Despois da borrasca que obrigou a aprazar a carreira o 23 de outubro, o Ventorrillo acolleu este domingo 6 de novembro a penúltima proba do Circuíto Coruña Corre con récord de participación e triunfo de Mélani Mariño na categoría absoluta feminina.
Facundo Medard conseguiu a súa segunda vitoria consecutiva no Circuíto Coruña Corre ao impoñerse este domingo no Ventorrillo, onde Mélanie Mariño foi a muller máis rápida, segundo informa a Concellería de Deportes do Concello da Coruña.
A oitava edición da carreira do Ventorrillo bateu o récord de participación na proba absoluta con 648 persoas, dez máis que as da edición de 2015 (o seu mellor marca ata agora) e case 200 respecto da anterior carreira deste barrio herculino, en 2019.
En total, participaron 1.321 persoas: as 648 da absoluta, 380 na categoría peques e 293 no resto.
Medard, gañador da Volta a Oza, enlazou o segundo triunfo na categoría masculina cun ritmo de 3:24 por quilómetro. Parou o reloxo en 20:30 despois dos 6.030 metros de percorrido polo barrio do Ventorrillo e avantaxou en 18 segundos a Antón Gómez na meta, onde Álvaro Presedo completou o podio a só un segundo da prata.
Xa temos os primeiros resultados! 👇
Na clasificación feminina:
🥇 Melanie Mariño.
🥈 Uxía Rodríguez.
🥉 María Ferreiro. pic.twitter.com/gK8xXZH8uv— A Coruña Deportes (@coruna_deportes) November 6, 2022
Mélanie Mariño asinou o triunfo con solvencia na proba feminina (25:01), con máis de vinte segundos sobre Uxía Rodríguez (25:23) e case medio minuto respecto de María Ferreiro (25:30). Nove segundos afastaron a Inés Papín das medallas e Nerea Sánchez cruzou a meta en cuarto lugar.
Jorge Sánchez (07:29) e Ainoa Gontán (08:45) dominaron en categoría sub-18; Juan Bouzón (07:49) e Alba Pena (09:01), levaron a sub-16; Marta Alonso (06:09) e Pablo Vázquez (05:22), conquistaron a sub-14; Lucía Ageitos (03:04) e Ian Varela (03:02) venceron a sub-12 e Sara Zuluaga (03:41) e Thiago López (03:10) foron os máis rápidos na sub-10.
🎖 Martina Amado e Antonio Ciudad, premios da Asociación de Veciños do #Ventorrillo á participante máis nova e ao máis veterano.#CoruñaCorre pic.twitter.com/WtF4gDitKf
— A Coruña Deportes (@coruna_deportes) November 6, 2022
Coruña Corre completará a tempada coa carreira de Novo Mesoiro o 27 de novembro, unha proba que xa abriu o prazo de inscrición.