O CB Arxil continúa coa súa folla de ruta para confeccionar o equipo co que a próxima tempada militará na LF2. A primeira en renovar foi Natalia López. As de Pontevedra tentan formar un equipo que poida pelexar por estar nos postos que dean opción a loitar por estar arriba ao final da tempada 2020-2021.
O plan repite o guión da tempada pasada, e para a secretaría técnica o primeiro é pechar a plantilla das xogadoras nacionais, sobre as que ten que recaer boa parte da responsabilidade da tempada e tirar do carro cando se necesite.
Neste sentido, o club anunciou a renovación da primeira xogador, Natalia López. A leonesa lesionouse de gravidade a comezos do pasado no partido que o CB Arxil disputou ene a terceira xornada en Avilés fronte ao Adba. Natalia rompeu o ligamento cruzado anterior no seu xeonllo , e tras pasar polo quirófano iniciou o seu proceso de recuperación, polo que poderá comezar a tempada con absoluta normalidade.
Unha lesión marcou a pasada tempada para Natalia López
Antes da súa lesión, a escolta xogara un total de tres partidos cunha media de 22 minutos, 6 puntos, 1,7 asistencias e 2,3 rebotes. Para Maite Méndez, adestradora do CB Arxil, Natalia López é “unha aposta de calidade tanto como xogadora como persoa”.
Natalia López “é unha xogadora con ampla experiencia, xogando dúas tempada en Movistar Estudiantes e Seis en Aros de León. Non tardou en callar na súa chegada a Vigo, pero esa inoportuna lesión cortou unha tempada brillante”, indican desde o club de Pontevedra.