Esta fin de semana o Pescados Rubén Burela xogaba co Móstoles FSF un partido da Primeira División de Fútbol Sala Feminino. O resultado de empate 3-3 acabou sendo o de menos. As Guerreiras Laranxas disputaron o partido con máscaras FFP2 debido a que as rivais non fixeran os test para detectar a COVID-19.
As galegas, como sinal de protesta plantáronse e non xogaron o primeiro minuto de xogo. Nese intre as xogadoras do Móstoles FSF viráronse de costas.
O xesto interpretouse coma un rechazo a protesta das da mariña, pero agora o club madrileño explica nun comunicado oficial que reproducimos íntegro os motivos que había tras desa acción que, ao parecer, eran outros ben distintos.
📄 COMUNICADO OFICIAL // FSF MOSTOLES pic.twitter.com/IZR74w1Hur
— FSF Móstoles (@FSFMostoles) November 2, 2020
Desde o club de Móstoles explican nese comunicado oficial que o que levou ás xogadoras a darse a volta foi “un xesto de repulsa” polos “ataques inxustificados cara a nós”, en referencia a mensaxes e chamadas que aseguran ter recibido.
Tamén nese documento amosan o seu “apoio ao club Melilla Sport Capital Torreblanca e as súas xogadoras, ás que por desgraza ao igual que nós, tocoulles sufrir este acoso e derribo por cumplir a normativa”, aseguran.
COMUNICADO OFICIAL // FSF MÓSTOLES