Aló por onde vai Ana Peleteiro presume de ser galega. Fíxoo tamén ao recibir o máximo galardón que outorga a Xunta de Galicia: a Medalla Castelao. A atleta de Ribeira apuntou no seu discurso que a súa carreira aínda estaba a comezar e que nin fóra quen de ser olímpica aínda, e que por iso creía que este recoñecemento viña vencellado non so á súa traxectoria deportiva, senon ao seu orgullo de ser galega.
A triplista galega agradeceu aos seus pais o apoio que lle prestaron para conseguir ser na vida o que quería ser: deportista.
O discurso de Ana Peleteiro @apeleteirob despois de recibir a #MedallaCastelao
🎙️”Grazas a meus pais por apoiarme”
🎙️”Non só se me premia polo que fixen no meu traballo. Tamén polo orgullo que sinto por ser galega”👉 https://t.co/pBYzlhVXV2 pic.twitter.com/OG5P7jMJxk
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) June 28, 2020
Na súa conta de Twitter a atleta sinalaba: “É un orgullo para min recibir esta Medalla Castelao de parte de todos os galegos. A partires de agora voarei mais lonxe por todos e cada un de vós”, e facía referencia a unha das obras de referencia de Castelao para agradecer o galardón: “Grazas galegos, Sempre en Galicia”
É un orgullo para min recibir esta Medalla Castelao de parte de todos os galegos.
A partires de agora voarei mais lonxe por todos e cada un de vós.
GRAZAS GALEGOS, SEMPRE EN GALICIA 💙✨👓#medallacastelao2020 #galiciacalidade pic.twitter.com/O7Kn3gqPfM— ANA PELETEIRO BRIÓN (@apeleteirob) June 28, 2020
Feijóo fixo referencia á avoa da atleta
Antes de entregarlle o galardón, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, facía referencia á deportista do Barbanza e á súa avoa, unha muller moi querida pola premiada. De feito, Ana Peleteiro adoita a falar dela con moito amor.
Núñez Feijóo, presidente da Xunta: “Cando antes me refería a eses xigantes sobre os que camiñamos, quizais Ana Peleteiro pensou na súa avoa. Unha avoa que coñeceu todas as penalidades, que viviu na Galicia máis lóbrega e que ademais calou todas as súas desgrazas coma se fosen algo natural que se leva en silencio.
Hoxe a súa neta é unha campioa admirada en todo o mundo, que pasea por todas as pistas as bandeiras dunha Galicia e dunha España moi diferentes. Hai moitas avoas así na nosa historia, e moitas biografías familiares que cambian o seu destino para acadar outro tipo de campionatos. As medallas que luce Ana Peleteiro son una consecuencia de entrenamentos agotadores, dunha fe constante no triunfo, e tamén o resultado do traballo de avoas, nais e pais como a súa”.
Así colocaba o presidente galego no pescozo de Ana Peleteiro Brión a Medalla Castelao:
Ana Peleteiro, atleta Medalla Castelao 2020: “É unha honra para min ter a Medalla Castelao, eu presumo de ser galega” https://t.co/FRjAWlpwTg pic.twitter.com/RT39UdtQSg
— G24 (@G24Noticias) June 28, 2020