A Selección Española feminina de hoquei a patíns proclámase campioa do mundo coa galega María Sanjurjo nas súas filas.
Con este título Mundial a Selección Española feminina de hoquei a patíns consegue erguer o seu noveno título como a mellor do mundo.
O título conseguiuse nos World Skate Games (WSG) 2026 que se celebran na localidade de Asunción. O partido tivo lugar no pavillón Arenita de Asunción (Paraguay),
O combinado estatal que dirixe o técnico Sergi Macià impúxose á Selección de Arxentina na final dos WSG por un marcador de 3-1.
Segundo informan desde os World Skate Games (WSG) a Selección Española venceu por un marcador final de 3-1, nun partido moi competitivo e cheo de emoción que contou cunha gran afluencia de público.
A primeira metade do partido final entre España e Arxentina finalizaba con táboas. O electrónico non se movera a favor de ningún dos dous rivais (0-0).
Xa na segunda metade a capitá española, Marta Piquero, quebrou esa igualadade. O pase foi da coruñesa María Sanjurjo.
Aos poucos minutos de xogo chegaría o segundo gol situando o marcador en 2-0 cun tanto de Sara Roces.
Arxentina deu a cara durante todo o partido achegándose con perigo á meta da Selección Española. O gol da albiceleste chegaría a falta de só cinco minutos para o final do partido (2-1). O tanto asinouno Lucía Maldonado.
Unha exclusión deixa a España cunha xogadora menos no final do partido
Para aumentar o nerviosismo, a Selección Española sufría unha penalización nos últimos tres minutos. Unha tarxeta azul amosada a Victòria Porta deixaba dous minutos a España cunha xogadora menos. Con todo, o conxunto que adestra o técnico Sergi Macià foi quen de xestionar correctamente esa situación. Arxentina puxo todo da súa parte pero non conseguiu o empate.
Tras recuperar a igualdade de efectivo sobre a cancha, España foi non se aferrou ao resultado e foi a por máis. Así, a sentenza chegaría cun gol a porta baleira de Aína Florenza para España que colocaba no marcador o definitivo 3-1.
Con este novo título de campioas do Mundo, as patinadoras españolas demostran a súa superioridade. Este é o seu segundo título consecutivo, o quinto nas últimas seis edicións e o noveno no cómputo global da Selección Española feminina de hoquei a patíns.
Arxentina levou o subcampionato mellorando deste xeito o seu resultado no Mundial anterior. Italia foi terceira ao vencer a Portugal. Desde 1996 as italianas non subían ao podio dun Mundial nesta disciplina.
RESULTADOS DO CAMPIONATO MUNDIAL SENIOR FEMININO
Xornada 6 – 9 de outubro – Semifinais (postos 1-4)
- 17:30 – España – Portugal | 2-1
- 20:00 – Italia – Arxentina | 4-0
Ver esta publicación en Instagram
Xornada 6 – 9 de outubro – Semifinais (postos 5-11)
- 10:00 – Suiza – India | 21-0
- 12:30 – Colombia – Francia | 0-1
- 15:00 – Brasil – Chile | 2-14
Ver esta publicación en Instagram
Xornada 7 – 10 de outubro – Finais
- 10:45 – Suiza – México | 15-1
- 17:30 – Italia – Portugal | 1-2
- 20:00 – Arxentina – España | 1-3
Clasificación final do Mundial feminino de hoquei a patíns 2026
- España
- Argentina
- Italia,
- Portugal
- Chile
- Francia
- Colombia
- Brasil
- Suiza
- México
- India
















