O Concello da Coruña, a través da súa Concellaría de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, comezou os traballos para a creación dun novo parque biosaudable e de calistenia no barrio de Matogrande. Esta nova zona de lecer e deporte estará situada na avenida de San Cristovo, nas zonas verdes onde anteriormente había unhas instalacións de gas, xa desmanteladas.
Os traballos prolongaranse durante as dúas próximas semanas e terán un orzamento de case 50.000 euros. O obxectivo do Concello da Coruña con esta actuación é dotar o barrio de Matogrande dunha nova área para o uso e gozo da cidadanía, aproveitando espazos públicos sen uso como este.
O zona conta con 338 metros cadrados de superficie, que se dividirá en dous espazos: un que contará con dúas grandes estruturas de calistenia e outra con catro elementos biosaudables. Haberá, ademais, unha praza central de formigón.
O novo parque de Matogrande estará arrodeado de vexetación, o que o fai desta localización un espazo idóneo para unha instalación destas características.