A xogadora coruñesa María Sanjurjo vén de proclamarase campioa de Europa defendendo a elástica doCP Esneca Fraga. É a segunda vez que este conxunto conquista a Copa WSE Champions League Femenina.
A deportista galega ten no seu palmarés dous Mundiais, dúas Champions League, unha Supercopa de España e un Europeo.
Ver esta publicación en Instagram
O equipo aragonés conseguiu o segundo título continental da súa historia despois de vencer ao SL Benfica por 4-1 na final disputada na localidade portuguesa de Coimbra, segundo informa a RFEP.
Os goles de Adriana Soto (2), Carla Fontdeglòria e da patinadora galegaMaría Sanjurjo deron un novo trofeo ás vitrinas do Esneca Fraga.
O CP Esneca Fraga chegaba á gran final da Champions League despois de superar ao Vila-sa Coop. d’Ivars nas semifinais. Tras empatar a un, as xogadoras dirixidas por Jordi Capdevila tiveron máis acerto desde o punto de penalti e lograron o billete finalista.
No partido polo título, o CP Esneca Fraga dominou o xogo na primeira parte e un dobrete da xogadora arxentina, Adriana Soto, permitiulle irse ao descanso con dous tantos de vantaxe. ç
Na segunda metade, a internacional española, Sara Rozamentos, marcou para o SL Benfica para apertar o marcador. Entón foi cando no minuto 41′, Carla Fontdeglòria volveu a pon a dous goles de distancia ao cadro aragonés.
Ver esta publicación en Instagram
Gol de María Sanjurjo para pechar o marcador
Tres minutos máis tarde, María Sanjurjopuxo o 4-1 definitivo para conseguir a segunda Champions League da historia para o CP Esneca Fraga.
Ver esta publicación en Instagram





















