• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Inicio Baloncesto Liga Feminina 2 Basket

Mariscos Antón Cortegada colócase líder da LF2 grazas á ruta do ISE Costa de Almería por terras galegas

As de Vilagarcía venceron nesta fin de semana primeiro ao Maristas Coruña (61-53) e logo ao Ingenia Solar Energy almeriense (59-46) | O Arxil perdía coas andaluzas 75-77 pero obligou a todo un campión de grupo a ir á prórroga para acadar unha vitoria por só 2 puntos

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
03/10/2022
en Baloncesto, Liga Feminina 2 Basket
Mariscos Antón Cortegada vs Ingenia Solar Energy Costa de Almería / AD CORTEGADA

Mariscos Antón Cortegada vs Ingenia Solar Energy Costa de Almería / AD CORTEGADA

150
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Arrincou a LF2 e a primeira xornada deu como resultado as derrotas do CB Arxil e Maristas Coruña, e o triunfo do Mariscos Antón Cortegada que xogou ademais dous partidos, gañando os dous e colocándose líder da clasificación.

O Ingenia Solar Energy Costa de Almería tiña como reto na primeira xornada da LF2 visitar a cancha do Club Baloncesto Arxil. As andaluzas aproveitaron o desprazamento a terras galegas para xogar tamén o partido previsto para a terceira xornada co Mariscos Antón Cortegada. Deste xeito, as de Vilagarcía de Arousa xogaron dous partidos na xornada inaugural, un co Maristas Coruña e outro coas almerienses. Nos dous venceron así que son líderes da categoría.

Mariscos Antón Cortegada 2022-23 / AD CORTEGADA
Formación do conxunto do Mariscos Antón Cortegada na LF2 2022-23 / AD CORTEGADA

Triunfo do Mariscos Antón Cortegada ante o Maristas no duelo galego

O Pavillón de Fontecarmoa acollí ao duelo entre galegas do Mariscos Antón Cortegada e Maristas Coruña. As herculinas acusaron as baixas e, por moito que as xogadoras adestradas por Fernando Buendía se esforzaron en tarefas defensivas, o Mariscos Antón Cortegada resultou vencedor.

Ao descanso o electrónico de Fontecarmoa marcaba 33-27 e ao final do partido 61-53. Antes, as coruñesas remontaran rematando o terceiro cuarto cun 45-40 que as mantiña vivas no partido. Pero unha actuación estelar da pivot das de Vilagarcía, Mercy Wanyama, puxo freo ás aspiracións do Maristas. Mercy Wanyama rematou o partido con 27 puntos no seu haber e 43 de valoración e, polo tanto, MVP do partido.

FICHA TÉCNICA

61) MARISCOS ANTÓN CORTEGADA (16+17+12+16): Carla García (5), Sara Gómez (19), Sara Corredoira (2), Ángela Coello (4) e Mercy Wanyama (27) – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Andrea Ríos (-), Nuria Chorén (-), Lorena Castro (-) e Blanca Manivesa (4).

53) MARISTAS CORUÑA (10+17+13+13): Laura Martinez (10), Lucía Galán (6), Eugenia Filgueira (12),  Eliska Stebetakova (7) e Razo (9) – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Marina Feijóo (1), Andrea Peregrina (1), Raquel Botana (2), Ester Sintes (5) e Laura Ibáñez (-).

PARCIAIS: 16-10, 33-27, 45-40, 61-53

EQUIPO ARBITRAL: Colexiados Elio Clavería Sánchez e Samuel Martínez Covelo.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á 1ª xornada da LF2 xogado no pavillón Fontecarmoa de Vilagarcía.

Cinco tempos precisou o Almería para para levar o triunfo do CGTD

Apunto estivo o Club Baloncesto de dar a sorpresa diante do vixente campión de grupo o Ingenia Solar Energy Costa de Almería co que empatou ao final do catro cuartos habituais obligando ás almerienses a loitar pola vitoria nun tempo extra no que so puideron colocarse unha canastra por encima. Abondou para levar o triunfo de terras galegas pero tamén para deixar claro que este Club Baloncesto Arxil dará que falar nesta tempada.

Después de pasar el día de ayer viajando nuestro @ISE_Ingenia se encuentra en Pontevedra para medirse a @ArxilCb y dar comienzo a la temporada 💪

El partido se disputará a las 19:30 de hoy (1 de Octubre) y será retransmitido en directo➡️https://t.co/B6OC43dFXi

Ánimo equipo🔥 pic.twitter.com/V4cfbwNBAz

— CB Almería (@cbalmeria) October 1, 2022

No primeiro cuarto as andaluzas finalizaron por diante (23-17) e tamén no segundo chegando ao descanso cun 40-32 no electrónico do pavillón do Estadio da Xuventude do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra. Reaccionou logo do paso por vestiarios o conxunto verde e empatou o partido no terceiro (52-52) e no cuarto período (68-68).

Obligou así o Club Baloncesto Arxil ao Ingenia Solar Energy Costa de Almería a loitar pola vitoria nun quinto tempo que rematou dous puntos por encima. Vendeu cara a súa pel o conxunto galego pese á derrota.

A MVP do partido foi a local Heather Forster cun 27 de valoración e 21 puntos que a convertiron na máxima anotadora do partido.

FICHA TÉCNICA:

75) CB ARXIL (23+17+12+16+7): Carolina Ribeiro dos Santos (13), Margarita Moreira (8), Heather Forster (21), Nerea Liste (8) e Nena Trajchevska (15) – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Mariam García (2), Cris Díaz Pache (6), Andrea Glomazic (2), Carmen Ortiz (-).

77) INGENIA SOLAR ENERGY COSTA DE ALMERÍA (17+15+20+16+9): Alicia González (20), Lucía Méndez (41), Joana Cristina Pereira (8), Irene Garrido (11) e Lucía Hervia (-) – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Marta Pérez (2), María Arrebola (2), Ainhoa Berenguel (-), Clara Prieto (11) e María del Mar Fernández Cueto (10).

PARCIAIS: 23-17, 40-32 , 52-52 , 68-68 e 75-77 .

EQUIPO ARBITRAL: Colexiados Christian Abalo Buceta e Anxo Severo Méndez Insua.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á 1ª xornada da LF2 xogado no pavillón do CGTD (Estadio de Xuventude) de Pontevedra. Estatísticas do partido.

Liderato para o Mariscos Antón Cortegada ao vencer ao ISE CB Almería 59-46

O Ingenia Solar Energy Costa de Almería aproveitaba a súa visita a Pontevedra para facer unha xira galaica e disputar, de camiño, o partido que tiña previsto para a xornada 3ª na cancha do Mariscos Antón Cortegada. Non lle saíu ben a xogada ás andaluzas que case perden en Pontevedra (75-77) e caeron derrotadas en Vilagarcía (53-46).

Co dobre triunfo do equipo que adestra Javi Nogueira esta fin de semana (gañaron primeiro ao Maristas Coruña J1, e logo ao CB Almería en partido adiantado da J3), o Mariscos Antón Cortegada colócase líder da LF2 no Grupo A.

O Mariscos Antón Cortegada dominou o xogo e o electrónico (salvo en dous momentos puntuais) todo o partido. Se ante e Maristas Coruña a aportación de Mercy Wanyama fora crucial, ante o conxunto andaluz non o foi menos. Repetiu como MVP, nesta ocasión con 22 de valoración. Esta vez fixo 14 e capturou outros tantos rebotes. Inmensa!

Remataban as locais so un punto arriba o primeiro cuarto (12-11) e cunha curta vantaxe de dous no descanso (28-26). Pero á volta de vestiarios foron incrementando a súa vantaxe rematando o terceiro cuarto cinco arriba  (40-35) e concluíndo cun gran último período que colocaría o marcador ao termo do partido cun 59-46 a favor das de Vilagarcía.

FICHA TÉCNICA

59) MARISCOS ANTÓN CORTEGADA (12+16+12+19): Carla García (11), Andrea Ríos (-), Sara Gómez (7), Blanca Manivesa (6) e Mercy Wanyama (14) – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Nuria Chorén (4), Lorena Castro (-), Sara Corredoira (10), Ángela Coello (4) e Ángela González (3).

46) INGENIA SOLAR ENERGY COSTA DE ALMERÍA (11+15+9+11): María Arrebola (3), Joana Pereira (6), Lucía Méndez (3), Irene Garrido (7) e Jimena Atienza (-) – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Lucía Hervia (-) , Ainhoa Berenguel (-), R. Cortés (-), Clara Prieto (7), María Fernández (3) e Alicia González (17).

PARCIAIS: 12-11, 28-26, 40-35 e 59-46.

EQUIPO ARBITRAL: Colexiados Iris Díaz Feijoo e Andrés Esteban Domínguez.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á 3ª xornada da LF2 xogado no pavillón do Fontecarmoa de Vilagarcía de Arousa.

Etiquetas A CoruñaAlmeríabaloncestoCB ArxilIngenia Solar Energy Costa de AlmeríaJavi NogueiraLF2Mariscos Antón CortegadaMaristas CoruñaPontevedravilagarcía
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Día do deporte na rúa a Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

Milleiros de persoas participaron este domingo nunha nova edición do Día do Deporte na Rúa na Coruña

por Redacción As Nosas
15/06/2025
0

  A contorna da cidade deportiva de Riazor e as praias de Riazor e Orzán acolleron este domingo a edición...

Andaina XII A Coruña Marcha contra o Cancro / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña mobilizouse contra o cancro cunha andaina cidadá solidaria na que participaron máis de 3.300 persoas

por Redacción As Nosas
08/06/2025
0

  A Coruña acolleu hoxe a andaina solidaria 'A Coruña en Marcha contra o Cancro', unha iniciativa da Asociación Española...

HC Coruña Feminino vs CH Mataró / MANU BOUTUREIRA

Un empate entre HC Coruña Feminino e CH Mataró (2-2) sentenza ás catalás ao descenso

por Redacción As Nosas
08/06/2025
0

  O  HC Coruña Feminino e o  CH Mataró asinaron un empate vibrante (2-2) nun duelo cargado de emoción, presión...

María Pérez vence o GP Cantóns de marcha / CONCELLO DA CORUÑA

María Pérez e Toshikazu Yamanishi gañan o GP Cantóns de Marcha da Coruña

por Redacción As Nosas
07/06/2025
0

  A medallista olímpica española María Pérez e Toshikazu Yamanishi, vencedores do GP Cantóns de marcha na Coruña A Coruña...

Día do Deporte na rúa 2024 / CONCELLO DA CORUÑA

O Día do Deporte na Rúa da Coruña bate o seu récord de participación con 92 clubs e entidades da cidade

por Redacción As Nosas
07/06/2025
0

  O Concello da Coruña celebra o domingo 15 de xuño o XXXVIII Día do Deporte na Rúa como colofón...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Día do deporte na rúa a Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

Milleiros de persoas participaron este domingo nunha nova edición do Día do Deporte na Rúa na Coruña

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Día do deporte na rúa a Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

Milleiros de persoas participaron este domingo nunha nova edición do Día do Deporte na Rúa na Coruña

15/06/2025
A Xunta entrega á Federación Galega de Remo unha embarcación skiff / XUNTA DE GALICIA

A Xunta entrega á Federación Galega de Remo unha embarcación skiff para a preparación dos deportistas do CGTD para Los Ángeles 2028

13/06/2025
Lete Lasa, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabiel Alén, inaugurou o Núcleo de Adestramento Deportivo Especializado da Federación Galega de Hóckey / XUNTA DE GALICIA

As subvencións a clubs deportivos para a súa actividade acadan o máximo número de beneficiarios con máis de 1.400

13/06/2025
Presentación da 'Xira Galega de Balonmán Praia’ / XUNTA DE GALICIA

O balonmán praia despunta en Galicia coa xira de verán que terá lugar na praia Banda do Río de Bueu

12/06/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.