- Seis xogadoras máis veñen de facer pública a súa renovación co Poio Pescamar e fano ata o ano 2028, e dicir, asinan por dous anos máis coa entidade vermella. Son: Martita, Pedreira, Débora, Èlia, Chuli e Yanira.
- Súmanse a Carolina Bravo, Ale de Paz e Elena alcanzando así as 9 renovacións ata 2028 no equipo galego.
Martita asina por dous anos máis co Poio Pescamar
Tras darse a coñecer a renovación por dous anos das capitás Ale de Paz e Elena, non podía ser diferente co outro peso pesado do vestiario. Marta López-Pardo González-Tejero (A Coruña, 19/03/2001), xogará a súa sexta e sétima campaña como conserveira. É a futbolista que, actualmente, máis tempadas consecutivas acumula no club.

Con 172 partidos ás súas costas, Martita xa é unha lenda vermella e unha das cinco xogadoras con máis enfrontamentos disputados en Primeira División coa camiseta do Poio Pescamar FS.
Ademais, a pesar de ser peche, Martita cada ano supera o seu rexistro anterior de goles anotados, alcanzando os 32 (e 19 asistencias). O seu crecemento exponencial valeulle para asentarse na Selección Española, coa que conseguiu a medalla de bronce no Mundial de Filipinas a final de 2025.
Os seus números no curso 2025 / 2026 son:
- Convocatorias: 39
- Partidos xogados: 36
- Titularidades: 30
- Goles: 10
- Asistencias: 4
- Tarxetas amarelas: 0
- Tarxetas vermellas: 0
Ver esta publicación en Instagram
Haberá Pedreira ata o 2028
Carolina de Assis Olim Mendonça Pedreira (Cascais, Portugal, 14/04/2002) será conserveira dous anos máis.
Na súa primeira campaña no Poio Pescamar FS ás ordes de Luis López-Tulla destacou polo seu alto nivel e regularidade, sendo unha das tres futbolistas que participou en todos os partidos (39) do curso, xunto a Débora e Chuli.
Con 24 participacións directas en goles, erixiuse como peza fundamental do balance ofensivo do equipo. Ademais, disputou o Mundial de Filipinas coa selección portuguesa, proclamándose subcampioa. Pedreira tamén foi galardoada co premio a Mellor xogadora nova do mundo do ano 2025.
Os seus números na campaña 2025 / 2026 son:
- Convocatorias: 39
- Partidos xogados: 39
- Titularidades: 23
- Goles marcados: 16
- Asistencias: 8
- Tarxetas amarelas: 13
- Tarxetas vermellas: 0
Ver esta publicación en Instagram
A internacional lusa Débora seguirá vestindo o vermello
Débora Marisa Fernandes Lavrador (Lisboa, 16/01/1996) renova, do mesmo xeito que o resto de compañeiras que continúan, ata 2028.
A futbolista portuguesa, subcampioa do mundo en Filipinas en 2025, despuntou no seu primeiro ano no Poio Pescamar FS, xogando en todas as posicións e destacando por ser unha das tres integrantes do persoal que disputaron os 39 partidos posibles para o equipo conserveiro.
Ademais, con 16 goles e 10 asistencias, foi a segunda xogadora con máis aparicións decisivas en ataque.
As súas estatísticas entre Liga, Copa da Raíña e Copa Galicia foron:
- Convocatorias: 39
- Partidos xogados: 39
- Titularidades: 15
- Goles marcados: 16
- Asistencias: 10
- Tarxetas amarelas: 7
- Tarxetas vermellas: 0
Ver esta publicación en Instagram
Dous anos máis con Èlia como conserveira
Èlia Gullí Martínez (Tarragona, 14/06/2000) e o Poio Pescamar FS acordaron a renovación da vinculación entre ambos por dous anos máis.
Èlia foi recentemente operada do ligamento cruzado anterior do seu xeonllo esquerdo, polo que comezou o seu proceso de recuperación. O infortunio cebouse con ela no primeiro partido da semifinal polo título de liga, tras unha gran tempada, premiada co seu debut na Selección Española en febreiro de 2026.
Coa camiseta rojilla disputara todos os partidos posibles (38), 17 como titular, marcando 11 goles e dando 1 asistencia.
Entre as dúas campañas que leva defendendo as cores do club poiense, acumula:
- Convocatorias: 70
- Partidos xogados: 62
- Titularidades: 30
- Goles marcados: 22
- Asistencias: 4
- Tarxetas amarelas: 6
- Tarxetas vermellas: 0
Ver esta publicación en Instagram
Chuli quédase ata o 2028
Carmen Noreña Rodríguez, Chuli (Santander, 18/10/2000), estende dous anos máis a súa vinculación co club.
Na súa segunda campaña co Poio Pescamar volveu ser partícipe no 100% de partidos posibles (esta vez xunto a Pedreira e Débora).
A súa regularidade tradúcese en 17 goles, que a converten na segunda máxima anotadora do equipo no curso 2025 / 2026, por detrás de Ale de Paz (22) e igualada con Rafa Pato. Curiosamente, son os mesmos tantos que na tempada do seu debut como conserveira, na que tamén quedou como segunda máxima anotadora.
Así, Chuli pechou o ano cos seguintes números entre todas as competicións:
- Convocatorias: 39
- Partidos xogados: 39
- Titularidades: 14
- Goles marcados: 17
- Asistencias: 6
- Tarxetas amarelas: 10
- Tarxetas vermellas: 0
Ver esta publicación en Instagram
A galega Yanira, baixo paus conserveiros ata o 2028
A portería vermella manterá a dupla da recentemente terminada tempada outros dous anos máis. Á renovación de Elena únese a de Yanira Guizán Montes (Lugo, 30/01/2006), tamén ata 2028.
A gardameta internacional con España en categoría sub-17 e sub-19, que vén de xogar coa Selección Galega o pasado sábado fronte a Cataluña, disputou 7 partidos de liga, 1 de Copa da Raíña e 2 en Copa Galicia.
En Primeira División, despuntou con catro duelos seguidos (xornadas 23 a 26), nos que demostrou o seu alto nivel e deixou a portería a cero fronte a rivais como LBTL Futsal ou o Alcorcón. En total, as súas estatísticas foron:
- Convocatorias: 38
- Partidos xogados: 10
- Titularidades: 10
- Goles recibidos: 11
- Asistencias: 0
- Tarxetas amarelas: 1
- Tarxetas vermellas: 0
Ver esta publicación en Instagram





















