- A ponteareá Melania Rodríguez fíxose coa segunda medalla de ouro en dobre mini-tramp (DMT), esta vez no Mundial de Trampolín 2025.
- A galega soubo xestionar a presión de partir como favorita, co público agardando que revalidase o seu título, e saíu vitoriosa da que xa se considera “a final máis esixente da historia”.
- Neste Mundial a de Ponteareas tamén foi bronce en DMT por equipos un mérito que compartiu coa tamén galega Marta López e Loreto Tuñón
Era a primeira vez que o Mundial de Trampolín se celebraba en España, concretamente en Pamplona, un escenario que convertía a cita nun momento histórico e especialmente emotivo para Melania Rodríguez. Competir na casa implicaba que familiares, amigos e afeccionados puidesen acompañala dende as bancadas, pero esa proximidade tamén traía consigo nivel de esixencia engadido.
A ponteareá sentía que todo o mundo confiaba en que ofrecese a súa mellor versión, que fose capaz de demostrar por que chegaba como vixente campioa e revalidase o seu título.
Ver esta publicación en Instagram
Esa responsabilidade extra, lonxe de bloqueala, converteuse nun impulso: canalizou toda esa enerxía en concentración e seguridade, mostrando unha execución limpa e firme en cada exhibición. A final, considerada unha das máis esixentes que se lembran, non deu marxe ao erro. Ningunha das participantes fallou, e as notas foron excepcionalmente altas, pero Melania Rodríguez conseguiu imporse con solvencia e saír de novo vencedora.
A galega Melania Rodríguez logrou bater o récord de España, e o seu propio mellor rexistro persoal, na fase preliminar, o que a reafirma como unha das deportistas galegas chamadas a pasar á historia.
O trampolín, o último reto por superar
Melania Rodríguez non conseguiu clasificarse para a final de trampolín, unha asignatura pendente nunha proba que, polo de agora, parece resistírselle á galega. Chegar a ser olímpica na modalidade de trampolín (o mini-tramp non forma parte do programa olímpico) é un dos retos que máis ansía conseguir. No ciclo pasado quedou a tan só dúas décimas de acadar a praza na competición.
Ver esta publicación en Instagram
Unha dedicatoria moi especial a Pablo Hinójar
A ximnasta galega Melania Rodríguez ten claro a quen dedicarlle o triunfo: ao seu adestrador, Pablo Hinójar. O técnico pontevedrés, seleccionador de ximnasia acróbática e referente desta disciplina en Galicia, faleceu en 2024, cando se atopaba en Madrid para participar nunha competición na que tamén estaba a deportista. A ponteareá non o dubida “adícollo ao meu adestrador, grazas a el son quen son”.
Unha maneira profundamente significativa de honrar a memoria dunha das persoas máis importantes no desenvolvemento da súa carreira. Para Melania Rodríguez, Pablo Hinójar non foi só un adestrador: foi quen a ensinou a confiar nas súas capacidades nas vitorias e nas derrotas.
O seu impacto deixou unha pegada profunda, marcando un antes e un despois na súa traxectoria deportiva e persoal. Hoxe, en cada éxito, Melania Rodríguez leva consigo un recordo agradecido a quen estivo ao seu lado no camiño e contribuíu a convertela na deportista que é.
Ver esta publicación en Instagram
Bronce na proba por equipos
A deportista galega, xunto á tamén galega Marta López e a Loreto Tuñón, asinou unha actuación destacada que lles permitiu conseguir a primeira medalla para a delegación española na proba por equipos dedobre mini-tramp. Na súa exhibición, o conxunto demostrou que tiñan o podio ao seu alcance e, finalmente, rematou nun meritorio terceiro posto, quedando só por detrás das seleccións de Estados Unidos e Gran Bretaña.
Esta medalla non só supón un éxito deportivo, senón tamén un recoñecemento ao traballo colectivo e á progresión que está experimentando a modalidade en España.
Da competición ao equipo técnico
Melania Rodríguez exerce tamén como adestradora no equipo nacional. O seu novo reto é gañar un Mundial, pero esta vez dende o corpo técnico, axudando a outros deportistas a acadar a súa mellor versión.
Ver esta publicación en Instagram
É o seu primer campionato internacional ocupando este rol, aínda que leva anos preparándose e, segundo ela mesma asegura, é ao que quere dedicar toda a súa vida. Sente que, a través deste novo rol, pode transmitir todo o aprendido, acompañar a novos talentos e inculcarlle así a outras e outros deportistas os valores e coñecementos que antes lle ensinaron a ela.
Agora, ademais de competir, Melania tamén inspira.
Consultar resultados do Mundial de Trampolín 2025 en Olympics
Ver esta publicación en Instagram
Resultados do Mundial de Trampolín 2025
Tumbling por equipos femininos
- 🥇 Francia (Abadie, Briere-Vetillard, Dumitru-Marin)
- 🥈 Gran Bretaña (Kealy, Jeffers, Oppon)
- 🥉 Bélgica (Renders, Neyrinck, Spiessens)
DMT por equipos masculinos
- 🥇 Estados Unidos (Harder, Smith, Padilla)
- 🥈 Australia (Sitkowski, Wilcox, Diaz Ballas)
- 🥉 AIN2 (Iurev, Zalomin, Panteleev)
DMT por equipos femininos
- 🥇 Estados Unidos (Raga, Roberts, Harder)
- 🥈 Gran Bretaña (Beattie, Way, McKenna)
- 🥉 España (Tuñón Ginés, López, Rodríguez)
Tumbling por equipos masculinos
- 🥇 Azerbaiyán (Malkin, Aliyev, Hajizada, Gurbanov)
- 🥈 Estados Unidos (Fowler, Brown, Harper, Mensah)
- 🥉 Dinamarca (Lindholmer, Abildgaard, Bundgaard, Skaaning)
DMT masculino
- 🥇Rubén Padilla (USA)
- 🥈Mikhail Zalomin (AIN)
- 🥉West Fowler (USA)
Tumbling feminino
- 🥇Arina Kaliandra (AIN)
- 🥈Candy Briere-Vetillard (FRA)
- 🥉Lani Spiessens (BEL)
Trampolín sincronizado mixto
- 🥇AIN (Yarshova Katsiaryna y Yaskevich Stanislau)
- 🥈JPN (Sakurai Ena y Miyano Hayato)
- 🥉AZE (Mahsudova Seljan y Mahsudov Magsud)
Tumbling masculino
- 🥇Ethan McGuinness (AUS)
- 🥈Magnus Lindholmer (DEN)
- 🥉Martin Abildgaard (DEN)
DMT feminino
- 🥇Melania Rodríguez (ESP)
- 🥈Galina Begim (AIN)
- 🥉Kirsty Way (GBR)
Trampolín por equipos femininos
- 🥇RP. China (Hu Yicheng, Fan Xinyi, Qiu Zheng, Zhu Xueying)
- 🥈AIN (Iana Lebedeva, Viyaleta Bardzilouskaya, Katsiaryna Yarshova, Zlata Miniakhmetava)
- 🥉Japón (Misawa Yuka, Tanaka Saki, Sakurai Ena, Mori Hikaru)
Trampolín por equipos masculinos
- 🥇AIN1 (Ivan Stankevich, Sebastsyan Litvinovich, Andrei Builou, Stanislau Yaskevich)
- 🥈AIN2 (Dmitrii Nartov, Maksim Didenko, Kirill Kozlov, Danila Kasimov)
- 🥉Portugal (Diogo Abreu, Gabriel Albuquerque, Pedro Ferreira, Lucas Santos)
Trampolín sincronizado feminino
- 🥇Japón (Mori Hikaru, Tanaka Saki)
- 🥈Gran Bretaña (Bryony Page, Isabelle Songhurst)
- 🥉RP. China (Hu Yicheng, Zhang Xinxin)
Trampolín sincronizado masculino
- 🥇AIN (Ivan Litvinovich, Andrei Builou)
- 🥈Japón (Matsumoto Yusei, Miyano Hayato)
- 🥉RP. China (Chen Yuhan, Wang Dong)
Trampolín feminino individual
- 🥇Hu Yicheng (CHN)
- 🥈Mori Hikaru (JPN)
- 🥉Sophiane Methot (CAN)
Trampolín masculino individual
- 🥇Wang Zisai (CHN)
- 🥈Ruben Padilla (USA)
- 🥉Miyano Hayato (JPN)
All-around por equipos
- 🥇RP. China (Hu Yicheng, Zhang Xinxin, You Qing, Li Zhenghuan, Chen Yuhan, Wang Dong, Xue Zhenbang, Fu Shalin, Fan Xinyi, Yan Langyu)
- 🥈AIN (Sofiia Aliaeva, Anzhela Bladtceva, Aleksandra Liamina, Mikhail Zalomin, Dmitrii Nartov, Kirill Panteleev, Sergei Finichenko, Galina Begim, Anzhela Bladtceva, Kirill Kozlov)
- 🥉Gran Bretaña (Isabelle Songhurst, Bryony Page, Megan Kealy, Omo Aikeremiokha, Corey Walkes, Zak Perzamanos, Kristof Willerton, Kirsty Way)
🥇➡️👩🏫De oro mundial a entrenadora del equipo nacional en 48 horas.
Así ha sido el primer día de Melania Rodríguez como entrenadora de la @RFEGimnasia
“Quiero transmitir mi pasión por la gimnasia”.
Escuchando a @lidiafarrapeira parece conseguirlo:
“Me flipa entrenar con ella”. pic.twitter.com/FHcWwOyVGk— Teledeporte (@teledeporte) November 10, 2025





















