Contido publicitario - Letras Galegas - Xunta de GaliciaContido publicitario - Letras Galegas - Xunta de GaliciaContido publicitario - Letras Galegas - Xunta de Galicia

Marta Charle convértese en xogadora do Dépor ABANCA 2022-23

A futbolista soriana estará as ordes da adestradora Irene Ferreras

En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Marta Charle Romero (Soria, 27 de febreiro de 2000) incorpórase ao cadro do Dépor ABANCA de cara á Temporada 2022-2023 na liga Reto Iberdrola. Estará ás ordes de Irene Ferreras.

Extremo ou mediapunta, Marta Charle comezou xogando no CD Nuestra Señora de Belén burgalés, entre 2015 e 2017, antes de incorporarse ao CD Parquesol, no que militou as cinco últimas campañas. Co equipo valisoletano xogou as tres últimas temporadas na categoría de prata do fútbol nacional, sumando 72 partidos e 16 goles, e sendo o seu ano máis prolífico o recentemente finalizado, no que asinou 13 dianas en 31 partidos (28 como titular).

Marta Charle súmase ao cadro deportivista tralas renovacións de Ainhoa Marín, Inés Altamira, Paula Gutiérrez, Raquel García, Patri López e Aroa, máis Cris Martínez e Eva Dios, con contrato en vigor, e as recentemente incorporadas Carlota Suárez e Millene Cabral.

Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas