Marina Artero Moreno (Barrika, Biscaia, 14 de outubro de 2005), coñecida futbolísticamente como Marina Artero, chega ao Dépor ABANCA cedida esta temporada polo Athletic Club.
Segundo informan desde o RC Deportivo “esta central que tamén pode actuar como centrocampista formouse no club da súa localidade natal, o Barrika FE. Após un paso polo Bizkerre FT recalou nas categorías inferiores do Athletic Club na temporada 2018-19, en categoría infantil”.
Marina Artero, concentrada coa Selección Española Sub-19
A pasada temporada o reforzo para a defensa do Dépor ABANCA de cara ao curso 2024-25 disputou 22 partidos co filial branquivermello, todos eles como titular. En total foron 1906 minutos, nos que tamén marcou 4 goles.
Tamén destacan desde o RC Deportivo que “Marina Artero é internacional Sub-16; subcampioa de Europa Sub-17 na que anotou mesmo 1 gol na final ante Alemaña e campioa do mundo como capitá e titular en todos os partidos; e actualmente está concentrada coa Sub-19 para a preparación do Campionato de Europa que se celebrará en Serbia do 14 ao 27 deste mes de xullo”.
A futbolista vasca é o segundo reforzo das Nosas esta temporada após o de Vera Martínez; e após as renovacións xa confirmadas de Lucía Martínez, Carlota, ADT (Ana de Teresa), Henar, Eva Dios, Millene Cabral, Raquel García, Yohana, Samara e Cris Martínez.