Selección Española Absoluta Feminina de fútbol praia, con tres galegas no equipo, suma un novo título nesta tempada ao vencer a Brasil 3-5 na Final da NEOM Beach Soccer Cup que se disputou nas instalacións do Gayal Beach Games Hub de Neom, en Arabia Saudita. O trío de galegas o conforman Sara Tui, Andrea Mirón e Carol González. As dúas primeiras, ademais, foron das mellores futbolistas do torneo.
Pues va a ser que esto de ganar y ganar, no cansa
La @SEFutbolFem Playa ⚽️ ha logrado el título en TODOS los torneos disputados en
European Games Kraków
Euro Beach Soccer League
Mundialito Beach Soccer
NEOM Beach Soccer Cup#FútbolPlayaRFEF pic.twitter.com/XCwmr5U4SK— Fútbol Playa RFEF (@FutbolPlayaRFEF) October 30, 2023
Saíu a Selección Española disposta a impoñer a súa xerarquía na area, e apenas transcorreran dous minutos cando un disparo afastado da galega Sara Tui converteuse no primeiro tanto. Pero Brasil non é un rival calquera, con xogadoras como Adrielle e Bárbara, capaz de xerar ocasións de perigo desde calquera situación. E así Lindi logrou o empate ao cazar un balón que quedaba solto na frontal da meta defendida por Laura.
Non se viu afectado o fútbol praia das españolas, e Andrea Mirón volvía poñer por diante batendo a Ana Beatriz cun maxistral lanzamento de libre directo.
Ver esta publicación en Instagram
Tivo Brasil unha clara oportunidade de empatar de novo no último minuto, grazas a un penalti cometido por Laura. Pero a gardameta adiviñou a dirección do lanzamento e permitía ao seu equipo chegar con vantaxe ao descanso, segundo informa a RFGF.
Nada máis comezar o segundo tempo, Andrea Mirón lograba o segundo da súa conta persoal cun tiro afastado ‘marca da casa’. Tras unha clara oportunidade brasileira que se estrelaba no pau, conseguía Taii recortar distancias, aínda que tamén gozou Andrea Alcaide dunha ocasión nun disparo ao traveseiro que botaba sobre a liña.
Co resultado de 2-3 comezaba o período definitivo desta Final da NEOM Beach Soccer Cup, coa Selección Española de fútbol praia dominadora e Brasil buscando o erro na saída do balón que lles permitise unha veloz contra. Pero era de novo Sara Tui quen batía a meta rival. Aínda que pouco despois Dani B sumaba para a ‘verdeamarelha’, mercé a un lanzamento de libre directo desde o borde da área tras unha man de Alcaide que supoñía o 3-4, as sensacións que desprendía a Selección Española eran inmellorables. E un gol de Manau a pase de Natalia ratificábaas, para establecer o definitivo 3 a 5 que dá ás líderes da clasificación mundial de fútbol praia o cuarto título da tempada.
ℕ
Pasito a pasito y siempre creyendo en el proceso, gracias por hacerme feliz una vez más. pic.twitter.com/TeTcqDANph
— Andrea Mirón (@andreamiron17) October 29, 2023
Andrea Mirón, MVP, e Sara Tui, máxima goleadora
Tamén coparon as xogadoras españolas o palmarés individual: Andrea Mirón como MVP, Laura como Mellor Gardameta, e Sara Tui compartiu o trofeo de Máxima Goleadora coas brasileiras Dani B e Lindi.
!!
✨ As galegas @andreamiron17, Sara Tui e @Carolgp9, campioas da NEOM Beach Soccer Cup tras derrotar a Brasil coa @SEFutbolFem
Andrea e Sara, as mellores do torneo
https://t.co/wTS8I4RRnJ pic.twitter.com/cJlAeKChA4
— RFGF (@futgal) October 30, 2023