• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Máis Deporte Sobre rodas

María Jesús Vázquez: “Gustaríame que a través do deporte se aprendesen valores como o respecto, a tolerancia, o esforzo e a importancia de loitar para chegar a unha meta”

Despois de ocupar o cargo de tesoureira da Federación Galega de Patinaxe acaba de ser elixida presidenta. É a primeira muller da historia en ocupar este cargo neste organismo galego

Natalia Pablo por Natalia Pablo
16/01/2022
en Máis Deporte, Sobre rodas
María Jesús Vázquez Méndez, presidenta federación galega de patinaxe / ALBA DEIBE

María Jesús Vázquez Méndez, presidenta federación galega de patinaxe / ALBA DEIBE

538
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

Para María Jesús Vázquez Méndez (Cesuras, 1964) o 2022 é algo máis o inicio dun novo ano. Despois de ocupar o cargo de tesoureira da Federación Galega de Patinaxe, María Jesús Vázquez Méndez acaba de ser elixida presidenta, converténdose na primeira muller da historia en ocupar este cargo no organismo.

Por diante quédanlle algo menos de 365 días ata completar este mandato, que afronta “con ilusión e responsabilidade” e agardando a emerxencia sanitaria permita seguir coa celebración das distintas competicións. Compaxina a presidencia da Federación coa ensinanza, que exerce desde hai 30 anos.

Tal e como confesa durante a nosa entrevista, está “moi marcada pola miña profesión”. Tanto que, unha das súas aspiracións é que o deporte inculque valores á sociedade e que sirva de “complemento” para a aprendizaxe máis aló das propias aulas.

María Jesús Vázquez Méndez, presidenta federación galega de patinaxe / ALBA DEIBE
María Jesús Vázquez Méndez, presidenta federación galega de patinaxe / ALBA DEIBE

A.N.: Poderíase dicir que está de estrea. Ao inicio do 2022 ten que sumar, ademais, o seu recente nomeamento como presidenta da Federación Galega de Patinaxe. Como afronta esta nova etapa?

María Jesús Vázquez: É unha etapa, non un mandato completo. Os estatutos marcaban que había que nomear un novo presidente, pero hai que convocar novas eleccións no momento de acabar o ciclo. Eu afróntoo desde esa perspectiva, pero teño a intención de continuar sempre e cando a asemblea e os clubs estean de acordo.

A.N.: É a primeira muller que ocupa este cargo na Federación Galega de Patinaxe e unha das poucas presidentas dunha federación deportiva, cree que o seu nomeamento pode abrir camiño para que outras mulleres se animen a presentar as súas candidaturas e presidir entidades similares?

María Jesús Vázquez: Creo que si, que abre camiño, pero isto non debería ser así. Isto non debería ser un feito insólito, senón que debería ser xa algo normal… As mulleres deberían ocupar cargos deste tipo.

A.N.: Que metas se pon como presidenta neste ano que ten por diante?

María Jesús Vázquez: Pór en marcha todas as competicións que debían comezar agora, poder rematar as ligas que xa están en funcionamento e, por suposto, acadar os maiores logros posibles dentro das diferentes modalidades.

A.N.: ­Antes de asumir a presidencia estivo como tesoureira na Federación. Malia que leva poucos días como presidenta, imaxinamos que xa son suficientes para apreciar as diferencias diferenzas entre un cargo e o outro. Cales diría que son as principais?

María Jesús Vázquez: Estiven sete anos como tesoureira. Son cargos totalmente distintos, se ben no momento neste momento no que afronto a presidencia seguen pendentes os orzamentos de 2022, entón solápanse funcións. Agora mesmo, a miña prioridade é arrincar coas competicións anuais, as outras xa comezaron. En canto aos orzamentos, pensamos que o 2022 ía ser xa un ano de actividade normal, pero estamos á espera. No 2021 xa se fixeron moitas máis cousas das que previamos inicialmente pero o inicio deste 2022 está sendo un pouco incerto. Ademais, esta onda da COVID-19 está afectado aos tramos de idade nos que hai un maior número de deportistas.

A.N.: Como chega á Federación Galega de Patinaxe?

María Jesús Vázquez: A verdade é que comecei vendo hóckey sobre patíns no ano 88-89. O meu sobriño empezou a xogar no Hockey Club Liceo e eu ía ver os seus partidos, os campionatos nos que participaba… Anos máis tarde tiven ás miñas fillas e as tres xogan ao hóckey e estiveron en distintos clubs. Veu todo de aí.

Desde sempre me gustaron os deportes, mesmo cando aínda non era moi común que as mulleres se interesasen por eles. Gustábanme os Xogos Olímpicos, o tenis de antes de McEnroe e mesmo a Fórmula 1. Interesábanme os deportes, pero non tanto para practicalos.

Indo ver os partidos das miñas fillas dinme conta de todo o que necesitaban os clubs e intereseime por todo iso. No 2014 entrei na xunta directiva e foi cando coñecín todas as modalidades da federación, cada unha coas súas particularidades.

María Jesús Vázquez Méndez, presidenta federación galega de patinaxe / ALBA DEIBE
María Jesús Vázquez Méndez, presidenta federación galega de patinaxe / ALBA DEIBE

María Jesús Vázquez salienta a figura dos comités na organización

A.N.: Precisamente, a de patinaxe é unha Federación complexa que aglutina unha cantidade importante de disciplinas diferentes, temos deportes de equipo, individuais, patinaxe artística, de velocidade, skate, hóckey… como se organiza algo tan complexo e como se pon de acordo a deportes tan dispares?

María Jesús Vázquez: Sobre todo a través dos comités, que están formados por xente propia de cada modalidade. Os membros destes comités son os que teñen todos os coñecementos para organizar desde as competicións, os regulamentos, as bases, etc.

A.N.: Por desgraza, segue existindo a concepción de que algunhas disciplinas deportivas están máis enfocadas para homes ou para mulleres, algunhas dentro da patinaxe. Desde As Nosas defendemos que o deporte non debería ter xénero. Que calquera persoa debería poder elixir a modalidade deportiva que quere practicar máis aló de prexuízos ou convencionalismos. Hai algunha acción ou campaña que se estea levando a cabo desde a Federación para erradicar este tipo de prexuízos?

María Jesús Vázquez: Desde a Federación estamos traballando moito para fomentar as modalidades onde a muller ten unha menor presencia. Por exemplo, temos unha escola de hóckey feminino gratuíta coa que buscamos, precisamente, reforzar esa presencia. Queremos demostrar que as rapazas poden practicar este deporte con normalidade e queremos darlle visibilidade.

María Jesús Vázquez: “Temos unha escola de hóckey feminino gratuíta coa que buscamos, precisamente, reforzar esa presencia. Queremos demostrar que as rapazas poden practicar este deporte con normalidade e queremos darlle visibilidade”

A.N.: Hai algo que lle gustaría mudar na sociedade a través do deporte ou viceversa?

María Jesús Vázquez: Gustaríame que a través do deporte se aprendesen valores que considero fundamentais. Son profesora desde hai 30 anos e estou moi marcada pola miña profesión. A través do deporte temos que fomentar valores como o respecto, a tolerancia, a aprender a xestionar a frustración, o esforzo, o traballo e que para chegar a unha meta é preciso loitar. Ás veces é complicado transmitir ese discurso, pero creo que o deporte ten que complementar nese sentido.

María Jesús Vázquez Méndez, presidenta federación galega de patinaxe / ALBA DEIBE
María Jesús Vázquez Méndez, presidenta federación galega de patinaxe / ALBA DEIBE

A.N.: A coruñesa Julia Benedetti foi a primeira española en competir nuns Xogos Olímpicos na modalidade skater, Lucas Yáñez converteuse no campión mundial de patinaxe artístico. Poderíase dicir que a patinaxe galega está vivindo un dos seus momentos máis doces?

María Jesús Vázquez: Desde logo, Julia Benedetti e Lucas Yáñez son dous referentes e é tamén o caso de Unai Cereijo, subcampión de Europa cadete de patinaxe artístico; de Manuel Taibo, que conseguiu tres medallas no europeo de Velocidade; de Bruno Saavedra e Jacobo Copa, que foron convocados pola selección española Sub-17… Creo que si, estamos nun momento doce e tamén nun momento de repercusión social e mediática, o cal é moi positivo. Esta ben que estes logros deportivos tamén se reflictan a nivel social e que se lle dean a importancia que merecen.

Etiquetas federaciónfederación galega de patinaxeMaría Jesús Vázquez Méndezpatinaxepresidenta
Comparte2Chía1
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

Control de hoquei a patíns da / FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

A Federación Galega de Patinaxe convoca a 28 deportistas para un control de hoquei a patíns no arranque de 2023

por Redacción As Nosas
29/12/2022
0

  Un total de 28 xogadoras están convocadas o primeiro luns do ano para unha actividade de control de hoquei...

Sexta proba do circuíto galego de skate na modalidade de street / FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Resultados da 6ª proba do circuíto galego de skate na modalidade de street

por Redacción As Nosas
19/12/2022
0

  Este fin de semana disputouse no skatepark de Baltar a derradeira proba do circuíto galego junior de skate proba street....

Inés Rey, alcaldesa da Coruña e Mónica Martínez, concelleira de Deportes, na pista de patinaxe de Novo Mesoiro / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña amplía a oferta de instalacións deportivas de Novo Mesoiro coa apertura dunha pista de patinaxe

por Redacción As Nosas
16/12/2022
0

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, asistiu á apertura da pista de patinaxe de Novo Mesoiro, unha nova instalación deportiva...

Cartaz XIII Día do Patín 2022 en Carral

Carral prepara o seu XIII Día do Patín

por Redacción As Nosas
08/12/2022
0

  Dentro da programación deportiva municipal, o domingo 11 de decembro, o Concello de Carral e o club de patinaxe...

Selección Galega hoquei coa seleccionadora Ainhoa García / FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Dez xogadoras acuden ao Torneo de Aveiro de hóquei a patíns coa Selección Galega

por Redacción As Nosas
07/12/2022
0

  A dirección técnica da Federación Galega de Patinaxe convocou a dez xogadoras de hóquei sobre patíns para acudir coa...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
A Selección Galega, subcampioa de España campo a través con Joselyn Brea, Edymar Brea, Laura Santos, Ester Navarrete, Begoña Domínguez e Sofía Fernández / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Joselyn Brea, campioa de España absoluta de campo a través

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
A Selección Galega, subcampioa de España campo a través con Joselyn Brea, Edymar Brea, Laura Santos, Ester Navarrete, Begoña Domínguez e Sofía Fernández / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Joselyn Brea, campioa de España absoluta de campo a través

30/01/2023
As cadetes María Filgueiras e Uxía Soto, prata e bronce respectivamente no Campionato de España de ciclocrós / FGC

María Filgueiras e Uxía Soto entran na lista da Selección Española para o Mundial de Ciclocrós

30/01/2023
Lete Lasa, secretario xeral para o Deporte, reuniuse con Francisco B. Ortega, catedrático da Universidad de Granada e principal experto do proxecto FIitBack Europe no que se integra DAFIS / XUNTA DE GALICIA

A plataforma DAFIS aglutina deporte e saúde

30/01/2023
Celebración do Burela, campión da Supercopa de España 2023 / BURELA FS

Quinta Supercopa de España de futsalfem para o Burela FS

29/01/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.