- Melanie Mariño, cun tempo de 23:33, foi a primeira muller en cruzar a meta na X Carreira Pola Ría do Burgo. Mikel Ocerin vencía na categoría masculina cun crono de 19:31.
O Paseo Marítimo da Ría do Burgo foi o escenario da carreira de 6 quilómetros para adultos, así como das variantes máis curtas para as outras categorías: sub 18, sub 16, sub 14, sub 12, sub 10, prebenjamín e pequerrechos e na que participaron preto de medio milleiro de corredores/as entre todas as diferentes categorías.
A proba, organizada polo Concello de Culleredo, en colaboración coa Federación Galega de Atletismo e a Deputación da Coruña, forma parte do IX Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña. O percorrido foi adaptado con respecto a edicións anteriores polas obras de dragaxe da ría e contou coa colaboración de voluntarios de Protección Civil e Policía Local.
Os tres primeiros clasificados na categoría masculina; Mikel Ocerin (19:31), Abdelaziz Fatihi (19.41) e Álvaro Marín (20:01); e Melanie Mariño (23:33), Nerea Sánchez (24:10) e Leonor Ezpeleta (24:14), na feminina; así como o resto dos gañadores de todas as categorías, recibiron os seus trofeos e medallas de mans do alcalde, José Ramón Rioboo.
Se cronometraron electronicamente todas as categorías excepto a de pequenos e prebenxamín e o avituallamiento instalouse na zona de meta para todas as categorías e na metade do percorrido durante a carreira de seis quilómetros. Ademais, cada participante recibiu unha botella de aluminio conmemorativa no momento de retirada de dorsais.