- A medallista olímpica española María Pérez e Toshikazu Yamanishi, vencedores do GP Cantóns de marcha na Coruña
A Coruña acolleu esta tarde de sábado a edición número 38 do Gran Premio Internacional de Marcha Cantóns – Trofeo Sergio Vázquez, a proba máis importante do mundo desta disciplina, que este ano contou coa participación de representantes de 24 países dos cinco continentes, ademais dos actuais campións olímpicos.
Ver esta publicación en Instagram
Toshikazu Yamanishi (01:18:15) e María Pérez (01:27:22) foron os gañadores da gran proba de 20 quilómetros nas categorías masculina e feminina.
20 KM MARCHA pic.twitter.com/eSq8yeD64N
— GP Cantones (@GPCantones) June 7, 2025
Toshikazu Yamanishi, de nacionalidade xaponesa, estivo acompañado no podio polo seu compatriota Matasora Kawano e polo mexicano Ricardo Ortiz. Mentres que á olímpica española María Pérez seguírona na clasificación xeral a mexicana Alegna González e a chinesa Li Peng, como segunda e terceira clasificada.
Por outra banda, na proba de 10 quilómetros os gañadores foron o chinés Congshan Bi e a colombiana Ruby Dayana Segura García, nas categorías masculina e feminina, respectivamente.
🏆 Toshikazu Yamanishi e María Pérez gañan o @GPCantones.
🌎 Na proba participaron representantes de 24 países dos cinco continentes, entre eles os actuais campións olímpicos.
Aquí, a info: https://t.co/7W19kbv8uX pic.twitter.com/Ljx0jBPZK5
— Concello da Coruña (@ConcelloCoruna) June 7, 2025
O GP Cantóns está na World Walking Tour 2025
O Gran Premio Cantones de marcha atlética, forma parte da da World Walking Tour 2025 que se celebra a nivel mundial polas principais cidades do mundo en 23 probas. En función da categoría, existen varios niveles no que o máximo é a categoría ouro da que forma parte a proba coruñesa desde os seus inicios. Xunto A Coruña están nesa máxima categoría as cidades de Taicang (China), Dudince (Eslovaquia), Río Maior (Portugal) Varsovia (Polonia), Podebrady (República Checa) e Madrid.
O concelleiro de Deportes do Concello da Coruña, Manuel Vázquez, participou na entrega de trofeos posterior á competición. “Desde o Concello da Coruña mantemos a nosa aposta polos grandes eventos deportivos, como este Gran Premio de Marcha, referente absoluto que este ano volveu a gañar o distintivo de mellor proba do mundo”, sinalou o concelleiro ao finalizar o GP Cantóns de marcha.





















