• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Fútbol Liga Reto Iberdrola Fútbol

Miguel Llorente: “Enfrontámonos ao CDF Osasuna sendo mellores, adestrando máis, coñecéndonos mellor”

O adestrador do Dépor ABANCA Sostén que un equipo "é un organismo vivo" polo que como grupo as deportivistas son "mellores que onte, e peores que mañá"

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
05/02/2022
en Liga Reto Iberdrola Fútbol, Fútbol
Miguel Llorente, adestrador do Dépor ABANCA, en rolda de prensa / RCD

Miguel Llorente, adestrador do Dépor ABANCA, en rolda de prensa / RCD

123
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

O técnico do Dépor ABANCA, Miguel Llorente, advertiu na sala de prensa de Abegondo na previa do partido ante o CDF Osasuna, que enfronte terán a “un equipo dos máis difíciles da categoría porque teñen experiencia, estivo a piques de subir a Primeira varios anos”. Pero o adestrador considera que o bloque que adestra evoluciona e mellora día a día “somos mellores que onte e peores que mañá”, explicab.

O encontro do RC Deportivo ABANCA e o CDF Osasuna da Liga Reto Iberdrola está fixado para o domingo 6 de febreiro ás 12:00 na Cidade deportiva de Abegondo.

Explicaba Miguel Llorente antes os medios ao respcto do rival que son “un equipo forte que a súa proposta, se non estás ben, pódeche amolar moito porque é un xogo moi directo, moi baseado no físico. É o que nos esperamos delas. O outro dicía Carlos Rosende (secretario técnico do club) que un equipo é un organismo vivo, entón súbome ao carro desa apreciación e desa afirmación e ademais digo que é un organismo vivo que aprende só. Entón hoxe somos mellores que onte, somos peores que mañá, pero hoxe somos mellores que onte”.

No seu razonamento, Miguel Llorente argumentaba que as branquiazuis terán enfronte ao CDF Osasuna “sendo mellores, adestrando máis, coñecéndonos mellor… Por tanto o noso xogo seguro que vai ser mellor que o que fixemos na ida (resolto con empate a dous goles). Afrontamos o partido con moita seguridade, con moitas ganas de xogalo, sabendo o que nos xogamos en cada partido e pensando no obxectivo final”.

Llorente admite que o partido de ida co CDF Osasuna “non foi un bo partido”

Lembraba Miguel Llorente que o partido ante as osasunistas alá “non foi un bo partido. No momento non paréceche tan malo porque non foi malo, pero non foi bo porque ían catro xornadas, o equipo é novo… Déixasche alí un empate pero entraba dentro do previsto. No punto que estamos agora, se ves o partido que fixemos a primeira volta, estamos moitísimo mellor do que estabamos”.

Vaticina na Cidade Deportiva branquiazul “un partido bastante disputado, pero chegamos en mellores condicións que fixemos na primeira volta, que concedemos moito á hora de lanzar. Cando iamos por diante no marcador puxémonos máis nerviosas do que tocaba. Canto máis lances, máis rápido vólveche e de aí veu o empate nos últimos minutos. Imos estar tranquilas, acougadas. Seguimos confiando moito no noso. A formulación do CDF Osasuna é importante, pero como dixen sempre se facemos o noso, deberíanos dar o mesmo como che presionen, como se sitúen, porque temos que xestionar esa incerteza do xogo”.

O público “chave do ascenso”

De novo pensando na afición coruñesa, A Nosa Forza, Miguel Llorente quixo lanzar unha mensaxe de tranquilidade: “Moitas veces escoito ao público que mesmo o chega a pasar até mal porque non están afeitos ver un xogo que chegan a considerar de risco. Quero mandarlles unha mensaxe desde aquí que estean tranquilos”.

Explicaba o adestrador branquiazul que cando vía “os partidos gravados sufro por eles porque están a desexar que gañemos, pero nese desexo chegan a pasalo mal e non é o obxectivo. O obxectivo é que veñan e gocen, que saiban que o temos controlado, que está adestrado e que o que facemos non o facemos cos ollos pechados, senón que sabemos o que estamos a facer”.

Propón o técnico das galegas que o público acuda a ver ao Dépor ABANCA pensando en “gozar, a vibrar como vibraron os últimos partidos. Esperamos un Abegondo absolutamente cheo até onde se poida porque saben perfectamente que van ser clave no ascenso. Así que esperamos que veña todo o mundo e de verdade que veñan con ganas de gozar, que o que facemos facémolo con convicción e sabendo o que estamos a facer”.

A importancia do traballo diario coas xogadoras do Dépor ABANCA B

Cualifica de “importante” o feito de que adestren diariamente futbolistas do Deportivo ABANCA B: “Imos tentando que vaian vindo xogadoras para que se vaian aos poucos impregnando desta idea diferente, quizais non tan diferente con outros equipos, pero si diferente. Entón que aos poucos vaian entendendo este idioma e vaian practicando este idioma ademais do que practican e aprenden elas. Teño moi en conta quen vai vindo, cando e porqué vai vindo, porque é importante que ese ecosistema ou ese organismo vivo mantéñase estable. Non creo que sexa bo moitos cambios, moitas xogadoras diferentes cada día. Temos que ser estables, persistentes e consistentes no noso día a día”.

“Interésame moito que sigan vindo”, confirma Miguel Llorente, “porque de cando en vez podo pasarme polos adestramentos e podo velas, pero non é o mesmo velas co seu equipo que connosco. O noso obxectivo é ver a todas as que podamos e en función diso, vendo as que mellor se adapten ao noso idioma, que poidan seguir vindo adestrar e que veñan gozar, a aprender e a xogar connosco”, explicaba o técnico do primeiro equipo.

#ASNOSAS convocados para a 17ª xornada de #RetoIberdrola, o #DéporABANCAOsasunaFem de maña ás 12:00 h. na Cidade Deportiva de Abegondo pic.twitter.com/1rgVnzJ1tI

— RC Deportivo (@RCDeportivo) February 5, 2022

Finalmente, preguntado polo mercado de fichaxes que se pechou este pasado luns sen novidades, o adestrador branquiazul. Miguel LLorente, admite que “tivemos idea de reforzar pero como xa dixen no seu momento non era unha idea principal, á desesperada. O que buscamos non o atopamos porque era difícil e xa está. Por tanto, decidimos non reforzarnos porque estamos totalmente equilibradas e cun cadro bastante completo”.

Kakun Mainz: “Para nós son moi importantes os puntos, precisámolos e imos ir a morte polo partido”

Etiquetas AbegondoDéporDépor ABANCAfútbolMiguel LlorenteRCDRD Deportivo
ComparteChía
Publicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de GaliciaPublicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de GaliciaPublicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia

Relacionado co tema

Dépor ABANCA / RCD

O Dépor ABANCA avanza rumbo á elite froito dun loitado empate co Cacereño (1-1) que lle dá o pase á final

por Redacción As Nosas
28/05/2023
0

  Nada está a ser doado esta tempada para o Dépor ABANCA. Logo dunha igualadísima liga, no que as nosas...

Dépor ABANCA / RCD

Empate sen goles para o Dépor ABANCA no partido de ida de semifinais do play-off de ascenso ante o Cacereño

por Redacción As Nosas
21/05/2023
0

  O CP Cacereño Femenino foi un dos osos que lle custou roer ao Dépor ABANCA esta tempada. Na liga...

Abegondo, campión benxamín da Copa 5x5 Deputación da Coruña de balonmán na rúa / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN

Abegondo e Abegondo superstar, campións da 1ª edición da Copa 5×5 Deputación da Coruña de balonmán na rúa

por Redacción As Nosas
20/05/2023
0

  Rematou en Camariñas a primeira edición da Copa 5x5 Deputación da Coruña Balonmán na Rúa co Abegondo como gran...

Dépor ABANCA / RCD

O Dépor ABANCA queda a un gol da elite e terá que loitar polo ascenso no ‘play-off’ contra o CP Cacereño Femenino

por Redacción As Nosas
14/05/2023
0

  A festa do Dépor ABANCA adíase. As Nosas deportivistas quedaron a un gol do ansiado ascenso. O retorno á...

DUX Logroño vs Depor ABANCA / RCD

O Dépor ABANCA non renuncia a nada e está disposto a soñar con todo ante o DUX

por Redacción As Nosas
13/05/2023
0

  Última xornada e todo por decidir na Primera Federación Iberdrola. O Dépor ABANCA chega ubicado na terceira praza e...

Ver máis
Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidadePremios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidadePremios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Traiñeira do CR Cabo da Cruz na Liga Galega de Traiñeiras / LGT

A Liga Galega de Traiñeiras chega ás augas interiores de Galicia cunha proba nas Pontes

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Traiñeira do CR Cabo da Cruz na Liga Galega de Traiñeiras / LGT

A Liga Galega de Traiñeiras chega ás augas interiores de Galicia cunha proba nas Pontes

30/05/2023
Carreira e Andaina Solidaria ‘Camiñando Polo Dano Cerebral’ / FEGADACE

Aberta a inscrición na II Carreira e Andaina Solidaria de FEGADACE ‘Camiñando polo Dano Cerebral’, que terá lugar en Lalín o 2 de xullo

30/05/2023
Galicia conta con cinco taekwondistas no Mundial de Baku: Alma Pérez, Arlet Ortiz, Sara Cortegoso, Tania Castiñeira e Iván García / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A galega Arlet Ortiz cae nos oitavos de final no Mundial de Bakú contra a campioa de Europa de taekwondo

29/05/2023
Elviña acolleu os Campionatos Xunta de Galicia Sub-18 e Sub-16 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Gran fin de semana atlético en Elviña coa disputa dos Campionatos de Galicia Sub-18 e Sub-16

29/05/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.