A ximnasta galega Melania Rodríguez fai historia. A deportista acudiu co equipo español ao Campionato Mundial de trampolín de Bakú (Azerbaián), onde se levou o bronce na final de Dobre Mini-Tramp (DMT).
Melania Rodríguez acadou un total de 69.600 puntos, logrando así subir ao podio por detrás da sueca Lina Sjoeberg e a estadounidense Shelby Nobuhara. A deportista do Ximnasia Pontevedra conseguiu ademais o pase á final de trampolín individual, onde finalmente rematou na sétima posición.
Por equipos, o conxunto feminino rematou en sexta posición.