• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Sobre rodas Ciclismo

Os sub-23 Laura Mira e Anxo Carril dobregan aos líderes elite no Ciclocrós Castelo de Maceda

Samuel González e Carla Fernández, cos títulos da Copa Galicia garantidos matematicamente a falta dunha xornada, tiveron que conformarse coas segundas posicións na cita ourensá | A derradeira cita da Copa Galicia de Ciclocrós terá lugar o vindeiro sábado, día 30, en Nigrán

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
24/12/2023
en Ciclismo, Máis Deporte, Sobre rodas
Podio do Ciclocróss Castelo de Maceda / FCG

Podio do Ciclocróss Castelo de Maceda / FCG

44
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • Triunfo de Laura Mira no Ciclocróss Castelo de Maceda diante da líder da clasificación, Carla Fernández

A júnior feminina e dúas masculinas, a cadete e a máster-30, son as únicas categorías por decidir na Copa Galicia de Ciclocrós despois da disputa da súa oitava e penúltima xornada disputada en Maceda.

Unha das clasificacións xerais que quedaron sentenciadas matematicamente este sábado foi a elite feminina. Carla Fernández (QuéBici-Marcisport) garantiuse o título, pero nin ela nin o líder elite masculino Samuel González (Máis Que Bicis) acadaron as vitorias absolutas nas carreiras raíñas. Na cita ourensá do calendario, Laura Mira (Farto) e Anxo Carril (Coruxo) (ambos en idade Sub-23) tomaron o circuíto do Castelo de Maceda.

Con escaleiras, taboleiros, un pouco de lama e a súa característica subida sobre asfalto que exerce de recta de saída e de chegada, un dos templos autonómicos desta especialidade acolleu a 231 participantes.

A XVI edición do Ciclocrós Castelo de Maceda – Copa Deputación de Ourense abriu o tríptico de Nadal do ciclocrós galego, que se completará coa última xornada da Copa e co Campionato. Ademais das probas de competición, o evento do Clube Ciclista Maceda – Escola José Antonio Hermida contou no seu programa coa quenda de Promoción e coa Carreira Inclusiva, tal e como informa a Federación Ciclismo Galego.

Segunda sub-23 o pasado domingo na Copa de España de Valencia, a porriñesa Laura Mira confirmou o seu bo golpe de pedal cando se achega o momento máis decisivo da temporada neste Ciclocrós Castelo de Maceda – Copa Deputación de Ourense. A representante do Farto non deu ningún tipo de opción ao resto de ciclocrosistas e con 1 minuto e 31 segundos de vantaxe rubricou a súa segunda vitoria desta campaña na Copa Galicia.

A segunda posición neste Ciclocrós Castelo de Maceda – Copa Deputación de Ourense correspondeu a Carla Fernández, resultado co que a viguesa certificou o título elite, e terceira concluíu a local e líder sub-23 Sarela Conde (Academia Postal – Maceda), a 2’08 da gañadora absoluta. A elite Iria Nieto (Compostelano) fixo cuarta e o top-5 pechouno a vencedora júnior Iris Fernández (Academia Postal – Maceda), que na súa casa reforzou un liderado que na última xornada só lle pode quitar Sara Peón (XSM).

imagen

Outra corredora que viña de pisar o podio no desenlace da Copa de España dominou nas cadetes. Alejandra Neira (Cambre – Renault Caeiro) impúxose en Maceda por diante da líder Xiana Seijo (Caimanes Betanzos). Unha situación similar deuse nas máster-40 coa portadora da camisola da Copa facendo segunda. Nun axustado duelo, resolto por 15″ de diferenza, Nazaret Casal (Máster da Louriña) superou a Rocío Blanco (A Forna).

Primeiro triunfo absoluto na Copa Galicia de Ciclocrós para Anxo Carril 

A carreira elite/sub-23 masculina ofreceu a repetición do man a man que hai un mes se viviu en Santiago de Compostela. Daquela decantouse a prol do vigués Samuel González e nesta ocasión triunfou o nigranés Anxo Carril, logrando a súa primeira vitoria absoluta na Copa Galicia de Ciclocrós.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Esc Ciclismo JA Hermida (@escola_ja_hermida_ccmaceda)

O sub-23 do Coruxo soltou na última volta ao elite do Máis Que Bicis -que chegou a Maceda co título da súa categoría xa no peto- e ergueu os brazos na liña de meta con 8″ de vantaxe. O elite portugués Roberto Guimaraes entrou terceiro, a 59″ do primeiro clasificado, cuarto finalizou o líder sub-23 Brais Fernández (Academia Postal – Maceda) e a quinta praza obtívoa o elite Luis Fernández Oliveira (Avanza – O Porriño).

Tampouco dominaron as súas probas o líder júnior e o cadete. Martín Díaz (Caimanes Betanzos), portador da camisola xuvenil da Copa Galicia, non puido frear a remonta de Alejandro García (Academia Postal – Maceda). O actual campión de España de XCO saíu dos últimos ao tratarse do seu debut esta temporada no calendario de ciclocrós e foi superando a corredores ata que dobregou a Díaz.

O carballinés deulle o segundo triunfo da xornada ao club organizador. En canto aos cadetes, o líder Xian Alvariño (Lynalfa-Ponteareas) non tivo unha boa posta en escena no medio da néboa que acompañou aos corredores na primeira carreira do día e, posteriormente, sufriu unha caída que lle obrigou a abandonar.

O primeiro posto na xeral mantívoo, pero agora o comparte con Lucas Lozano (XSM), segundo no circuíto ourensán por detrás de Lucas Blanco (Cambre – Renault Caeiro). O maillot de líder segue pertencendo ao ponteareán porque acumula máis vitorias.

imagen

Quenda para os másters no Ciclocrós Castelo de Maceda 

A sesión de tarde do Ciclocrós Castelo de Maceda – Copa Deputación de Ourense estivo reservada aos masters masculinos e os líderes asinaron un pleno de éxitos cun marcado acento portugués. Os lusos do Rompe Trilhos adxudicáronse a competición máster-30 por medio de Augusto Midao, que ampliou a súa marxe na xeral respecto a Jorge Pérez (Os Esfola Arrós); a máster-40 nun pelexadísimo esprint final no que Rogerio Matos bateu a Moisés Leboso (G.D. 10); e a máster-50 con Antonio Passos anotándose o pulso con José Manuel Comesaña (Monteferro). O triunfo galego protagonizouno Manuel Bugallo (Biciosos-Rías Baixas) nos máster-60.

A alcaldesa de Maceda, Uxía Oviedo; o médico da proba e tenente de alcaldesa, Celso Sánchez; Xulio Conde e máis representantes do Clube Ciclista Maceda – Escola José Antonio Hermida; o presidente da Federación Ciclismo Galego (FCG), Juan Carlos Muñiz; e o directivo da FCG, Óscar Sánchez, encargáronse de entregar os premios no penúltimo evento da Copa e do calendario 2023 do ciclismo autonómico.

A derradeira cita da Copa Galicia de Ciclocrós terá lugar o vindeiro sábado, día 30, en Nigrán.

  • Clasificacións XVI Ciclocrós Castelo de Maceda
Etiquetas ciclismociclocrosCopa Galicia de CiclocrósFederación Ciclismo GalegoLaura Mira
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Laura Mira, na Copa Galicia de ciclocrós / LUZ IGLESIAS

Coñece o calendario das 10 probas da Copa Galicia de Ciclocrós vén pedindo paso coa chegada do outono

por Redacción As Nosas
02/10/2025
0

  O outono vén de comezar e o ciclocrós comeza a pedir a paso. A conta atrás para o inicio...

Xornada de Tecnificación da Federación Ciclismo Galego en Miño da que saíu a lista da Selección Galega / FCG

Unha ducia de riders compoñen a Selección Galega para o Campionato de España de Pump Track en Monzón

por Redacción As Nosas
01/10/2025
0

  Doce riders representarán á Selección Galega o 11 de outubro no Campionato de España de Pump Track que este ano...

Alejandra Neira co resto da Selección Española junior ciclismo composta polas corredoras Paula Ostiz, Lidia Castro, Leyre Almena e Irati Aranguren maila seleccionadora Gemma Pascual / FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE CICLISMO

A junior Alejandra Neira amosa un gran nivel no Mundial de Kigali sendo debutante

por Redacción As Nosas
30/09/2025
0

  Un Mundial dos máis esixentes da historia confirmou que o ciclismo galego pode presumir de ter a dúas das...

No podio da IV XCM Audi Selection Plus - Concello de Piñor que se integra na Copa de Galicia de XCM estiveron Lara Lois, Mar Delgado e Raquel Román / FEDERACIÓN GALEGA DE CICLISMO

Lara Lois e Ángel Maneiro, vencen na proba de Piñor da Copa Galicia XCM

por Redacción As Nosas
30/09/2025
0

  Lara Lois impúxose con claridade ás súas rivais na IV XCM Audi Selection Plus - Concello de Piñor. A proba...

Arantxa Gómez, o equpo OsdoSacho / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO

A júnior Arantxa Gómez, a máis rápida no apartado feminino no Campionato de Galicia – DH A Fracha 2025

por Redacción As Nosas
24/09/2025
0

  O Campionato de Galicia de Descenso 2025 rexistrou un dobre fito. Por primeira vez contou con televisión en directo...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
As Guerreras da Selección Española de balonmán participaron no Mundial coas galegas Alicia Fernández e Elba Álvarez / RFEBM

As Guerreras, con dúas galegas nas súas filas, despídense do Mundial fronte a Alemaña (25-29)

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
As Guerreras da Selección Española de balonmán participaron no Mundial coas galegas Alicia Fernández e Elba Álvarez / RFEBM

As Guerreras, con dúas galegas nas súas filas, despídense do Mundial fronte a Alemaña (25-29)

10/12/2025
Futbolistas do equipo galego de 2.ª Federación RC Celta de Vigo / AS CELTAS IG

Xornada sen triunfos para os equipos galegos na 2.ª Federación

10/12/2025
AD Cortegada, LF2/ AD CORTEGADA IG

Os equipos galegos deixan o seu selo na LF2 coas vitorias do Maristas (77-65) e o Cortegada (70-64) e a derrota do Arxil (77-68)

09/12/2025
O Celta Femxa Zorka milita na LF Challenge / CELTA BALONCESTO X

O Celta Femxa Zorka supera ao La Cordá de Paterna NB no encontro da 11ª xornada (60-70)

09/12/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.