• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Sobre rodas Ciclismo

Nace o evento cicloturista Manzaneda Gran Fondo

O vindeiro 3 de setembro celebrarase a primeira edición desta marcha organizada pola Federación Ciclismo Galego | Pódese elixir entre dúas distancias e as inscricións, con descontos, xa están abertas

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
06/05/2023
en Máis Deporte, Ciclismo, Sobre rodas
Cartel Manzaneda Gran Fondo / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO

Cartel Manzaneda Gran Fondo / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO

519
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Rodar, explorar e desfrutar. Os tres conceptos máis valorados polo pelotón cicloturista danse a man na cita que o vindeiro 3 de setembro se estreará na provincia de Ourense. Chega a primeira edición da Manzaneda Gran Fondo, o evento ideado pola Federación Ciclismo Galego e que responde aos desexos de calquera amante da bicicleta.

As categorías desta cita son as seguintes: Sub23 Fem., Sub23, Master 60 Fem., Master 60, Master 50 Fem., Master 50, Master 40 Fem., Master 40, Master 30 Fem., Master 30, Junior Fem., Junior, Élite UCI, Élite Fem., Élite, Cicloturismo

Esta proposta deportiva e de lecer ofrece dúas distancias para todas as persoas interesadas en pedalear a través das paisaxes naturais das comarcas de Terras de Trives e Caldelas.

A Manzaneda Gran Fondo non é unha competición e moverase controlada por un dispositivo que garantirá a seguridade. Iso si, cada ciclista poderá poñerse a proba elixindo o ritmo que máis lle conveña no treito libre das subidas finais.

“Os dous percorridos arrancan dende a Estación de Montaña de Manzaneda e comparten as ascensións do Alto de Cedeira e do Suspiazo, así como o avituallamento de Chandrexa de Queixa, antes de separarse. O Gran Fondo alcanza os 127 quilómetros e o Medio Fondo, os 88 km. Tanto nunha como outra opción a liña de meta estará situada no cumio de Cabeza de Manzaneda”, explican desde a Federación Ciclismo Galego.

A última subida que se afrontará no Gran Fondo, despois do avituallamento de Manzaneda, ten unha lonxitude de 17,5 km e un desnivel medio do 6,3%. Os derradeiros 7 km son compartidos, pero no Medio Fondo o treito inicial desa ascensión é menos esixente, polo que os 16,8 km das ramplas que conducen ata a meta quedan nun 3,4% de pendente media.

Estes dous trazados do Manzaneda Gran Fondo, adaptados ao estado físico e á motivación de cada participante, transcorren por un total de sete concellos. Pobra de Trives, San Xoán de Río, Castro Caldelas, A Teixeira, Montederramo, Chandrexa de Queixa e Manzaneda apostan por esta iniciativa cicloturista que non sería posible sen o apoio da Estación de Montaña de Manzaneda, da Xunta de Galicia, de Deporte Galego e da Deputación de Ourense. Un proxecto en común que chegou para quedarse.

Inscricións e chaleco oficial do Manzaneda Gran Fondo

“O prazo para reservar dorsal e estar presente o domingo 3 de setembro, ás 10:00 horas, na liña de saída xa se abriu e comeza con descontos. As 100 primeiras inscricións poden aproveitar o prezo súper reducido de 15 euros, para as 100 seguintes a tarifa é de 20 euros e a partir da 200 queda fixada en 25 euros. No caso das e dos ciclistas non federados deberán abonar 10 euros máis”, informan desde a Federación Ciclismo Galego.

“Outra promoción en marcha ten data de finalización. Ata o 15 de xullo existirá a opción de comprar o chaleco oficial, deseñado por OTTOBOSLEY, a un prezo de 22 euros”, contan tamén da Federación Ciclismo Galego.

Oferta de aloxamento

A Estación de Montaña de Manzaneda festexa o debut deste Gran Fondo ofrecendo prezos especiais para aloxarse. As persoa participantes poden aproveitarse das seguintes tarifas que comunica a Federación Ciclismo Galego:

  • Apartamento 2 Pax…..70 euros/noite
  • Apartamento 4 Pax…..120 euros/noite
  • Apartamento 7 Pax…..190 euros/noite
  • Opción en Media Pensión…..+20 euros

Esta oferta inclúe piscina ou spa durante unha hora e lavabicicletas. As reservas realízanse chamando ao númerto de teléfono 988 30 90 90.

  • Máis información e inscricións do Manzaneda Gran Fondo, nesta ligazón

 

Etiquetas ciclismocicloturismoFederación Ciclismo Galego
Comparte2Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Campionato de Galicia BTT Resistencia / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO - LUZ IGLESIAS

Lara Lois e Ángel Maneiro aumentan a súa colección de títulos galegos co de BTT Resistencia

por Redacción As Nosas
16/02/2026
0

Lara Lois foi a única muller que sumou nove voltas. A ciclista do Xesteiras ten gañado os campionatos de Galicia...

Lorena Patiño no podio / RFEC - LUZ IGLESIAS

Lorena Patiño acada o 2.º ouro da Selección Galega no Campionato de España de Ciclocrós

por Redacción As Nosas
11/01/2026
0

O Campionato de España de Ciclocrós 2026 pechouse este domingo con catro carreiras e en todas elas houbo presenza galega...

Laura Mira, na Copa Galicia de ciclocrós / LUZ IGLESIAS

Coñece o calendario das 10 probas da Copa Galicia de Ciclocrós vén pedindo paso coa chegada do outono

por Redacción As Nosas
02/10/2025
0

  O outono vén de comezar e o ciclocrós comeza a pedir a paso. A conta atrás para o inicio...

Xornada de Tecnificación da Federación Ciclismo Galego en Miño da que saíu a lista da Selección Galega / FCG

Unha ducia de riders compoñen a Selección Galega para o Campionato de España de Pump Track en Monzón

por Redacción As Nosas
01/10/2025
0

  Doce riders representarán á Selección Galega o 11 de outubro no Campionato de España de Pump Track que este ano...

Alejandra Neira co resto da Selección Española junior ciclismo composta polas corredoras Paula Ostiz, Lidia Castro, Leyre Almena e Irati Aranguren maila seleccionadora Gemma Pascual / FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE CICLISMO

A junior Alejandra Neira amosa un gran nivel no Mundial de Kigali sendo debutante

por Redacción As Nosas
30/09/2025
0

  Un Mundial dos máis esixentes da historia confirmou que o ciclismo galego pode presumir de ter a dúas das...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.