• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Máis fútbol

Miriam Ríos: “Imos dando pasos pero a través de moito traballo e moita loita”

A capitá do Dépor ABANCA non considera que o papel da muller no deporte sexa igualitario, matiza que “no fútbol temos moitísima sorte pero seguimos sen ter igualdade”

Silvia Carregal por Silvia Carregal
07/03/2020
en Fútbol, Máis fútbol
Miriam Ríos, RC Deportivo / AS NOSAS

Miriam Ríos, RC Deportivo / AS NOSAS

209
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

É unha das facianas máis recoñecibles do Dépor ABANCA. Miriam Ríos, unha das capitás do equipo branquiazul foi elixida polo club esta tempada para ser a imaxe da campaña de aboados encarnando nada menos que á heroína coruñesa María Pita. Ela é tamén unha loitadora. Admite que houbo unha “evolución” grande en materia de igualdade no deporte desde que ela empezou a xogar, pero advirte que segue “habendo moitísimas trabas”. Como proposta para mellorar di que mudaría “a mentalidade da xente para que non vexan que hai un deporte feminino ou masculino”.

A.N.: Consideras que o papel da muller no deporte é igualitario?

Miriam Ríos: Non, a verde é que non. Non é igualitario. Nós no fútbol temos moitísima sorte. Estamos chegando a cotas máis altas máis de presa ca noutros deportes minoritarios femininos pero seguimos sen ter igualdade.

A.N.: Ao respecto da anterior pregunta, responde Galicia ao patrón estatal ou observas diferencias? En caso de ver diferencias, a situación galega sería mellor ou peor que a estatal?

Miriam Ríos: Creo que é unha tónica en todas as comunidades. É estatal.

Miriam Ríos, capitá do RC Deportivo: “No fútbol estamos chegando a cotas máis altas máis de presa ca noutros deportes minoritarios femininos pero seguimos sen ter igualdade”

A.N.: En que momento da túa vida tropezaches por vez primeira cunha discriminación por xénero no deporte?

Miriam Ríos: A min desde pequeniña gústame xogar ao fútbol. Os nenos do parque pensaban que unha nena non podía xogar a o fútbol. Pero cando comecei a xogar nun equipo non tiven ningún problema cos compañeiros, adestradores ou directivos. Si cos pais. Si que había insultos. Pero eu o que facía era xogar a o fútbol, tres caños, catro goles e xa estaba.

A.N.: Observas que por ser muller existen maiores dificultades para a práctica deportiva a niveis de competición?

Miriam Ríos: Si, por suposto. Sobre todo dificultades económicas, de medios, recursos para practicalo e ter competicións. Por exemplo, a competición no fútbol é profesional desde hai catro ou cinco anos. Antes non era.

A.N.: Na túa opinión, hai límites ou teitos de cristal para o acceso da muller a diferentes postos no mundo do deporte á marxe do papel de deportistas (adestradoras, directivas, preparadoras físicas, etc)? 

Miriam Ríos: Si. E sobre todo no mundo do fútbol é moi complicado que sexa unha muller preparadora física ou adestradora. Adestrar a homes é moi complicado velo. Si a nenos, pero en categorías cadete, xuvenil ou sénior é máis complicado. Coñezo casos pero mínimos.

Miriam Ríos, capitá do RC Deportivo: “No mundo do fútbol é moi complicado que sexa unha muller preparadora física ou adestradora. Adestrar a homes é moi complicado velo”

A.N.: Con respecto a cando empezaches a túa vinculación co deporte, hai agora menos trabas? Houbo unha evolución positiva no tempo?

Miriam Ríos: Si, claro. Evolución houbo moitísima. Segue habendo moitísimas trabas pero do que tiñamos antes, ao que temos agora non hai comparación. Imos dando pasos pero a través de moito traballo e moita loita.

A.N.: Cales consideras que son os principais atrancos que ten hoxe unha muller para desenvolver unha carreira deportiva?

Miriam Ríos: O económico, sobre todo. Non te podes dedicar exclusivamente a o deporte e vivir del por que os cartos non dan. Nos no mundo do fútbol temos moitísima sorte pero, aínda así, non podemos dedicarnos exclusivamente ao deporte. Creo que é o hándicap máis salientable.

Miriam Ríos, capitá do RC Deportivo: “O hándicap máis salientable que temos as mulleres é o económico”

A.N.: Pódese vivir do deporte sendo muller?

Miriam Ríos: No meu caso non. Sei que hai moitos casos de mulleres futbolistas que poden, pero eu aínda non, espero chegar algún día.

Miriam Ríos: “Cando tes que estudiar, traballar e adestrar quítaslle tempo ao sono”

A.N.: Como limita a progresión ter que compaxinar a práctica deportiva con outro tipo de actividades profesionais?

Miriam Ríos: Tes que estudiar outras cousas, tes que traballar… iso require moito tempo que en vez de dedicalo a adestrar, ou descansar tes que dedicalo a iso para poder sobrevivir. Quítaslle tempo ao sono, que é moi importante, comes mal… e iso reflíctese na práctica deportiva.

RCD ABANCA en Abegondo / SABELA MOSCOSO
RCD ABANCA en Abegondo / SABELA MOSCOSO

A.N.: Que mudarías do deporte actual para camiñar cara a unha igualdade plena?

Miriam Ríos: E que hai moitas cousas que cambiar! Cambiaría a mentalidade da xente. Que non vexan que hai un deporte feminino ou masculino. Que vexan que futbolistas somos futbolistas todos, non masculino ou feminino, so fútbol. E noutros deportes o mesmo. Creo que cambiándose iso, mudaríanse moitas cousas.

Miriam Ríos, capitá do RC Deportivo: “Hai tantas cousas que cambiar! Sobre todo a mentalidade da xente”

A.N.: Hai quen avoga polo deporte mixto máis aló da base como unha posibilidade? Es partidaria?

Miriam Ríos: Canda comecei a xogar ao fútbol xogaba cos nenos. As diferencias físicas nótanse moitísimo. A nosa xenética é moi diferente, nalgunha cuestión se notaría diferencia, pero… por que non?

Miriam Ríos, capitá do RC Deportivo: “Deporte mixto? Por qué non?”

A.N.: Cres que o deporte feminino está a vivir un momento doce?

Miriam Ríos: Si, cada vez préstannos máis atención. Cada vez hai máis visibilidade nos medios. Hai  máis empresas, clubs, que apostan por nós, as mulleres… estamos aí, pero hai que loitar para seguir subindo.

Miriam Ríos, capitá do RC Deportivo: “Cada vez hai máis visibilidade nos medios. Hai  máis empresas, clubs, que apostan por nós, as mulleres… estamos aí, pero hai que loitar para seguir subindo”

A.N.: Ao fío desta última pregunta valora de 0-10 (sendo 10 o mellor) o momento actual do deporte feminino nestes ámbitos:

Miriam Ríos:

  • Resultados deportivos _____________________ 10
  • Visibilidade en xeral na sociedade _________ 5
  • Repercusión mediática ____________________ 6,5
  • Apoio de seareiros/as _____________________ 8
  • Patrocinios ________________________________ 7
  • Apoio das diferentes administracións _____ 7

 

Etiquetas 8MfútbolIgualidadeMiriam Ríos
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

O Dépor ABANCA retomou os adestramentos de cara á cada vez máis próximo inicio da tempada 2026-2027 da Liga F....

Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

por Redacción As Nosas
13/07/2026
0

Nesta fin de semana catro futbolistas galegos conseguían proclamarse campións de Europa na categoría Sub-19. Coa Selección Española feminina levantaron...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

Alberto Rodríguez substúe a Fran Alonso no banco do Dépor ABANCA / SABELA MOSCOSO

O arteixán Alberto Rodríguez, novo adestrador do Dépor ABANCA na tempada 2026-27

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

Alberto Rodríguez (Arteixo, 22 de febreiro de 1989) será o adestrador do Dépor ABANCA na temporada 2026-27, segundo informa o...

Pablo Prieto, presidente da Real Federación Galega de Fútbol, xunto á nova directiva da RFGF / FUTGAL

Pablo Prieto xa exerce como presidente da Real Federación Galega de Fútbol

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

Pablo Prieto Perille xa é oficialmente presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF). Esta mañá tomou posesión nunha xuntanza...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

18/07/2026
O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así é o calendario que ten por diante na Liga F o Dépor ABANCA

18/07/2026
Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

13/07/2026
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

13/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.