunica que a primeira parada do circuíto “3x3 URBAN – Deputación de Pontevedra”, prevista inicialmente para esta...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

O baloncesto pode ser unha das disciplinas beneficiarias da plataforma Terra Move / SABELA MOSCOSO

Queres arbitrar baloncesto? o CGAB abre a inscripción dos Cursos de Iniciación 2026-2027

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

A  Federación Galega de Baloncesto (FEGABA), a través do Comité Galego de Árbitros de Baloncesto (CGAB), abre o prazo de inscrición para os...

Ascenso Maristas Coruña á LF Challenge como campioas da LF2 / FEB - JESÚS SÁNCHEZ

O Maristas Coruña ascende á LF Challenge e levanta o trofeo de campión na LF2

por Redacción As Nosas
09/05/2026
0

  Tras a súa vitoria en Girona no encontro de ida, o Maristas Coruña foi capaz de culminar unha tempada...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.