• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Sobre rodas

Elena Martín: “A idea é fomentar o deporte e o ciclismo entre as mulleres”

O club ciclista Atlántigas, primeiro en Galicia enteiramente feminino, organiza unha gran saída neste mes de xullo ademais de preparar un proxecto para o Xacobeo e outro para o Rapha Women's 100

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
14/07/2021
en Sobre rodas, Máis Deporte
As ciclistas de Atlántigas Andrea, Lúa, María, Elena Martín e Tití / CEDIDA

As ciclistas de Atlántigas Andrea, Lúa, María, Elena Martín e Tití / CEDIDA

410
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

O ciclismo tamén é feminino. E se non, que llo digan ás Atlántigas, integrantes do primeiro (e polo de agora único) club ciclista feminino de Galicia. Creado hai dous anos, a súa impulsora Elena Martín explica que no equipo “a idea é fomentar o deporte e o ciclismo entre as mulleres”.

Cun grupo de Whatsapp creado para organizar saídas e un club federado, estas ciclistas comparten a súa paixón pola bici, máis aló das competicións, e cun marcado matiz social.

Despois do parón obrigado pola COVID-19, as Atlántigas volveron subirse ás bicis en abril, nunha saída técnica de BTT. En xullo, as ciclistas volven ás rúas na saída oficial do día 17 na zona de Nigrán, que incluirá a tradicional comida de verán e a estrea dunha nova equipación.

Xa en setembro, estas deportistas celebrarán o Xacobeo dunha forma especial, cunha ruta seguindo o Camiño. Tamén están a preparar unha marcha en Vigo polo Rapha Women’s 100.

As orixes das Atlántigas

No 2018, Elena Martín e unha amiga comentaron como, cando saían cos mozos, “tiñamos esa sensación de que sempre ían agardando por nós”. A agora presidenta das Atlántigas sinala como as condicións físicas son diferentes entre os xéneros, polo que, malia que “nos gusta ir con eles, ás veces queríamos ir a outro ritmo”.

Así xurdiu a idea de crear un grupo con máis mulleres apaixonadas do ciclismo para compartir a súa afección xuntas.

Susana e Arantxa, das Atlántigas / CEDIDA
Susana e Arantxa, das Atlántigas / CEDIDA

Martín recorda como durante un mes intentou contactar con toda ciclista que encontrase. “Cada vez que vía unha moza na bici pola estrada parábaa como unha tola. Era como as nenas no patio do cole preguntando, “queres ser a miña amiga?” Pois eu igual, “queres vir en bici comigo?””, recorda divertida.

A través deste boca-orella e a aplicación Strava, unha especie de rede social para deportistas, a proposta de Martín chegou a decenas de ciclistas. “Pensamos que íamos ser catro ou cinco e xuntámonos case 40”, explica.

Elena Martín: “No que parecía coma un deporte no que non había mozas, comezamos a saír debaixo das pedras”

Co paso das semanas, o grupo seguía medrando. “No que parecía coma un deporte no que non había mozas, comezamos a saír debaixo das pedras”, sinala.

O nacemento do club

Pasado un ano, o grupo superaba o centenar e o seguinte paso estaba claro: a creación do club. Pioneiras en Galicia, Elena Martín e as súas compañeras puxéronse mans á obra para dar lugar á primeira xunta directiva, que ela mesma preside, e crear Atlántigas.

Unha das motivacións foi axudar ás deportistas interesadas a federarse, pero sen deixar de lado ao resto. Desta forma, agora as galegas teñen dous grupos, un adicado ás saídas e quedadas e outro do propio equipo. “Cada vez que unha vai saír, e apetécelle quedar con alguén, o que fai é avisar e a xente apúntase. Dependendo de cantas saian, como e con que intención, a ruta será máis longa, máis curta, máis ou menos dura”, indica Martín sobre os dous grupos.

Desde a súa creación no 2019, o equipo xunta a 55 ciclistas en varias actividades que van máis aló pedaleo.

As ciclistas de Atlántigas / CEDIDA
As ciclistas de Atlántigas / CEDIDA

Máis aló da bici

Ademais de organizar quedadas e saídas, desde Atlántigas tamén adoitan organizar outras actividades. Tal e como explica Elena Martín, “todos os meses intentamos facer unha charla que sexa algo que poida interesar ás mozas. Fixemos unha de mecánica por se vas en bici e pinchas a roda, que sepas como cambiala; fixemos outra de seguridade vial para saber como ir en grupo, de dous en dous, como facer se nos van adiantar, cando chegas a rotondas, seguridade… Fixemos outra de nutrición deportiva, outro de información sobre bicicletas, cadros, materiais, manillares e sillíns…”.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de #atlantigas (@atlantigas)

Durante o confinamento, a imaxinación obrigou a cambiar as costumes das Atlántigas, que pasaron a súa actividade ao formato dixital. “Facíamos quedadar virtuales”, explica Elena Martín, utilizando plataformas como Bkool, que son “como videoxogos para adestrar”. Outras veces, algunha das integrantes convertíase en monitora de spinning.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de #atlantigas (@atlantigas)

Un club social e para todas

“Cada mes e medio ou así intentamos facer unha quedada oficial do club, na que buscamos unha ruta que se adapte a todos os niveis para que veñan mozas novas a probar e para que se poidan apuntar todas. Esas saídas son moito máis sociais”, explica a ciclista.

Atlántigas non pon ningún requisito para entrar no equipo, simplemente ter interese en calquera modalidade ciclista (estrada, montaña, ciclocrós…). Ademais, estas deportistas tampouco teñen límite de idade, con integrantes que van desde os 18 ata os 75 anos.

As ciclistas de Atlántigas / CEDIDA
As ciclistas de Atlántigas / CEDIDA

Así mesmo, moitas destas mozas seguen vinculadas aos seus primeiros equipos. O ciclismo é un deporte moi familiar, polo que é común que moitas persoas se adentren neste deporte desta forma. Martín explica que “é totalmente compatible estar nos dous. Podes estar en Atlántigas sen federarte, simplemente pagando a cuota do club, que son 30 euros ao ano, e xa tes acceso a todas as actividades. Tampouco fai falta que sexas do club para saír con nós en bici, quen queira vir que veña”. De feito, estas quedadas non son exclusivamente femininas, e están abertas aos ciclistas masculinos.

Elena Martín: “A nosa idea desde o principio non é competir, é ser un club máis social”

Algunhas destas ciclistas compiten cos seus clubs, xa que o equipo de Elena Martín non naceu coa idea de competir, senón “ser un club máis social“.

Elena Martín, do Atlántigas / CEDIDA
Elena Martín, do Atlántigas / CEDIDA

Porén, moitas axudas económicas están destinadas a conxuntos competitivos. Isto, sumado ao interese dalgunhas deportistas por participar nos campionatos, fai que en Atlántigas estean a plantexar a posibilidade de comezar a competir no 2022.

A rede de Women in Bike

Ademais da súa actividade en Galicia, Atlántigas non ten fronteiras. “Estamos organizando un directo en Instagram cun club de mozas de Colombia e en España estamos no Women in Bike, con tres ou catro líderes”, indica Martín.

Este programa, organizado pola Real Federación Española de Ciclismo e a Fundación Movistar, serve para visibilizar as quedadas das ciclistas femininas, con ‘líderes’ como representantes de cada grupo.

Futuros proxectos

Nos próximos meses, este grupo de galegas está a organizar coa Xunta de Galicia unha actividade especial co galo do Xacobeo.

Martín e as súas compañeiras organizan varias saídas previstas para finais de setembro, co obxectivo de que varios grupos saian de distintos puntos de Galicia ata chegar a Santiago. Unha vez alí, todas elas xuntaranse para rematar ao día seguinte a ruta en Fisterra.

As ciclistas de Atlántigas / CEDIDA
As ciclistas de Atlántigas / CEDIDA

Ademais, o club está conversando coa Deputación de Pontevedra e o Concello de Vigo para organizar a “primeira marcha non competitiva de mulleres”, a mundial Rapha Women’s 100, na que as ciclistas percorrerán 100km. “Anímase a todas as mulleres do mundo a facer nese día 100km en bici e nós queremos facela cunha marcha benéfica e unha comida, para tamén visibilizarnos”, resume Martín.

Atlántigas segue medrando e adaptándose aos cambios, pero cunha motivación clara: “Que ningunha moza quede en casa sen ir en bici por medo a saír soa”.

Etiquetas AtlántigasciclismoElena Martín
Comparte2Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Presentación Mini BTT de Abegondo / CONCELLO DE ABEGONDO

Abegondo reunirá a máis de 300 pequenos de toda Galicia na segunda edición do seu Minis BTT

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

Abegondo converterase o sábado 18 de xuño na capital galega da bicicleta de montaña. O Concello e o club ciclista...

A ciclista galega Alejandra Neira no Campionato de España en liña 2026 / REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE CICLISMO

Alejandra Neira fai dobrete ao gañar a proba en liña e a contra o reloxo do Campionato de España na categoría junior

por Redacción As Nosas
26/06/2026
0

Alejandra Neira partía coma favorita no Campionato de España que se celebrou en Sabiñánigo e non defraudou. A ciclista galega...

Alejandra Neira no podio como campioa júnior de España contra o reloxo / REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE CICLISMO

Alejandra Neira triunfa na contra o reloxo junior do Campionato de España

por Redacción As Nosas
25/06/2026
0

Alejandra Neira revalidacou con enorme autoridade as súa camisola de campioa de de España júnior na proba contra o reloxo...

Participantes do Día da Bicicleta na Coruña á altura da Torre de Hércules / AGAXORDE

A Coruña acolle este domingo 28 o Día da Bicicleta, unha marcha familiar, sostible e solidaria na que o Concello colabora coa asociación Agaxorde

por Redacción As Nosas
25/06/2026
0

O Concello da Coruña colabora coa Asociación Galega de Xornalistas do Deporte (Agaxorde) na organización da nova edición do Día da...

Ciclismo

O Porriño e Castrelo do Val sedes de Campionatos de Galicia de ciclismo esta próxima fin de semana

por Redacción As Nosas
09/06/2026
0

O Club Ciclista Máster da Louriña organiza este fin de semana unha nova edición do Gran Premio Concello do Porriño de...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.