Noemí Uzal confía nas posibilidades e no traballo do HC Deportivo Liceo. Na previa do encontro que esta noite enfrontará ás liceístas con Cerdanyola HC apuntaba que este desprazamento do conxunto galego é a “unha das pistas máis complicadas da Ok Liga. O ano pasado quedaron cuartas e ten xogadoras top. A semana pasada demostramos ante Telecable HC que podemos competir de ti a ti con calquera equipo, pero para poder ter opcións todo pasa por que fagamos unha defensa forte e dura, e que non cometamos erros que cometemos noutros partidos”.
Sobre as rivais, di Noemí Uzal que as xogadoras do Cerdanyola CH “fan unha presión alta, moi arriba. Se estamos acertadas creo que poderemos sacar algo positivo do partido, competir e estar vivas até o final.
Noemí Uzal declaraba na previa do choque co conxunto catalán: “Se estamos acertadas creo que poderemos sacar algo positivo do partido, competir e estar vivas até o final.
Na opinión da delegada e adestradora do equipo mentres non se incorpora Stanis García, o bloque do HC Deportivo Liceo vai “con toda ilusión e as ganas de ofrecer un xogo bastante vertical e de traernos ese tres puntos que xa nos tocan por como estamos a competir e como estamos a traballar. Hai que demostrar na pista como estamos a traballar e o esforzo que as xogadoras están a facer”.
Ver esta publicación en Instagram