• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Balonmán Máis balonmán

2×1 para o Mecalia Atlético Guardés arranque europeo e volta a casa, á Sangriña

O Mecalia disputa como local a terceira eliminatoria íntegra da Copa Europea ante o Juro Unirek VZV neerandés o sábado e o domingo, ambos os días ás 19:00 h | Abel González: “Sabemos que o imos a facer ben”

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
10/12/2022
en Balonmán, Máis balonmán
Jesús López, presidente, e Patrícia Lima, xogadora do Mecalia / MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS

Jesús López, presidente, e Patrícia Lima, xogadora do Mecalia / ATLÉTICO GUARDÉS

130
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
  • Os encontros do Mecalia Atlético Guardés e o Juro Unirek VZV da EHF European Cup servirán para a inauguración da reforma da Sangriña.
  • A escuadra holandesa ocupa a novena posición do seu campionato.
  • O club galego programou unha festa con actuacións, espazo para a base e algunhas sorpresas.

Pasaron cinco meses e medio desde a última vez que o Mecalia Atlético Guardés xogou na Sangriña. Sucedeu o pasado 21 de maio, na penúltima xornada da liga Guerreras Iberdrola 2021/22, nun encontro fronte ao Costa del Sol Málaga. Desde entón, o equipo miñoto competiu lonxe de casa, tanto como visitante como de local. En Tui disputou tres choques como anfitrión.

Case medio ano despois a reforma do recinto guardés da Sangriña está terminada e esta fin de semana inaugurarase de forma oficial de forma inmellorable. Será coa disputa da terceira rolda europea -tanto a ida como a volta- o sábado e o domingo -ambos ás 19:00- fronte ao Juro Unirek VZV de Nederland.

🏴‍☠️ HOXE DESEMBARCAMOS

⌚️ 19:00
🆚 @jurounirekvzv
🔥 A SANGRIÑA
🏠 A GUARDA
🏆 EHF European Cup
🗒️ Rolda 3 | Ida
👀https://t.co/Om9jFmmDfg#TodasAPorto #TodasABordo pic.twitter.com/XD5eCqHsms

— Mecalia Atlético Guardés (@Atlguardes_ofic) December 10, 2022

A décima incursión consecutiva por Europa do Mecalia Atlético Guardés comeza en casa. A tripulación que capitanea Abel González volve a porto e inicia a súa andaina na EHF European Cup. Dobre dose de ilusión. O bloque de xogadoras ten moitas esperanzas postas nesta competición e o impulso de estrear o seu reformado fogar permítelle afrontar coa máxima intensidade o compromiso fronte ás neerlandesas.

O resultado da reforma deu lugar a un coqueto recinto, con 706 prazas sentadas, que poden alcanzar as 1.000 combinándoas co aforo de pé que permiten os amplos corredores da bancada superior da bancada.

O Juro Unirek VZV chegaba ao Baixo Miño o venres vía O Porto. O conxunto neerlandés superou na rolda anterior ao Dicken finés (gañou na casa 22-13 e perdeu en Helsinqui 26-24).

O Mecalia Atlético Guardés, que quedou exento por ser a primeiro cabeza de serie do torneo, medirá a ambición da escuadra que dirixe Jitse Blommestein, que conta cun persoal realmente novo. Tan só ten tres xogadoras que superan os 25 anos –Meike van Splunter (26), Eva van Stralen (27) e Maud Kruijer (27)-. O resto, oscila ao redor dos 20, cun nutrido grupo por baixo das dúas décadas. É dicir, ímpeto, ilusión e enerxía para pelexar polo pase, aínda que tamén inexperiencia.

O conxunto da localidade holandesa de ‘t Veld marcha en novena posición do seu campionato doméstico, que, como o español, conta con doce equipos na súa máxima categoría.

Será o domingo cando se saiba que equipo avanza de rolda. O acordo entre clubs permitiu que a eliminatoria da EHF EUROPEAN CUP se xogue de forma íntegra na Guarda. O Mecalia Atlético Guardés será o equipo local o sábado, mentres que o Juro Unirek VZV o será o domingo.

😖 O máis duro do deporte son as lesións.
🦶🏻Carolina Silva sábeo ben tras moitos meses de baixa por unha rotura do aquiles.
😊 Traballo duro, pero sempre cun sorriso.
😃 Por iso, hoxe é un día para sorrir moito máis. Carol ten o alta e entra na lista.
🤗 Bem-vinda! pic.twitter.com/pQpJmphdiW

— Mecalia Atlético Guardés (@Atlguardes_ofic) December 10, 2022

O técnico local, Abel González, afronta o choque con plenas garantías. O desgusto da derrota no derbi ante o Conservas Orbe Rubensa BM Porriño xa forma parte do pasado. Nova competición, novo rival e nova casa. Son ingredientes para cociñar unha boa receita de balonmán. Sobre todo, tendo en conta que o técnico asturiano dispón de todas as súas xogadoras fóra de Carolina Silva, xa na última fase da recuperación da súa rotura do tendón de aquiles. A primeira liña portuguesa está a piques de recibir o alta e será unha axuda importante para o equipo na segunda metade da tempada.

‘Todas a porto’, campaña para levar ao público á Sangriña

E a festa na pista terá festa tamén fóra dela. O Mecalia Atlético Guardés lanzou unha campaña baixo o lema ‘Todas a Porto’ -xogando co lema da tempada, ‘Todas a bordo’- para animar á súa xente para acompañar ao equipo neste regreso a casa.

As entradas teñen un prezo único de 10 euros e dan dereito a presenciar os dous partidos. Máis que competitivo. As persoas socias poderán acceder gratis presentando o seu carné. Todo o que asista á reinauguración da Sangriña poderá gozar con actuacións os dous días, actividades coas nenas e nenos da base e algunha que outra sorpresa. A tripulación espera e desexa que o regreso a porto sexa ao grande.

Abel González: “A palabra chave é ‘confianza”

Con motivo de tan especial ocasión, o club organizou unha rolda de prensa na que participaron Jesús López -presidente-, Abel González -adestrador- e unha das capitás do equipo, Patrícia Lima. Os tres valoraron o regreso a casa e a posibilidade de xogar a eliminatoria íntegra na Sangriña.

“A palabra chave é confianza. Necesitamos collela no noso pavillón, que durante catro meses non puidemos ter. Vai vir moi ben estrealo nesta competición”, declarou o técnico asturiano. “Quedou un pavillón moderno e moi bonito, con todos os aspectos de seguridade e confort actualizados. É unha gran noticia para todos no club”, destacou o máximo mandatario da entidade.

🎙️ Sala de prensa
🗣️ @COLORADO_AGLEZ: “La palabra clave es ‘confianza”.
🗣️ @patricialima_19: “Queremos llegar hasta la final”.
🗣️ @CHUCHYGUARDES: “Seguimos haciendo un esfuerzo importante por jugar cada año en Europa”https://t.co/cPXfMxhL1a

— Mecalia Atlético Guardés (@Atlguardes_ofic) December 10, 2022

En nome das xogadoras, Patrícia Lima incidiu no mesmo aspecto. “O Guardés sempre foi moi forte na Sangriña e ata o de agora non a podiamos gozar. Por iso é moi importante para nós estreala e máis nunha competición como esta. A partir de aquí imos facernos máis fortes e a coller este plus para aplicalo á liga”, salientou a xogadora portuguesa, que se mostrou ambiciosa. “Queremos chegar ata a final. Hai uns anos alcanzamos as semis e se estamos na competición é para pelexala e para gañala”.

“Seguimos facendo un esforzo moi importante por xogar en Europa. Creo que é moi importante para o balonmán español. E creo que algún día darémonos conta da importancia que ten que un pobo como A Guarda, de 10.000 habitantes, estea en Europa cada anos. Síntome súper orgulloso de representar a este club”, proclamou o presidente.

Sobre o partido, Abel González apelou á “humildade” e escapou de calquera favoritismo. “Sempre fun un xogador humilde, ás veces de máis. Pero é que non me gusta dicir que somos favoritas. É unha presión innecesaria que che engades. Creo que o equipo vai traballar con esa humildade para sacar o partido adiante con traballo duro”, comentou.

Etiquetas a sangriñabalonmánEHF EUROPEAN CUPJuro Unirek VZVMecalia Atlético GuardésNederland
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Fernando Reyes, novo presidente do At. Guardés, e Jesús López, anterior / ATLETICO GUARDÉS

Carta á afección de Fernando Reyes, novo presidente do Atlético Guardés

por Redacción As Nosas
06/07/2026
0

Fernando Reyes: “Superamos a tormenta, pero aínda queda unha parte da travesía difícil, na que todos teremos que facer esforzos”....

Fernando Reyes González / ATLÉTICO GUARDÉS

Fernando Reyes González é o novo presidente do CB Atlético Guardés

por Redacción As Nosas
01/07/2026
0

Fernando Reyes: “Se había que sacar isto adiante e podía colaborar en que o Guardés non rematase, quería aportar o...

Asamblea Atlético Guardés / ATLÉTICO GUARDÉS

O Atlético Guardés extrae un novo e positivo comezo da súa Asemblea Ordinaria

por Redacción As Nosas
01/07/2026
0

O pavillón da Sangriña acolleu este mércores a Asemblea Xeral Ordinaria para socios e abonados do Club Balonmán Atlético Guardés,...

Sabina Mínguez, porteira do Atlético Guardés, no Mundial Universiario / FISU

Sabina Mínguez, quinta no Mundial Universitario

por Redacción As Nosas
29/06/2026
0

A porteira do Guardés, Sabina Mínguez, xunto coas Guerreras Universitarias, finalizou o Campionato do Mundo 2026 en quinto lugar. O...

Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

O Guardés decide o seu futuro na Asemblea Ordinaria do próximo 1 de xullo

por Redacción As Nosas
19/06/2026
0

O Atlético Guardés convocou aos seus socios e abonados a unha Asemblea Xeral Ordinaria o próximo 1 de xullo, ás...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.