• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Liga Reto Iberdrola Fútbol

Miguel Llorente: “O obxectivo ten que ser un xogo vistoso”

O novo adestrador do Dépor ABANCA pasou por rolda de prensa para dar as súas primeiras impresións ao mando do equipo

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
30/07/2021
en Fútbol, Liga Reto Iberdrola Fútbol
Miguel Llorente, adestrador do Dépor ABANCA / RCD

Miguel Llorente, adestrador do Dépor ABANCA / RCD

166
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Para afrontar o reto da Reto Iberdrola, o Dépor ABANCA conta cun novo adestrador. Miguel Llorente colle os mandos do primeiro equipo a piques de iniciar a pretempada.

“O obxectivo ten que ser un xogo vistoso. Xa o falei con elas, un xogo para que tanto os da bancada como os de dentro desfrutemos do fútbol. Creo que desde o desfrutar e o entender o xogo as vitorias van chegar”, explicou o técnico ante os medios en rolda de prensa.

Polo momento, Llorente aínda non quere apresurarse a poñer o ascenso no punto de mira: “Obviamente o obxectivo que temos todos en mente, tanto a afección, as xogadoras como o corpo técnico, é ascender, pero non creo que sexa a mellor maneira poñelo xa a tan longo prazo, cando aínda non comezamos. Así que a desfrutar adestramento a adestramento, partido a partido e a partir de aí xa veremos”.

Miguel Llorente, novo adestrador do Dépor ABANCA / RCD
Miguel Llorente, novo adestrador do Dépor ABANCA / RCD

Experiencia do Barça para o Dépor

Este adestrador chega cunha década de experiencia no CE Europa e no FC Barcelona, primeiro na Escola e despois no Barça B, onde estivo ata o 2020.

Miguel Llorente: “Simplemente oitar o nome do club atrae unha barbaridade”

Sobre a súa chegada ao Dépor ABANCA, Llorente admite que “simplemente oitar o nome do club atrae unha barbaridade. É un club histórico na liga española e no momento no que se deu a oportunidade non dubidei en ningún momento”.

O preparador admite ser seguidor do fútbol que caracterizou ao Deportivo, polo que en canto recibiu a chamada “non houbo ningún tipo de dúbida”.

Respecto á proposta, Llorente a tilda de “potente”, motivo polo cal aceptou unha chegada tan repentina. “Cando falei cos responsables do Dépor defininme como un supervivente. O mundo do fútbol é moi rápido, aquí e agora. O feito de que sexa tan potente a proposta e este cambio de vida tan radical a min me fortalece.”

Miguel Llorente: “Os equipos están formados por xogadoras e elas son as que mandan”

Miguel Llorente vén dun tipo de xogo marcado polo FC Barcelona, caracterizado por “ter o balón o máximo tempo posible”, algo que resulta unha vantaxe.

Porén, o técnico explica que “os equipos están formados por xogadoras e elas son as que mandan polas súas características e maneira de xogar. Eu intentarei asemellarme ao que creo, porque se non cres nalgo é difícil levalo acabo. Pero creo que a última palabra, pola súa maneira de xogar e de desempeñarse, vana ter elas. 

Adestramento do novo plantel do Dépor ABANCA / RCD
Adestramento do novo plantel do Dépor ABANCA / RCD

Ademais, este é un adestrador acostumado a un equipo de curta idade. De feito, tendo como referencia ao Barça B, o técnico non considera que a media de idade do novo plantel deportivista sexa baixa.

Miguel Llorente: “Desvantaxes, pola media de idade, hoxe por hoxe non a vexo. Creo que é todo positivo”

Partindo da súa experiencia no filial culé, o madrileño declara que con este equipo “quedamos cuartas nun grupo moi similar ao deste ano, salvo por Dépor, Logroño e Espanyol. Como todo na vida ten vantaxes e inconvenientes. Como vantaxes, a media de idade, que para min non é tan xove, trae experiencia e unha maneira de entender o fútbol e saben ao que veñen. Desvantaxes, pola media de idade, hoxe por hoxe non a vexo. Creo que é todo positivo”, concluíu. 

A ilusión dun novo equipo

Llorente acaba de chegar á entidade branquiazul, e confesa que os primeiros días “están sendo un pouco locura, porque está sendo todo rápido. Foron días intensos, pero coa ilusión coa que veño e as gañas de empezar iso vaise solventando”.

Miguel Llorente: “Atopeime a un equipo moi ben montado polo anteriores adestrador e secretario técnico, que creo que fixeron moi bo traballo”

Nesta liña, o adestrador chegou cun plantel xa conformado, que itlda de “moi ben montado polo anteriores adestrador e secretario técnico, que creo que fixeron moi bo traballo e un equipo con moita gana, con gana de coller o reto polos cornos e facer bos partidos xa de inicio para ir sumando puntos e lograr o obxectivo que creo que temos todos”.

Miguel Llorente: “As xogadoras entenden o que pasou e veñen coma eu, a empezar canto antes e a facer o que lles gusta”

Respecto a este repentino cambio no corpo técnico, o madrileño admite que non falou directamente do tema coas xogadoras, pero afirma que elas “entenden o que pasou e veñen coma eu, a empezar canto antes e a facer o que lles gusta facer e a tirar para diante. Atopeime a un equipo tranquillo, con gana e disposto a facer todo o posible para ter bos resultados”.

Adestramento do novo plantel do Dépor ABANCA / RCD
Adestramento do novo plantel do Dépor ABANCA / RCD

Cun plantel maioritariamente novo, no que as renovacións respecto a anterior tempada escasean, Miguel Llorente non ve ningún problema á hora de crear dinámicas de equipo. “O xogo do fútbol é un xogo de cooperación, asociación, polo tanto iso a min lévame aos inicios, no parque, na praza. Coñecías aos teus amigos xogando sen coñecelos de nada. A miña intención principal é que haxa moito rondo, moito xogo de posición, moita interacción entre elas, algún xogo de activación e xa está. Para min o xogo é a mellor forma de que se coñezan e formen equipo. A xogar, adestrar, divertirse, pasalo ben e o resto chegará só”, explicou.

O corpo técnico tamén conta con novidades, como a incorporación de Ana González como segunda adestradora.

Miguel Llorente: “Non me da medo dicilo. Creo que vai ser fácil porque é xente moi disposta”

O adestrador mostrouse confiado nos seus compañeiros, asegurando que “atopeime moi arropado. Creo que vai ser fácil. Non me da medo dicilo. Creo que vai ser fácil porque é xente moi disposta, eu exactamente igual, polo tanto estou encantado. Con Ana é unha marabilla. Adestrei dous días con ela e ao final cando a xente ten gana, ilusión e gana de colaborar e axudar o resto ven rodado. Un placer coñecelos e traballar con eles”.

Novo plantel do Dépor ABANCA / RCD
Novo plantel do Dépor ABANCA / RCD
Etiquetas A CoruñaAbegondoDépor ABANCAdeportivofútbolMiguel LlorenteRC DeportivoRCDReto Iberdrola
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

por Silvia Carregal
13/08/2026
0

Dous goles, un de Millene e outro de Eva Dios, deron o triunfo ao Dépor ABANCA no 14.º Trofeo Teresa...

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
26/07/2026
0

Tere Abelleira está sen equipo e o Dépor ABANCA podería estar negociando a súa volta ao conxunto branquiazul. Segundo informaba a...

Campos de fútbol de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello da Coruña inicia os traballos de renovación do céspede artificial nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma

por Redacción As Nosas
21/07/2026
0

O Concello da Coruña iniciou xa o plan de melloras previsto nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma,...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

O Dépor ABANCA retomou os adestramentos de cara á cada vez máis próximo inicio da tempada 2026-2027 da Liga F....

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Coñece o calendario que ten por diante na Liga F o Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

A tempada 2026-2027 comezará cun tinte favorable para as herculinas do Dépor ABANCA: xogarán o primeiro partido en casa. A...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.