A pasada fin de semana celebrouse o Campionato de España de lanzamentos longos de inverno para as categorías absoluto e máster, na que as atletas galegas colleitaron éxitos.
Seis representantes do Atletismo Galego acudiron á cita. En nivel máster só houbo unha competidora galega, Ana Abuin, da Atlética A Silva, que se proclamou campioa de España no concurso de martelo pesado con 9.60 m. e logrou unha medalla de prata no de martelo con 25.08 m. Desta forma, a atleta de Ribadumia amplía así o seu palmarés.
A xavelina, categoría predilecta das atletas galegas
Na categoría absoluta, como xa se prevía, a xavelina foi o centro de todas as miradas. A internacional Lidia Parada, do Atletismo Barbanza, lograba o subcampionato nacional efectuando un mellor lanzamento de 53.80 m.
Nesta mesma proba, Carmen Sánchez Parrondo, subcampioa nacional no ano pasado, logrou o metal de bronce con 51.16 m. igualando o mesmo metal do ano pasado e compatindo podio con Parada.
Os éxitos seguiron da man da subcampioa de España Sub23 Ivanna Carolina Román do Ría Ferrol, que acadou un importante cuarto posto e unha MMP con 47.62 m. Por debaixo dela, na novena posición, quedou Andrea González da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, con 43.88 m.
No concurso de martelo a única galega foi Irene Gómez quen rematou na sexta posición para a Sub20, con 52.72 m.