• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
SUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADESUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADESUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADE
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

Mos, Porriño e Salceda renovan as súas infraestruturas deportivas

As actuacións están financiadas pola Secretaría Xeral para o Deporte

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
20/01/2022
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Mos, Porriño e Salceda renovan as súas infraestruturas deportivas / XUNTA

Mos, Porriño e Salceda renovan as súas infraestruturas deportivas / XUNTA

33
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

Os concellos de Mos, Porriño e Salceda de Caselas renovaron as súas infraestruturas deportivas a través do acordo asinado coa Xunta de Galicia mediante a Secretaría Xeral para o Deporte.

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou os tres municipios da comarca de Vigo onde se levaron a cabo obras, que acadaron un presuposto total de máis de 90.000 euros.

Mos

En primeiro lugar, o mandatario galego visitou, da man da alcaldesa Nidia Arévalo, o concello de Mos, onde a pista polideportiva de San Rafael foi obxecto de obras por importe de 20.000 euros (19.986,58 euros), sendo achegados o 88% pola Xunta (17.755,96 euros) e o restante 12% polo concello (2.230,62 euros).

A pista multideporte multifunción para práctica de varios deportes ten unhas dimensións de 22 por 44 metros e está preparada para o xogo ao aire libre para a práctica de fútbol, baloncesto, voleibol e balonmán. Conta con portarías antivandálicas e taboleiros de baloncesto antivandálicos con aros.

Ademais, tamén no Concello de Mos, a Xunta de Galicia asinou outro convenio de cooperación para a adquisición de equipamento para diferentes instalacións municipais por importe doutros 20.000 euros (19.474,66 euros). Do total deste importe, a Xunta achegou o 88% (17.244,04 euros) e o concello o restante 12% (2.230,62 euros).

Grazas á sinatura deste convenio, creáronse dúas salas de ximnasio novas no Campo de Fútbol das Baloutas e no Campo de Fútbol Coto Torrón e, ademais, aumentouse o número das máquinas de exercicio existentes no Ximnasio do Pavillón Óscar Pereiro, así como a mellora e adquisición de novos elementos para a piscina de Mos.

Videomarcadores para Porriño e Salceda

Acompañado polo alcalde do Porriño, Manuel Alejandro Alonso, Lete Lasa visitou a continuación o Pavillón polideportivo municipal, onde Xunta e concello instalaron unha pantalla led deportiva cun orzamento de 25.000 euros, sendo achegados o 80% pola Secretaría Xeral (20.000 euros) e o restante 20% polo concello (5.000 euros).

Lete Lasa destacou a importancia deste vídeo marcador para as principais entidades que utilizan o pavillón como Balonmán Porriño, Baloncesto base Porriño, Patín Porriño, Ximnasia Rítmica Porriño, Kung Fu Porriño así como as Escolas deportivas municipais que suman, en total, preto de 1.300 deportistas (1.298). Do mesmo xeito, secretario xeral e alcalde visitaron outras instalacións deportivas do concello na procura de novas vías de colaboración.

No Concello de Salceda de Caselas, onde visitou o pavillón municipal da man da alcaldesa, Verónica Tourón, o vídeo marcador instalado tivo un custo de 26.335,65 euros, achegados no seu 76% (20.000 euros) pola Xunta e o 24% restante polo concello (6.335,65 euros).

O pavillón municipal de Salceda é utilizado semanalmente por máis de medio milleiro de deportistas (515) das Escolas Deportivas Municipais de Salceda, o CB Caselas ou o BM Caselas entre outros.

O vídeo marcador deportivo LED ten un tamaño duns 10 m2, con tecnoloxía de última xeración para uso en interiores, cunha resolución pixel pitch 4,8 mm e de tecnoloxía led SMD. Conta cun ordenador de control con software específico para procesador led e software específico para uso de marcador; superficie gráfica da pantalla led deportiva de 10 m2; consola deportiva para manexo de marcador; estrutura para fixación da pantalla; bocina; xogo de dous marcadores de posesión, homologados por FIBA e consola de posesión.

Preto de 32.500.000 euros de orzamento deportivo

Neste exercicio 2022, a Secretaría Xeral para o Deporte conta cun orzamento inicial de 32.489.463 euros que sobe lixeiramente sobre o inicial de 2021 (32.474.216 euros).

Deste total, a contía destinada para obras de construción e reforma de infraestrutura deportiva acada os 11,3 millóns de euros, un 24% máis que o destinado en 2021 (9,15 millóns) e que xa ascendera un 118% con respecto a 2020.

Etiquetas #porriñoJosé Ramón Lete LasaLete LasaMosSalcedaSecretaria Xeral para o DeporteXuntaXunta de Galicia
ComparteChía
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

O BM Porriño veu freada a súa boa dinámica cara a salvación ante o Costa del Sol / BM Porriño

O Conservas Orbe Rubensa BM Porriño, a por dous puntos máis cara á salvación

por Redacción As Nosas
14/05/2022
0

  A loita pola salvación pasa polo pavillón do Porriño nesta xornada. Hoxe, sábado, 14 de maio, ás 18:00 no Pavillón...

Lara Lois imponse no novo circuíto XCO do Porriño / LUZ IGLESIAS

Lara Lois imponse no novo circuíto XCO do Porriño

por Redacción As Nosas
20/04/2022
0

  Máis de medio milleiro de bikers estrearon este domingo no Porriño un novo circuíto XCO, onde Lara Lois proclamouse...

O Guardés leva os dous puntos dun derbi de infarto

O Guardés leva os dous puntos dun derbi de infarto

por Diego Andrade
15/04/2022
0

  O Mecalia Atlético Guardés levou a vitoria nun vibrante derbi galego, resolvido ao seu favor nun tramo final no...

O Guardés suma dous puntos vitais na loita por Europa / SPORTCOECO

O Guardés arroia na Sangriña mentras que o Porriño non logra prolongar a súa boa dinámica

por Diego Andrade
11/04/2022
0

Mecalia Atlético Guardés e Conservas Orbe Rubensa BM Porriño avanzan unha xornada máis na Liga Guerreras Iberdrola con resultados ben...

Presentación da XXI Medio Maratón Gran Bahía Vig-Bay / XUNTA DE GALICIA

Todo listo para a Vig-Bay deste domingo

por Redacción As Nosas
08/04/2022
0

  A Vig-Bay celébrase este domingo e une Vigo-Baiona-Nigrán con tres distancias competitivas: maratón (42km), media maratón (21km) e mini...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
A Federación Galega de Ciclismo publica a convocatoria da Selección XCO / RFEC

A Federación Galega de Ciclismo publica a convocatoria da Selección XCO

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
A Federación Galega de Ciclismo publica a convocatoria da Selección XCO / RFEC

A Federación Galega de Ciclismo publica a convocatoria da Selección XCO

27/05/2022
Blanca Millán, nos Black Bear de Maine / UNIVERSITY OF MAINE

Blanca Millán regresa a Galicia para xogar co Ensino

24/05/2022
Equipo K4 500m feminino de España: Carolina García, Sara Ouzande, Teresa Portela e Laia Pelachs / RFEP

Así lles foi a Portela, García, Jácome e Couto na Copa do Mundo de piragüismo en Račice

23/05/2022
Jorge Basanta, adestrador do Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF

Jorge Basanta: “Quedar primeiras danos un factor vantaxe”

23/05/2022
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.