No curso no que o hoquei a patíns galego quedou novamente cun único representante na máxima categoría, xusto coincide co aumento de equipos na Ok Liga Prata feminina. Neste curso 2025-26 son seis os conxuntos da nosa terra que militan na segunda. O descendido Hockey Club Raxoi (Santiago de Compostela), o Hoquei Club Ponteareas (Ponteareas), o HC RESA Cambre (Cambre) e o DP Berenguela Axiltec, que repiten na categoría, e os debutantes Marineda Hockey (A Coruña) e o Traviesas Hockey Club (Vigo).
Ver esta publicación en Instagram
Así, dos 14 equipos que compoñen a categoría de prata feminina do hoquei a patíns estatal, cinco son galegos. Un dato que fala de que, co tempo, a canteira desta disciplina en Galicia está dando froitos. E faino, ademais, en diferentes puntos do territorio galego, como Ponteareas, Vigo, Cambre, Santiago (por partida dobre) e A Coruña, a localidade na que este deporte adoitaba ter historicamente máis acollida e o concello que actualmente conta cun equipo na elite (HC Coruña).
Así lles vai aos seis galegos da Ok Liga Prata
Con dúas xornadas disputadas nesta competición o Marineda Hockey é segundo, o Hockey Club Raxoi é cuarto, o Traviesas Hockey Club é sétimo, seguido do DP Berenguela Axiltec (oitavo), o Hoquei Club Ponteareas é décimo, e o HC RESA Cambre ocupa a 12.ª posición na táboa.
Ver esta publicación en Instagram
Marineda Hockey, segundas
Despois da vitoria do pasado sábado ante o Iman Serroukah Alcalá Hockey (2-3), as coruñesas do Marineda Hockey son, ata o momento, segundas na Ok Liga Prata Feminina, só por detrás do Gatikako Iusturi, que as iguala a puntos, pero conta con menos goles encaixados (11-10) e unha maior porcentaxe de tantos a favor (1-3).
Unha moi boa maneira de dar comezo a unha tempada que se presenta de cara para as xogadoras do Marineda Hockey, que xa deixou moi boas sensacións no seu primeiro partido contra o DP Berenguela Axiltec (7-1) e que loitará agora por escalar ata a máxima posición o próximo sábado 18 diante do HC Resa Cambre ás 18:00 h.
Hockey Club Raxoi, vence a domicilio ao Traviesas
O panorama tamén parece favorable para o Hockey Club Raxoi. Aínda que o arranque da tempada foi cun empate ante o Club Promoción Patín Raspeig (2-2), as de Compostela lograron remendar a situación e asinaron a vitoria ante o Traviesas Hockey Club (1-2), o que as leva á cuarta posición na clasificación da OK Liga Plata Femenina.
O seu próximo partido será ante o UDC Rochapea o sábado 18 ás 20:15 h.
Traviesas Hockey Club, vitoria fóra e derrota na casa
Aínda que as viguesas do Traviesas Hockey Club abriron a tempada cun axustado triunfo ante o Tres Cantos Ibercenter PC (2-3), as cousas parecen complicarse para elas ao caer na segunda xornada de liga ante outras galegas, as do Hockey Club Club Raxoi, que venceron 1-2.
Agora tocaralle medirse ao Hockei Club Ponteareas o domingo 19 ás 12 h.
DP Berenguela, recomponse ante o Oviedo Roller HC
Despois da contundente derrota fronte ao Marineda Hockey (7-1), ás patinadoras do DP Berenguela Axiltec tiñan que recompoñer a situación da maneira que fose, e así o fixeron. Aproveitaron a oportunidade e remataron o segundo partido de liga cun aplastante triunfo ante o Oviedo Roller HC 5-0.
No seguinte encontro enfrontaranse ao Tres Cantos Ibicenter o sábado 18 ás18:00 h.
Hockey Club Ponteareas, cal e area
As deportistas do Hoquei Club Ponteareas gañaron o seu primeiro partido, que as enfrentaba ao Club Patín Alcorcón (2-1), pero a situación empeora para as galegas, que perdían o pasado sábado ante o Club Promoción Patín Raspeig cun contundente resultado: 4-1, o que as sitúa na 10ª posición da táboa con 3 puntos, 3 goles a favor e 5 en contra.
Na vindeira xornada mediranse ao Traviesas Hockey Club ás 12 h.
HC Resa Cambre, un partido, unha vitoria
O HC RESA Cambre é o equipo galego co horizonte máis complicado da OK Liga Plata Femenina, xa que non acumula ningún punto ata o momento. Xogaron tan só un partido, que perderon ante un Gatikako Iusturi que non lle puxo as cousas nada fáciles, logrando unha rotunda vitoria 6-1.
As cambresas son 21ª na clasificación, aínda que teñen pendente disputar o partido correspondente á primaria xornada, que non se pudo celebrar. Unha vitoria podería remendar a situación do equipo, que terá que facer o posible por escalar posicións.
O seu próximo encontro celebrarase o sábado 18 ante o Marineda Hockey ás 18 h.
Resultados da Ok Liga Prata Feminina
Na primeira xornada da Ok Liga Prata feminina 2025-26 os resultados dos clubs galegos foron os seguintes:
- Hockey Club Raxoi vs Club Promoción Patín Raspeig (2-2)
- Hockey Club Pontereas vs Club Patín Alcorcón (2-1)
- Marineda Hockey vs DP Berenguela Axiltec (7-1)
- Tres Cantos Ibercenter PC vs Traviesas Hockey Club (2-3)
- HC RESA Cambre vs Iman Serroukh Alcalá Hockey (pendente)
Ver esta publicación en Instagram
Na segunda xornada da Ok Liga Prata feminina 2025-26 os resultados dos clubs galegos foron os seguintes:
- DP Berenguela Axiltec vs Oviedo Roller HC (5-0)
- Gatikako Iusturi vs HC RESA Cambre (6-1)
- Iman Serroukh Alcalá Hockey vs Marineda Hockey (2-3)
- Traviesas Hockey Club vs Hockey Club Raxoi (1-2)
- Club Promoción Patín Raspeig vs Hoquei Club Ponteareas (4-1)

Ver esta publicación en Instagram
Duelo galego á semana na Ok Liga Prata
Dous foron os duelos de rivalidade rexional galega que xa se disputaron na Ok Liga Prata Feminina. O Marineda Hockey vencía 7-1 ao DP Berenguela Axiltec, e o Hockey Club Raxoi impoñíase a domicilio ao Traviesas Hockey Club por 1-2.
Na terceira xornada da Ok Liga Prata feminina 2025-26 os cruces previstos para os clubs galegos son os seguintes:
- 18/10/25 18:00 h Tres Cantos Ibercenter PC vs DP Berenguela Axiltec
- 18/10/25 18:00 h HC RESA Cambre vs Marineda Hockey
- 18/10/25 20:15 h Hockey Club Raxoi vs UDC Rochapea
- 19/10/25 12:00 h Hoquei Club Ponteareas vs Traviesas Hockey Club
Deste xeito, o domingo á mañá vivirase a o terceiro duelo de rivalidade galega na Ok Liga Prata feminina. De feito, ata a xornada 13.ª todas as semanas haberá un cruce entre galegas na categoría de prata do hoquei estatal.





















