A localidade asturiana de Gijón acolle esta fin de semana o Campionato de España de Atletismo adaptado. Na cita haberá representación galega. Alí estará a mediofondista Ana Varela Mosteiro que afrontará as distancias de 800 metros, mañá sábado 25 de xuño, e 1.500 metros pasado mañá, domingo.
A cita asturiana á que acude Ana Varela Mosteiro terá lugar no Complejo Deportivo Las Mestas que xa acolleu esta mesma competición hai uns anos, concretamente na edición de 2011. Agárdase a participación de máis de 150 deportistas entre os que estará a coruñesa Ana Varela Mosteiro e, xunto a ela, o deportista de apoio que corre ao seu carón, Luis Pinedo Armesto.
A competición está organizada polas federacións españolas de deportes de deportes de Personas con Parálisis Cerebral y Daño Cerebral Adquirido (FEDPC), de Personas con Discapacidad Física (FEDDF), para persoas cegas (FEDC), con Discapacidad Intelectual (FEDDI) e para persoas xordas (FEDS). Colabora con todas elas a Federación de Deportes para Personas con Discapacidad Física del Principado de Asturias (FEDEMA).
Anita compite a través da Federación Española de Deportes para Ciegos (FEDC) que, según informa na súa web, acude á cita con 36 representantes chegadas e chegados de diferentes puntos de España. Desde Galicia, concretamente desde A Coruña, acude esta corredora.
Ver esta publicación en Instagram
A atleta coruñesa que confirmo a esta redacción a súa participación nas probas de 800m e 1.500m compite a través da FEDC. O mes pasado esta mesma deportista conseguía o primeiro posto nos 1.500 metros no Paralympic Meeting Hospitalet.
Ver esta publicación en Instagram
No momento de elabora esta información está pendente de confirmación a participación doutra galega, Nuria López, que competiría en cadeira de rodas.