María Tato será a nova directora de Fútbol Feminino da RFEF na nova etapa desta institución que dirixe o fútbol en España, iniciada tras a elección o pasado luns do presidente Luís Rubiales para o próximos catro anos.
Tato desempeñaba até o momento o cargo de vicesecretaria no Athletic Club. A entidade publicou na súa web unha nota de agradecemento pola “súa dedicación e aportacións”, desexándolle “o maior éxito persoal e profesional de cara ao futuro”. Licenciada en Dereito, é presidenta da Asociación de Mulleres Directivas e Executivas de Euskadi e da Confederación de Empresas de Formación do País Vasco (CECAP) e avogada no bufete Affiance Group.
A súa traxectoria vinculada co deporte levoulle á asesoría xurídica da Unión de Federacións Deportivas Vascas; así como a presidir o Tribunal de Arbitraxe Deportiva do País Vasco. É vogal do Comité Vasco Antiviolencia no deporte, así como profesora da UPV/EHU.