• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario - Letras Galegas - Xunta de GaliciaContido publicitario - Letras Galegas - Xunta de GaliciaContido publicitario - Letras Galegas - Xunta de Galicia
Inicio Fútbol Sala Primeira División Fútbol Sala

Moito castigo para o Ourense Envialia en Murcia (3-0)

A derrota das galegas constitúe o primeiro triunfo do Roldan FSF no seu feudo

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
15/11/2020
en Fútbol Sala, Primeira División Fútbol Sala
Roldan FSF vs Ourense Envialia imaxe capturada da transmisión do partido no que as ourensás recibiron o castigo dun 3-0 / TV7 Murcia

Roldan FSF vs Ourense Envialia imaxe capturada da transmisión do partido / TV7 Murcia

66
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

A ambición do Ourense Envialia non tivo premio en Murcia, ao contrario, as galegas recibiron o castigo dunha derrota. Regresaron as de Morenín da cancha do Roldán FSF cun 3-0 que non fai xustiza ao visto sobre a cancha.

O resultado constitúe o primeiro triunfo do Roldan FSF no seu feudo e chegou xusto coa visita do Ourense Envialia. 

As de Juanjo Alcaraz saltaban ao parquet do Gabriel Pérez de Roldán coa ilusión de sumar o seu segundo triunfo, o primeiro en cancha propia.

Do outro lado, as galegas que adestra Morenín viaxaran á procura tamén da súa segunda vitoria. Foron os primeiros compases do partido para as galegas que tiveron chegada pero non pegada. Asinaron as ocasións das ourensás Iria Saeta e Andrea. 

Importante victoria del equipo que se lo ha dejado todo en la pista hasta el último segundo ante un gran @OUenvialiaFSF.

Hoy nos ha acompañado la Consejera @MariaCrisalo y el Director General de Deportes @fran__san de @DeportesMurcia.

¡Gracias por vuestro apoyo!

📸 @grl48 pic.twitter.com/pv74XUhjjo

— STV Roldán FSF (@RoldanFSF) November 14, 2020

A contención dos ataques das galegas foi o maior dos méritos das murcianas este arranque de partido. A súa guardameta, Cristina, fixo boas intervencións e conxurou o perigo da súa portaría.

Faltaban pouco máis de catro minutos para o final da primeira parte cando chegou o primeiro tanto das locais e se iniciaba o castigo para as das Burgas. A xogada xurdiu dun roubo de balón. Alba Gandía transformaba en gol a ocasión máis clara das locais no tempo de xogo que se levaba disputado.

Chegouse ao descanso cun 1-0 para as murcianas e todo por decidir. Pero xusto despois de que Lores desaproveitase una oportunidade diante de Cristina, chegaría o 2-0 para o Roldán FSF. Outra vez un roubo de balón, pero esta vez o gol e o castigo saía das botas de Mari Ángeles.

Cargadas ambas as dúas escuadras de faltas, o Ourense Envialia métese antes en problemas. Aos 30 minutos Vanesa Barberá ten que enfrontarse a Ángela nos 10 metros. A porteira das galegas sae vitoriosa do duelo. Buscando ir de cara a polo partido, Morenín aposta polo xogo de cinco e solicita un tempo morto para dar instrucións ás súas pupilas.

No marcador 2-0 para as locais, pero na cancha, o Ourense Envialia parecía ser quen mandaba no partido. Pero no deporte, o que conta, ao final é o resultado este seguía favorecendo ao Roldán FSF.

A puntilla para as galegas chegaría a un minuto do final cando Lola marcaba nun contragolpe iniciado pola súa gardameta o 3-0 co que se chegaría ao final do partido.

Ao final da xornada o Roldal FSF aúpase á cuarta praza, nos postos nobres da táboa. Mentres que o Ourense Envialia, logo do castigo do 3-0, ubícase na sexta posición por encima do Viaxes Amarelle pola súa mellor diferencia de goles.

O Ourense Envialia pode subir na táboa a vindeira semana

As de Morenín   xoga a próxima fin de semana en casa contra un oso, o AE Penya Esplugues. Trátase do terceiro clasificado na competición pero tamén dunha ocasión de ouro para as galegas á hora de intentar buscarse un oco entre as catro primeiras prazas da clasificación.

Pola súa parte, o Roldán visitará Galicia para medirse co Viaxes Amarelle. As laranxas quererán colleitar o seu primeiro triunfo en casa e seguir sumando logo de imporse esta semana ao Cidade de As Burgas GLS.

No vestiario das ourensás non hai tempo para lamentos e xa preparan entre sorrisos e dinámicas de grupo baixo da batuta do seu psicólogo Cristhian Fernández o seu seguinte choque.

DINÁMICAS DE GRUPO // LAS PISTOLERAS · EL TERREMOTO

Geniales dinámicas de nuestro psicólogo @cr1sth1anpsd para que la cohesión de grupo sea cada vez mejor si cabe.

¡Gracias siempre Cristhian por tu gran trabajo!#ourensEnvialia #psicologiaDeportiva #Psicología #ubuntu #futsal pic.twitter.com/9kK7Od9FcL

— Ourense Envialia FSF (@OUenvialiaFSF) November 15, 2020

FICHA TÉCNICA

ROLDÁN FSF: Cristina, Noelia Montoro, Lola, Alba Gandía e Ángela – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Consuelo, Marta Pelegrín, Mariángeles, Andrea Marín, Marta de los Riscos e Cristina.
OURENSE ENVIALIA: Vane Barberá, Iria Saeta, Marta, Jenny Lores e Andrea Feijóo – quinteto inicial -. Tamén xogaron: María Arias, Laura Uña, Carmen, Chiky e María.
GOLES: 1-0 min. 15 Alba Gandía; 2-0 min. 24 Mari Ángeles; 3-0 min. 39 Lola.
ÁRBITROS:  Andrés Botella López e Francisco José Castillo López. Asistente: Beatriz Riquelme Rocamora. Sancionaron con amarela a Cristina, Noelia Montoro e Lola polo STV Roldán FSF
INCIDENCIAS: Partido correspondente á xornada cinco da Primeira División do Fútbol Sala Feminino da RFEF disputado no pavillón Gabriel Pérez de Roldán (Murcia).

Podes ver o resumo do partido en imaxes nesta ligazón á TV Región de Murcia

Etiquetas Alba Gandíafútbol salafutsalIria SaetaJuanjo AlcarazMari ÁngelesMorenínourense envialiaRoldán FSFVane Barberá
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

RFEF

Eugenia Gil, Eva López, Irene Ferreras e Irene Samper entre as 12 candidaturas do fútbol e fútbol sala galegos para a Asemblea da RFEF

por Redacción As Nosas
28/10/2024
0

  O fútbol e o fútbol sala galegos presentan ata 12 candidaturas para formar parte da Asemblea Xeral da Real...

Raúl Castro, Piru / VIAXES AMARELLE FSF

Piru: “Elas saben o que está en xogo, manter a categoría é vital, pero a miña misión é mentalizalas para que xoguen con confianza”

por Redacción As Nosas
06/04/2024
0

  O Viaxes Amarelle FSF prepárase para un encontro vital. Será o vindeiro domingo ás 13.00 horas en Leganés. O...

Gol do Burela na final do Campionato de Liga Primera Division futsalfem RFEF, Pescados Rubén Burela vs Futsi Atlético Navalcarnero / MANU GIL - BURELA FS

Cabeza e cola da táboa enfróntanse no duelo galego entre ENCE Marín Futsal e Pescados Rubén Burela

por Redacción As Nosas
06/04/2024
0

  Nesta tarde de sábado 6 de abril, a partir das 17.00 horas, dispútase no pavillón da Raña de Marín,...

Balón fútbol sala futsal

Chega a recta final na liga 2023-24 para os equipos galegos da Primera Iberdrola de fútbol sala

por Silvia Carregal
05/04/2024
0

  Esta fin de semana dispútase a 24ª xornada da Primera Iberdrola do fútbol sala estatal. Dos 16 equipos que...

Poio Pescamar, campión da Copa Galicia futsalfem 2024 / RFGF

O Poio Pescamar FS conquista a 4ª Copa Galicia da súa historia impoñéndose na prórroga ao ENCE Marín Futsal

por Redacción As Nosas
28/03/2024
0

  A Copa Galicia feminina de fútbol sala viaxa cara a vitrina do Poio Pescamar FS que levou a final...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Conservas Orbe Zendal BM Porriño / BM PORRIÑO

O BM Porriño cae da loita polo título (19-30) e céntrase en Europa

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Conservas Orbe Zendal BM Porriño / BM PORRIÑO

O BM Porriño cae da loita polo título (19-30) e céntrase en Europa

15/05/2025
Liga Xunta de Galicia de Break Dance / XUNTA DE GALICIA

A Liga Xunta de Galicia de Break terá unha modalidade Open e outra federada na súa quinta edición

15/05/2025
O concelleiro Jorge Bustos no pavillón municipal / CONCELLO DE LUGO

Abre o prazo para que clubs e asociacións deportivas federadas soliciten ao Concello de Lugo utilización gratuíta das máis de 30 instalacións municipais

15/05/2025
Itziar Martínez / SPORTCOECO

Itziar Martínez abandona o Guardés despois de dous anos

13/05/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.