• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Voleibol Liga Iberdrola Volei

A internacional neerlandesa Anneclaire Ter Brugge, nova oposta do CV Arenal Emevé

Destaca pola súa potencia ofensiva, a súa capacidade de salto e a súa contundencia en ataque desde zona dúas

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
18/06/2025
en Liga Iberdrola Volei, Voleibol
Anneclaire Ter Brugge / CV ARENAL EMEVÉ

Anneclaire Ter Brugge / CV ARENAL EMEVÉ

43
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • Con experiencia en ligas tan potentes como a italiana, a polaca ou a romanesa, Anneclaire Ter Brugge chega a Lugo tras o seu paso polo VC Zwolle de Países Baixos.
  • “É unha xogadora cunha traxectoria contrastada a pesar da súa mocidade, cun físico poderoso e unha mentalidade competitiva que encaixa no noso proxecto”, sinala Andrés Hurtado

O CV Arenal Emevé incorpora ao seu primeiro equipo á internacional neerlandesa Anneclaire Ter Brugge, unha oposta de gran potencia ofensiva e ampla experiencia internacional a pesar da súa mocidade. Nada en 2002 e con 1,86 metros de altura, destaca pola súa capacidade para liderar o ataque desde segunda liña, a súa explosividad no salto e a súa potencia de golpeo, alcanzando unha altura de remate (spike) de 313 cm.

Formada inicialmente como central nos Países Baixos, Anneclaire evolucionou con rapidez cara ao posto de oposta grazas á súa agresividade en ataque, a súa habilidade co balón e a súa capacidade para asumir responsabilidades en equipos de alto nivel. Na súa traxectoria figuran pasos por algunhas das ligas máis esixentes do voleibol europeo e americano, como a Serie A1 italiana, a Tauron Liga polaca, a liga romanesa ou a liga profesional de Porto Rico, ademais de disputar competicións europeas como a Champions League e a Challenge Cup.

Anneclaire Ter Brugge / CV ARENAL EMEVÉ
Anneclaire Ter Brugge / CV ARENAL EMEVÉ

Durante a tempada 2023/24, militou en varios equipos internacionais de primeiro nivel: Alba Blaj en Romanía —co que disputou a Champions e conquistou a Supercopa—, Changas de Naranjito en Porto Rico, e o San Bernardo Cuneo na máxima categoría do voleibol italiano. Na campaña anterior xogou en Polonia con OnlyBio Pałac Bydgoszcz, e anteriormente no seu país con Eurosped e VC Zwolle, equipo do que procede.

Hurtado salienta de Anneclaire Ter Brugge o seu golpeo potente

“Anneclaire Ter Brugge é unha xogadora cunha traxectoria contrastada a pesar da súa mocidade, cun físico poderoso e unha mentalidade competitiva que encaixa no noso proxecto”, explica Andrés Hurtado, director de vóley do CV Arenal Emevé . “Ten unha capacidade de ataque moi alta, cun golpeo potente e bos recursos técnicos. Ademais, achéganos esa mestura entre experiencia internacional e fame de seguir crecendo nunha contorna esixente como a liga Iberdrola”.

Desde o club valórase especialmente a súa adaptación a distintas culturas deportivas e a súa capacidade para render en contextos de alta esixencia. “Chega co reto de afrontar a súa primeira experiencia en España e de converterse nunha peza importante dentro do equipo. Por perfil, encaixa no que buscamos: unha oposta potente, sólida en ataque, con percorrido e personalidade na pista”, conclúe Hurtado.

Anneclaire Ter Brugge convértese así na segunda fichaxe anunciada polo CV Arenal Emevé para a tempada 2025/26, tras a incorporación da internacional española Amelia Porteiro. Ambas estarán ás ordes de Alberto Chaparro, novo técnico do equipo lucense para a sexta tempada consecutiva do equipo na liga Iberdola.

Etiquetas Alberto ChaparroAndrés HurtadoAnnecaire Ter Bruggevolei
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

O CV Arenal Emevé de Lugo milita na Liga Iberdrola / CV EMEVE IG

Triunfo do CV Arenal Emevé 3-2 ante o CV Sayre

por Redacción As Nosas
26/11/2025
0

Na Liga Iberdrola, o CV Arenal Emevé conseguiu unha xustada vitoria por 3-2 ante o CV Sayre Centro C. La...

As xogadoras do CV Zalaeta da SLF2 de voleibol súmanse á campaña NON á Violencia de Xénero da Xunta de Galicia / CV ZALAETA IG

SLF2 | Vitoria do Aceites Abril (3-0) e derrota do CV Zalaeta (0-3)

por Redacción As Nosas
26/11/2025
0

Os conxuntos galegos que compiten na Superliga 2 (SLF2) afrontan a tempada dende perspectivas moi diferentes. Aínda que non está...

CV Arenal Emevé vs JCV JAV Olímpico Gran Canaria / RFEVB.COM

Tres sets foron abondo para que o CV Arenal Emevé superase ao Emalsa Gran Canaria

por Redacción As Nosas
26/10/2025
0

O CV Arenal Emevé: de David a un Ciclón que levou por diante ao Goliat Emalsa Gran Canaria. O conxunto...

Aceites Abril Voleyourense vs Madrid Chamberí na SLF2 / VOLEYOURENSE

O Aceites Abril Voleyourense non pode vencer na súa estrea na casa e perde co Madrid Chamberí 0-3

por Redacción As Nosas
12/10/2025
0

O Aceites Abril Voleyourense non puido sumar no seu primeiro partido como local da tempada e caeu por 0-3 diante...

CV Zalaeta vs Extremadura Arroyo na SLF2 / RFEV

O Zalaeta agasalla a súa afección cunha rotunda vitoria no seu debut en casa

por Redacción As Nosas
12/10/2025
0

Segunda xornada desta nova tempada da Superliga Feminina 2, e segunda vitoria para o equipo que dirixe Jorge Barrero. As...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.