A patinadora do CPA Maxia, Marta Fraga Fuentes, vén de proclamarse campioa de España alevín, na competición estatal alevín – infantil libre de patinaxe artística, que se está a celebrar no Pazo dos Deportes de Riazor, na Coruña.

A patinadoras catalanas Julia Caravantes e Claudia Román, ambas del Ripollet CPA, foron segunda e terceira, respectivamente.
Segundo informa a Federación Galega de Patinaxe, as outras galegas na competición finalizaron nos seguintes postos:
- 13ª Yaiza Lamas, do CPA Maxia
- 16ª Ada Calvo, do C.P. Buxaina
- 18ª Martina Álvarez, do CPA Arealonga Chapela
A competición está a ser transmitida pola Federación Española de Patinaje na súa canle de YouTube.