Históricos resultados os obtidos polos equipos españois de Loita Praia no 2º Ranking Series Mundias da modalidade. Na selección estatal española houbo varios galegos. Cabe significar a prata obtida por Noelia Lalín na categoría de 70kg.
Nos resultados por equipos, España foi 2ª en categoría feminina e 3ª en categoría masculina. A cita tivo lugar esta fin de semana na praia de Silgar en Sanxenxo (Pontevedra), segundo informa a Federación Galega de Loita (FEGALOITA).

Prata para para Noelia Lalín
A loitadora galega Noelia Lalín Canda, do Club Keltoi de Vila de Cruces), foi a gran triunfadora dos representantes estatais e galegos ao conseguir a medalla de prata na categoría de +70 kg. Noelia Lalín venceu os tres combates previos á súa final. Foi nese tramo definitivo da competición onde Noelia Lalín caeu derrotada fronte á loitadora ucraína Liudmyla Pavlovets Tychyna, que é a raíña deste peso.
Pola súa parte, a loitadora pontevedresa Lydia Pérez Touriño, cedeu no último segundo o seu combate de pase á final fronte a ucraína Yuliia Kremezna Malyk, que finalmente foi a campioa. Deste xeito Lydia Pérez Touriño quedó relegada á loita pola medalla de bronce. A galega fíxose co metal frante a outra representante ucraína, Olena Nikitinska.

Este mércores Lydia Pérez Touriño vai viaxar aos Juegos del Mediterráneo que terán lugar en Orán (Arxelia), como integrante da Selección Española de Loitas Olímpicas logo do seu bo debut na loita praia.
Pola súa parte, Cora Ayude Pallas da Escuela Ayude de Santiso, deu a sorpresa ao vencer na primeira xornada da competción á rumana e actual campioa do mundo de loita praia, Catalina Axente. En semifinais, Cora Ayude caeu derrotada precisamente ante a galega Noelia Lalín quen, como apuntamos previamente, rematou a competición como segunda. Na loita pola medalla de bronce, Cora Ayude non puido coa campioa Liudmyla Pavlovets Tychyna de Ucraína.
Resultados dos galegos e españois nesta cita de loita praia
O loitador galego Pablo García García, clasificouse para as semifinais na fase de grupos e rematou caendo nesa fase da competición ante o loitador andaluz Mohammad Motaghinia, que foi subcampión en -80kg. Na loita polo bronce Pablo García García non foi quen de superar ao georgiano Nika Kentchadze.Seguindo coa representación española, a deportista Cristina Andújar, de Valencia, caeu na final ante Stefania Claudia Priceputu (ROU). Pola súa parte, a madrileña María Victoria Baez Dilone gañou a súa loita polo bronce diante da lusa Ana Carina Paulos Pereira.

O asturiano Carlos Álvarez que competía en -70kg, non conseguíu entrar na loita polos metais pero si levou o premio ao derribo máis espectacular nas categorías masculinas. Tamén entre os homes do equipo español, o madrileño Carlos Acebrón (-90kg), colgouse o bronce do pescozo ao vencer ao francés Samba Diong. Caeu na fase de grupos contra TUR e GEO. O canario David Antonio Hernández Arteaga (-90 kg) finalizou en 4º lugar ao vencer ao francés Mathis Damien Leon Mayrand e antes caer na fase de grupos contra AZE e os dous deportistas de GEO.
Seleccionador e xuíces, támén galegos
O seleccionador de Loita Praia, o galego Marcos Miragaya Lama (Vilalba, 1986), amosouse entusiasmado co potencial deste equipo.
Tamén houbo representación galega no colexio de árbitros con Marcos Araujo, Daniel Fernández, Verónica Pérez e Jorge Garrido, sendo a comunidade galega a que contou con maior representación de deportistas e xuíces nesta cita deportiva.
Ver esta publicación en Instagram